Pode verse aquí a entrevista extensa sobre a súa traxectoria a José-Maria Monterroso Devesa.
Arquivo da categoría: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Crónica fotográfica do Roteiro literario Unha lebre entre semáforos, guiado por Dores Tembrás
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro literario Unha lebre entre semáforos, guiado por Dores Tembrás, celebrado o pasado 8 de novembro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Entrevista extensa a Anselmo López Carreira
Pode verse aquí a entrevista extensa sobre a súa traxectoria a Anselmo López Carreira.
Roteiro Unha lebre entre semáforos, guiado por Dores Tembrás, na Coruña
O Roteiro Unha lebre entre semáforos, iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
O presente roteiro será guiado por Dores Tembrás. En palabras da autora: “Unha lebre entre semáforos é a proposta para pasar xuntas unha mañá de domingo. Un percorrido a través dos poemas e as rúas que me sitúan na miña chegada á Coruña con sete anos. A palabra dará conta do encontro cun espazo urbano por veces hostil, pero tamén de fascinio e aprendizaxe. Vides camiñar comigo?”
Terá lugar o domingo 8 de novembro de 2026, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a porta da entrada ao Parque de Santa Margarita desde a Ronda de Nelle. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.
Compostela: Conversa con Antía Yáñez

Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
– Santiago. O 3 de novembro, ás 19:00, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Marta Neira Rodríguez.
Nos tres casos, a entrada será libre até completar a capacidade.
Gordot, de Paulo Narciso, é a proposta premiada no IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal
Gordot, de Paulo Narciso, é a proposta premiada no IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal, organizado pola AELG co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, o Camões-Centro Cultural Português em Vigo, e a subvención da Deputación da Coruña.
O 25 de outubro de 2026, o xurado do IX Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2026: Galiza + Portugal, dentro da XI Xornada da Sección de Literatura Dramática, formado por Afonso Becerra Arrojo, en representación da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña; Célia Maria Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Portugués em Vigo; e Fabrice Corrons, especialista en teatro contemporáneo e profesor na Universidade de Toulouse; despois de deliberar tras ter presenciado as propostas achegadas e considerar tamén as votacións dos grupos participantes, chegou, finalmente, ao acordo de que a peza premiada coa posibilidade da súa estrea nalgún dos espazos teatrais da cidade da Coruña a partir de 2027 sexa:
– Gordot, de Paulo Narciso.
O xurado quere destacar a gran calidade de todas as propostas desta edición do Festival.
Compostela: A literatura infantoxuvenil galega e as aulas. A escrita de Xosé Neira Vilas, con Armando Requeixo

Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
Terán lugar estes encontros:
– Santiago. O 2 de novembro, ás 12:00, na Aula 12 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conferencia A literatura infantoxuvenil galega e as aulas. A escrita de Xosé Neira Vilas, por Armando Requeixo, presentado por Carmen Ferreira Boo.
– Santiago. O 3 de novembro, ás 19:00, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Marta Neira Rodríguez.
Nos tres casos, a entrada será libre até completar a capacidade.
Celanova: presentación de Rotspanier: un miliciano galego no exilio francés 1939-1946, de Juan Galán
A Coruña: Gosto de vivir a poesía, Bernardino Graña
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2026: Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. Fina Casalderrey: “A xoaniña que bebeu na folla”, o 29 de outubro
A edición de 2026 do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil vai ter lugar baixo o título xeral de Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño González, Carla Míguez, María González Cerdeira e María Vázquez Fernández (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
A última sesión será o día 29 de outubro de 2026, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
A inscrición é de balde e pode facerse aquí.
Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.
O programa é o seguinte:
29 de outubro
Fina Casalderrey
A xoaniña que bebeu na folla










