Arquivo da categoría: Audiovisual
Vídeo da conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013
Anselmo López Carreira: “Un pobo que descoñece a súa historia descoñece o seu presente”
Ourense: exposición Fóra de campo, no Outono Fotográfico 2013
Do
martes 3 ao xoves 19 de decembro, na Galería Visol (Rúa San Domingos, 33) de Ourense, e con horarios de martes a venres, de 18:30 a 21:00 horas, e sábados de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 21:00 horas, dentro do Outono Fotográfico 2013, estará aberta a exposición Fóra de campo, que nace como un proxecto colectivo co que se pretende reflexionar e crear ao redor da fotografía e os seus límites. O grupo está formado por Caxigueiro, Eduardo Estévez, Ernesto González Torterolo e Nachok, propón un achegamento a esta disciplina explorando as posibilidades que poden ofrecer outras linguaxes artísticas (pintura, escultura, videocreación e poesía) na procura de lecturas menos convencionais. A inauguración terá lugar o martes 3 de decembro ás 20:00 horas.
Pontevedra: actos literarios destacados do Culturgal 2013 para o venres 29 de novembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2013, comeza este venres 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 21:00 h.. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2013, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para o seu primeiro día:
Venres, 29 de novembro
– 11:15 h. Rinocerontes e Quimeras, obradoiro de creación literaria con Marcos Calveiro, para rapazas e rapaces maiores de 11 anos, concertado con centros educativos.
– 12:15 h. Presentación de As crónicas de Landereina. Bágoa de lúa, de Sabela González, publicado en Galaxia, con centros de ensino.
– 13:15 h. Encontro co escritor Marcos Calveiro, ao redor do libro Todos somos (Xerais).
– 13:30 h. Encontro con Manuel Lourenzo González, ao redor do libro Flor de area, editado por Xerais.
– 16:30 h. Presentación do documental Uxío Novoneyra: poeta alén.
– 17:00 h. Presentación do poemario Medrar nas mans, de Asun Estévez (Ir Indo).
– 18:00 h. Revista Oink! A revista do Xabarín Club.
– 19:00 h. Conversa con Luís Rei Núñez ao redor do libro Días que non foron (Xerais). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco.
– 19:30 h. Conversa con Rosa Aneiros ao redor do libro Ámote Leo A. Destino Xalundes (Xerais). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco.
– 20:00 h. Conversa co escritor Francisco Castro ao redor do libro O corazón da Branca de Neve (Editorial Galaxia). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco.
– 20:30 h. Conversa coa escritora Anxos Sumai ao redor do libro A lúa da colleita (Editorial Galaxia). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco.
Ferrol: presentación de Carga de dignidade, o filme, de Xosé Bocixa
Euskadi: actividades do Centro de Estudos Galegos de Deusto
O mércores 27 de novembro, ás 19:00 horas, na Sala Gárate (Edificio Central, Campus de Bilbo) da Universidade de Deusto, a Cátedra de Estudos Galegos desta Universidade organiza o seguinte evento arredor do Samaín.

E o xoves 28 de novembro, a partir das 17:30 horas, será o turno da Facultade de Letras de Gasteiz.

Santiago: preestrea de O instante eterno, documental de Xosé A. Cascudo sobre Díaz Castro
O
martes 26 de novembro, a partir das 16:00 horas, no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, dentro da programación do festival Cineuropa, terá lugar a preestrea de O instante eterno, o documental sobre Díaz Castro no que o escritor e guionista Xosé Antón Cascudo leva traballando desde o 2011, asesorado por Alfonso Blanco, presidente da Asociación Cultural Xermolos e depositario do arquivo fotográfico e textual do poeta. Despois do visionado haberá un debate na sala co director do filme.
A estrea de O instante eterno está fixada para o 19 de febreiro do 2014, data da efemérede do centenario do poeta de Gutiriz.
Noia: mesa redonda Francisco Fernández del Riego. Camiño (ben) andado
O
venres 15 de novembro, a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar unha mesa redonda cos seguintes participantes:
– Mª Dolores Cabrera, padroeira da Fundación Penzol. Presentación e coordinación.
– Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol. Relatorio: Francisco Fernández del Riego e a Penzol e outras institucións.
– Víctor F. Freixanes, director da Editorial Galaxia. Relatorio: Francisco Fernández del Riego, Galaxia e a revista Grial.
– Xurxo Martínez, escritor e investigador. Relatorio: Don Paco e a mocidade.
Ao longo do acto proxectarase o vídeo Francisco Fernández del Riego. No río do tempo (1913-2010) de Félix Vidal.
