Arquivo da categoría: Ensaio
Entrevista ao profesor e crítico literario Armando Requeixo, autor dunha biografía sobre Manuel Leiras Pulpeiro
Entrevista de Pemón Bouzas a Agustín Fernández Paz sobre O rastro que deixamos
Desde Xerais:
“O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista a Agustín Fernández Paz polo seu libro O rastro que deixamos“
Entrevista a Carlos Callón na TVG
Camilo Franco: “Na obra de Vidal Bolaño hai un retrato do país”
“Camilo Franco deu
a coñecer Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño. Un traballo no que tratou «de contar a vida e obra, pero máis a obra que a vida» do director, dramaturgo e actor pioneiro da escena profesional en Galicia. «Escollín entre as dez obras que me parecían máis importantes na súa traxectoria -sinalou- para colocalas cronoloxicamente e ao mesmo tempo que conto os pormenores, a repercusión, vou dando pequenos apuntes sobre a súa vida». Franco subliñou que se trata dun libro divulgativo, destinado a estudantes de bacharelato ou primeiros cursos de universidade, ademais do público que queira achegarse á figura de Bolaño. Segundo dixo, «se hai alguén que asumiu que había que producirse con criterios profesionais desde o punto de vista do traballo, e buscando un público desde un punto da repercusión, foi Vidal Bolaño».
A primeira das obras retratadas é Bailadela e a última Animaliños. «E desde un punto de vista literario ou artístico -engadiu- creo que hai unha importancia no que Vidal Bolaño escribiu, porque se repasas a obra en conxunto, hai un retrato do país. Se dis qué lle pasou a Vidal Bolaño, o que lle pasou a Vidal Bolaño foi o que lle pasou ao país. Hai unha liña que estableceu do país simbólico que eramos nos 70 en que todo o mundo cría que podía ser, e a cuestión de ir rescatar á cultura popular, ao contraste da realidade de hoxe, un país desesperanzado». (…)”. Desde La Voz de Galicia.
“Autoaxuda” para falar e escribir en galego con xeito
“Como
pasar de ser “galegocalante” a exercer de “galegofalante”? Hai “palabras inventadas” na lingua galega? Por que agora é “grazas” e non “gracias”? Que dis cando dis “matar o rato”? Son algunhas das preguntas que é posible responder coa lectura de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, o novo libro de Carlos Callón que vén de saír do prelo de Xerais e que o seu autor presenta como un manual de distendida “autoaxuda” cun obxectivo “cívico”: empregar axeitadamente o idioma propio na vida cotiá. Cun bo feixe de “consellos prácticos” a obra do tamén presidente d’A Mesa pola Normalización Lingüística aborda dúbidas que poden asaltar tanto a quen emprega o galego habitualmente como a quen dá o paso de convertelo na súa lingua habitual. Así, Callón parte da base de que “todos e todas sabemos máis galego do que pensamos” para, por exemplo, tentar desterrar erros como utilizar escoba no canto de “vasoira” ou prexuízos como o lugar común das “palabras inventadas”. Mediante exemplos doados ou mesmo a través de anécdotas, Callón explica, por exemplo, o momento no que descubriu que “avó” e “avoa” son termos que xa empregaban os pais dos seus pais ou que costilleta non existe en castelán, senón que é unha mala tradución da forma galega costeleta. (…)” Desde Praza.
Camilo Nogueira: “A historia oficial de España está fundamentantada na negación de Galicia como reino independente”
“Montse
Dopico publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha reportaxe sobre o libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.
Combater a ideoloxía de “España como nación única” e restaurar o lugar na historia da Galicia medieval foi o obxectivo de Camilo Nogueira ao publicar, no 2001, o seu libro A memoria da nación. O reino de Gallaecia. O político nacionalista afonda nesas mesmas cuestións nas súas dúas últimas obras, A rota do sol (Laiovento) e Para unha crítica do españolismo (Xerais). Explicouno nunha recente presentación en Santiago deste último ensaio: “A historia oficial de España está fundamentantada na negación de Galicia como reino independente”. E este é, ademais, ao seu ver, un dos alicerces principais da lexitimación política da concepción da “nación única” española. Calquera debate sobre a renovación da estrutura territorial do Estado español está condicionado pola idea de España que, de fondo, cada quen asuma. Nas diferentes interpretacións historiográficas sitúase, así, un dos fundamentos da controversia. “Para unha boa parte da opinión pública española, e sobre todo para o nacionalismo conservador español, España é un produto dunha historia común dende polo menos os Reis Católicos, senón desde antes (a Hispania romana, os visigodos). Aí seguen vixentes moitos dos mitos historicistas do nacionalismo español do XIX”, explica o historiador e profesor Xosé Manuel Núñez Seixas.” A reportaxe pódese descargar aquí.” Desde Xerais.
