Desde Galaxia:
“A Editorial Galaxia publicará a obra Khôra, de José Luis Baños de Cos, gañadora do I Premio Castelao de Textos Teatrais e ambientada na cidade de Vigo. Este novidoso certame, impulsado pola Deputación de Pontevedra para poñer en valor a figura do intelectual galego e seguir impulsando a cultura e lingua galegas, foi un completo éxito de participación cun total de 43 obras presentadas.
O xurado, presidido por Luis López Diéguez, presidente da Deputación e integrado por Ana Carreira Varela, actriz, dramaturga e narradora oral; María Cristina Domínguez Dapena, docente e directora teatral; Vanesa Martínez Sotelo, actriz e dramaturga galega; Francisco Javier Núñez Alonso, director do Centro Dramático Galego; e Antonio Pena Abal, docente e escritor, escolleu por unanimidade a obra Khôra como merecedora deste primeiro premio Castelao, dotado con 12.000 euros. “A temática social, que amosa problemas do noso tempo; a calidade na escrita reflectida a través dos diálogos e da caracterización das personaxes; e a axilidade da súa estrutura” foron os argumentos esgrimidos polo xurado para elixir a peza do dramaturgo José Luis Baños de Cos.
En palabras do propio autor da obra: “Khôra trata sobre un grupo de amigos que se reúne cada venres para poñerse ao día sobre o acontecido durante a semana. A través destes encontros, a obra amosa a realidade social na que viven: os problemas da vivenda, o significado do fogar, os cambios ideolóxicos, a transformación das cidades en lugares menos habitables e como a procura de utopías rematan en distopías xustificadas en nome do progreso. En definitiva, Khôra é unha reflexión sobre o ser humano contemporáneo e sobre como cambiaron as súas relacións persoais e o seu vínculo co espazo que habita.””
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Bases do XXIX premio de poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu
O Carballiño: presentación de Trickstar. Postais desde as estrelas, de Manuel Esteban
A Coruña: recital poético Caldeirón con motivo da exposición de Peter Kramer
Arzúa: presentación de Mazarelos, de Manuel Portas
Bases do XXIII Premio de xornalismo Johán Carballeira do Concello de Bueu
Bases do 4º Certame de Relato Curto de FADEMGA Plena Inclusión Galicia
Pontevedra: conversa e recital no Día Mundial da Poesía 2026
Muxía: entrevista con Fernando Patricio Cortizo
Pilar Pallarés participa nunha lectura poética en liña

Conexión por Zoom nesta ligazón.



















