
Arquivo da categoría: Conferencias
Ribadavia: Xornada arredor do barallete
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2025: Do cantar ao contar: a tradición oral na sociedade multicultural. Soledad Felloza: “Xeografía do imaxinario”, o 9 de outubro
A edición de 2025 do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil ten lugar baixo o título xeral de Do cantar ao contar: a tradición oral na sociedade multicultural. A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño, Carla Míguez e María González Cerdeira (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os días 2, 9, 16 e 23 de outubro de 2025, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
A inscrición é de balde e pode facerse aquí.
Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.
O programa é o seguinte:
9 de outubro
Soledad Felloza
Xeografía do imaxinario
16 de outubro
Eva Mejuto
Quen c@nta o mal espanta
23 de outubro
Paula Carballeira
Contar a vida. A identidade e a memoria
30 de outubro
Luís Prego
Prende no colo. Recitados e cantigas de tradición oral para a cativada
Monforte e O Barco de Valdeorras: Xornadas Culturais Castelao e Valdeorras
Vigo: I Xornada sobre a discriminación lingüística
Gondomar: Faladoiros do IEM. “Orixe e actualidade das Falas Galegas do Val e do Río Ellas”, de Xosé-Henrique Costas González
A Coruña: conferencia “Ética e estética de Castelao”, por Siro López
Compostela: Festival de Filosofía de Galicia. Sexo e filosofía
Compostela: faladoiro Un ollo de vidro. A maxia de Castelao na evocación do sobrenatural, por Iria-Friné Rivera Vázquez, o 25 de setembro
“O faladoiro Un ollo de vidro. A maxia de Castelao na evocación do sobrenatural, da man da historiadora da arte e escritora Iria-Friné Rivera Vázquez, terá lugar no auditorio do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o xoves, 25 de setembro, ás 19 horas. Presentado polo patrón do Museo Xosé Ramón Fandiño, o faladoiro pecharase cun coloquio aberto para debater conxuntamente. A entrada é libre até completar capacidade.
Será unha conversa centrada na exploración das temáticas e influencias presentes na novela de terror e fantasía Un ollo de vidro (1922) de Castelao. Concretamente, afondarase no xeito no que o autor resulta a man mestra que, xunto con Vicente Risco e Camilo Díaz Baliño, estableceu o xénero fantástico e terrorífico tanto na literatura como na arte galega.
Un ollo de vidro é unha sinerxía entre a cultura popular galega e as culturas de Centroeuropa e Europa Oriental materializando o sentido da universalidade, tanto como emancipación cultural como en contribución ao progreso da Humanidade. Como obra conta tanto con referencias a realidade coetánea como con citas históricas (a arte gótica, a arte flamenca), contemporáneas (o Romanticismo Negro), arte nova (cinema, deseño gráfico, ilustración e cartelismo) e vangardas (Expresionismo Alemán). Ao participar de todos este elementos, a obra de Castelao transcendeu o seu imaxinario ata albiscar moita da linguaxe cinematográfica que hoxe en día continúa vixente.”