A Coruña: presentación de Prestige. Tal como foi, tal como somos, de Xosé Manuel Pereiro
O
martes 4 de decembro, ás 20:00 horas, no Café de Macondo (Rúa San Andrés, 106) da Coruña, preséntase Prestige. Tal como foi, tal como somos, de Xosé Manuel Pereiro, publicado en 2.0 Editora. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Rivas, Xurxo Souto e o editor, Antón Lado.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o sábado 1 de decembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, continúa no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para o seu segundo día:
Sábado, 1 de decembro
– 12:30 h. Xaime Estévez: Son do Fol. Método infantil de iniciación á gaita galega. NO SALÓN.
– 12:30 h. A Hora da Ilustración. Os profesionais da ilustración amosan os seus proxectos. NO GARAXE.
– 13:00 h. Pedro Feijoo: Os fillos do mar, publicado en Xerais. Unha historia de misterio na cidade de Vigo. NO SALÓN.
– 13:30 h. Félix Caballero: Humor en cadriños. Coloquio con Pepe Carreiro, Xosé Lois e Siro, obra publicada por Morgante. NO SALÓN.
– 14:00 h. N-550. Da estrada á rúa. Un proxecto editorial que analiza as cidades contemporáneas. NO SALÓN.
– 16:30 h. Mesa redonda: O nacemento do teatro profesional en Galicia. Organizada por Escena Galega. NO ESTUDIO.
– 17:00 h. Instituto Camões e X Mostra Portuguesa presentan: João Tordo. NO SALÓN.
– 17:30 h. Café con Pedro Feijoo e lectores de Redelibros.
– 17:30 h. Presentación de O carballo, de Calros Silvar. NA TENDA.
– 17:30 h. Benigno Campos: Volve a cociña de Larpeiros. NO SALÓN.
– 18:00 h. María Lorenzo e Manuel Lorenzo Baleirón: Tonas de laranxa, Premio Xerais 2012, publicado nesta editora. No acto participa, xunto aos autores, Anxo Angueira. NO SALÓN.
– 18:30 h. Fantasía en galego: encontro con editores, autores e lectores. NO SALÓN.
– 18:30 h. Tucho Calvo e Xosé Cobas: Paxaro de mar e vento. Ilustrando o nacemento dunha praia.
– 19:00 h. Xurxo Ayán asinará exemplares de Herdeiros pola forza.
– 20:00 h. Conversas de Xosé Manuel Pereiro con Luís Tosar, Farruco Castromán e cos autores de ciencia-ficción e fantasía Xesús Constela, Manuel Lourenzo González e Fernando M. Cimadevila. NO SALÓN.
– 20:00 h. Uxía: Andando a Terra. Poñendo música e voz aos poemas de Manuel María. NO PATIO.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o venres 30 de novembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, comeza este venres 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para o seu primeiro día:
Venres, 30 de novembro
– 11:30 e 12:30 h. Conversa con Marcos Calveiro. Con centros educativos. NO SALÓN.
– 17:00 h. Aurora Marco: María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana. NO SALÓN.
– 17:30 h. María López Sández: A forma das nubes, publicada en Galaxia. Premio Repsol de Narrativa Breve. NO SALÓN.
– 18:00 h. Ramón Caride: Sarou/Louzós, publicado en Xerais. A crónica de sucesos na literatura, no xornalismo e na fotografía. NO SALÓN.
– 18:30 h. Lorena López Cobas: Historia da música en Galicia. NO SALÓN.
– 19:30 h. Gustavo Pernas Cora: Tres Logomonos: Colgados, Pisados, Snakizados, publicado en Laiovento. Dándolle a volta aos monólogos. NO SALÓN.
– 20:00 h. Conversa de Alberto Ramos con Ignacio Escolar, Xosé Monteagudo e Rexina Vega. NO SALÓN.
