O ollo da arte é
un obradoiro impartido por Antía Otero onde se pretende ofrecer unha alternativa ás aulas propiamente académicas ao redor da experimentación e da arte contemporánea. Para iso, créase un espazo de convivencia ao redor de elementos tan importantes como a mirada, a expresión e os procesos artísticos, fomentando o desenvolvemento da imaxinación, da creatividade e das capacidades e habilidades artísticas de cada un dos participantes. Botando man de disciplinas moi diversas que van dende a fotografía ao collage, ou do video á arte urbana, pasando por outras como a performance ou o cinema experimental, no Ollo da Arte plantexamos un programa que, dividido en sesións teóricas e prácticas, nos permita ser o máis conscientes posible do acto creativo e das ferramentas das que dispoñemos para chegar a el a través da experiencia propia, mais tamén do debate e da aprendizaxe grupal.
Celebrarase todos os luns entre o 1 de outubro e o 21 de xaneiro, de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total), na aula de obradoiros de Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña. O prezo é de 35 euros para membros da comunidade universitaria (25 euros en segunda matrícula) e 55 euros público xeral (45 euros en segunda matrícula), con dous créditos solicitados de libre elección.
O prazo de matrícula comprende desde o día 1 ao 28 de setembro. Non hai preinscrición e a matrícula formalizarase por orde de chegada. Para constar entre os matriculados, os usuarios deberán entregar o xustificante de pagamento dentro do prazo indicado polo persoal do servizo.
Máis información aquí.
Arquivo da categoría: Arte
A Coruña: Medre o mar!, homenaxe a Bernardino Graña, o sábado 1 de setembro
Medre o mar!
é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa está composto polas seguintes actividades:
MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
– 11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta, sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Soledad Pite, Tino Poza, Mely Secas, Nolo Suárez e Begoña Tojo.
– 12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
– 12:45 h. Outras voces, recital. Con Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Denís Graña Fernández, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Alexandre Ripoll, Dores Tembrás e Ramiro Torres.
PASAR A MAROLA. Na Dársena.
– 16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h. As prazas son limitadas, e o prezo é de 5 euros.
– 18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.
MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
– 18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes, Xurxo Souto e María José Martínez López, Vicerreitora de Estudantes, Deporte e Cultura da Universidade da Coruña.
Arteixo: nova edición dos Encontros Milpedras
O
xoves 2 de agosto, a partir das 20:00 horas, na praza da Rúa da Capela de Arteixo, terá lugar unha nova edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Modesto Fraga, Mou de Lugh e Óscar de Souto, xunto a Karlos Barral e Alberto Laso na parte musical, e Javier de la Rosa como creador gráfico. O acto, organizado pola A. C. Encontros Milpedras e 3D3 Audiovisual, será presentado por Rubén Fenice, director do Taller de Litografía Milpedras.
Arteixo: inauguración da Libraría Á lus do candil
O
venres 20 de xullo, a partir das 20:00 horas, inaugúrase en Arteixo a libraría Á lus do candil, na rúa Historiador Vedía, 3, baixo, codirixida por Modesto Fraga. No acto estarán presentes os poetas Miro Villar, Lucía Novas, Xosé Henrique Rivadulla Corcón e Marilar Aleixandre, que porán voz a poemas da súa autoría. Asemade, haberá unha actuación musical a cargo da intérprete galega María Xosé Silvar, “Sés”. Os asistentes poderán disfrutar, tamén, coa exposición pictórica do artista Nolo Suárez.
Crónica posterior en Sermos Galiza.
Esgueva, O Carballiño: IV Insua dos Poetas, adicada a Celso Emilio Ferreiro, o 28 de xullo
O
sábado 28 de xullo, ás 12:00 horas, na Insua dos Poetas (Esgueva, Madarnás, O Carballiño. Estrada do Carballiño a Lalín -OU-902-, km. 94,5) terá lugar a IV edición da Festa da palabra, adicada a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento. Terá lugar un acto literario, a inauguración da escultura Irmaus de Manuel Penín e a entrega dos Premios Sete Carballas. Ao remate, celebrararase un xantar de confraternidade e ourensanía.
A Coruña: X Encontros Milpedras, recital conxunto de poesía, música e pintura
O
venres 29 de xuño, a partir das 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, terá lugar a X edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Arturo Casas, Diana Varela Puñal, Ramiro Torres e Tati Mancebo, quen tamén participará na parte musical, xunto a Dúbi Baamonde e Tito Calviño, en paralelo á intervención das pintoras Gosia Trebacz e María Martínez.
Celanova: No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o 20 e 21 de xuño
O
mércores 20 (de 10:45 a 12:25 h.) e o xoves 21 de xuño (de 19:00 h. en diante), na Biblioteca do IES Celanova, baixo a organización desta Biblioteca e da Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova e Baixa Limia, e a colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Fundación Celso Emilio Ferreiro, celebraranse diversas actividades baixo o nome de No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
Exposicións:
– Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989 (IES de Celanova). Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989.
– Descubrindo a Xocas (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande). Libro feito polo alumnado de Educación Infantil.
– O foxo do lobo das Covateiras (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande). Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular.
– Moais do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)
– Os ollos das palabras. Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos.
Presentacións:
– Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia (IES de Celanova). Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca.
– Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor. Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova.
Audiovisuais:
– A miña palabra preferida é… (CEIP Curros Enríquez – Celanova). Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova.
– Celanova ten un vento (CPR Sagrado Corazón – Celanova). Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro.
– A máis fermosa roseira (CEIP Rogelio García Yáñez – Ramirás). Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte.
– Loa ao porco bravo (CEIP San Marcos – Cartelle). Versión dun poema de Henrique Feixó.
– Letras do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande).
– Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia.
– Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo (IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia). Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).
– Ás veces fáltannos palabras (IES de Tomiño). Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG.
Recitais:
– Recital musicado dos poemas Nai, Soldado e Moraima, de Celso Emilio Ferreiro (IES de Celanova).
– Interpretación musical dos poemas Bande e María Soliña, de Celso Emilio Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande).
Intervencións:
– Celso Emilio Ferreiro fai cen anos. Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro.
– Escritores da Terra. Terra de escritores. Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
– A palabra dos nosos escritores. Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia.
Propostas:
– Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro.
Pontevedra: presentación de Do idilio á diáspora, de Xosé Carlos López Bernárdez
O
martes 12 de xuño, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Oliva) de Pontevedra, preséntase o libro Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, de Xosé Carlos López Bernárdez, publicado en NigraTrea. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Abilleira e Fernando M. Vilanova.
Lugo: exposición Branco, negro, vermello, de Baldo Ramos
Lugo: coloquio sobre A arte das influencias. A literatura na pintura e viceversa
O
martes
5 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), terá lugar un coloquio arredor do tema A arte das influencias. A literatura na pintura e viceversa, coa intervención de Blas Lourés, Paco Martín, Camilo Gómez Torres e Antonio Reigosa, baixo a moderación de Aurelia Balseiro. Este coloquio forma parte do programa de actividades culturais complementarias da exposición Blas Lourés que pode ser visitada até o 17 de xuño de 2012, con entrada libre e gratuíta.


