Arquivo da categoría: Ensaio
A Coruña: Seminário Xoán González-Millán e os estudos socioculturais galegos
“Pensamento, emoción, Bach e muiñeira vella: isto é Luísa Villalta”
Artigo de Noelia Gómez no Salto Galiza:
“(…) “Cando penso en Luísa Villalta hoxe en día véxoa como unha muller renacentista”, afirma a súa amiga, a escritora e docente Marga do Val (Marga Romero Lorenzo), nunha conversa no andar superior da libraría Couceiro, en Compostela, onde confesa que non lembra con exactitude o instante no que coñeceu á autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024, xa que é como se formara parte da súa vida desde a súa toma de conciencia como galega e como escritora. Ademais, salienta que Villalta adoraba a arte en xeral, e relacionábaa co saber e coa súa maneira de estar no mundo, vinculando tanto poesía con música, fotografía ou teatro.
Para o investigador, profesor e crítico literario Armando Requeixo, responsable da edición de Pensar é escuro, Poesía reunida (1991-2004) (Galaxia, 2023), Luísa Villalta é unha poeta e unha escritora que non se entende sen o curso do mundo musical. “A literatura e a música eran as súas grandes paixóns e desde a primeira hora fundiunas e transfundiunas”. “Isto podemos velo ao longo da súa traxectoria literaria, pero tamén noutras facetas como é a actividade propiamente profesional desde o musical”, explica nunha entrevista no Centro Ramón Piñeiro, en Compostela, do cal, alén de investigador, tamén é secretario. Requeixo incide en que precisamente algúns dos primeiros escritos que Villalta publica na súa vida son textos arredor da relación entre música e poesía, como poden ser A música como arte (La Voz de Galicia, 1982); A língua do son e Música observada, conservada e reservada, ambos de 1987, o primeiro en Luzes de Galiza e o segundo en Grial.
“O outro lado da música, a poesía debería estar en todos os institutos e non está, debería ser unha referencia fundamental en todos os traballos de crítica ou ensaio literario e non está”, denuncia o músico, escritor, actor e docente Xurxo Souto no Auditorio do Conservatorio de Música de Compostela, que este ano vén de publicar Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024). O ensaio da poeta coruñesa é, desde a perspectiva de Souto, un punto de inflexión na historia da crítica literaria galega e na historia da música galega, onde reivindica a esencial relación entre música e poesía. “Na primeira parte explícanos como todo está codificado polos gregos e na segunda cóntanos a historia da literatura galega en clave musical”, aclara, concretando que Villalta concibía o son e a poesía como dúas formas retóricas do propio son. “Ela denuncia que coa aparición da imprenta a poesía quedou relegada á escrita poética que se pode ler en silencio, considerando que esa era toda a poesía”, subliña. Por outra banda, Marga do Val indica que nesta obra Luísa dálle a man á tradición cultural e á tradición popular: “É marabilloso a onde chega cando describe o que pode ser unha muiñeira na obra de Rosalía ou de Manuel Antonio, e iso faino moi ben porque ela tamén establecía ese tipo de vinculacións na súa obra”. (…)”
Compostela: presentación de Verdade e acción. A certeza pragmática, de Fernando González Gándara
Compostela: presentación de Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla, de Antón Baamonde
Ferrol: presentación de Pasado arrincado, coordinado por Emilio Grandío Seoane
Allariz: presentación de A casa do amo, de María Reimóndez
Carballo: conversa/debate arredor de Remover Roma por Santiago, con Henrique Egea
Ourense: Abril na Auriense
Antón Baamonde e Daniel Hermosilla: “A imaxe que os propios galegos creamos de Galicia como un país atrasado e sen industria fainos perder posibilidades”
Entrevista de Marcos Pérez Pena a Antón Baamonde e Daniel Hermosilla en Praza:
“(…) – Praza (P): Primeiro de todo, quería saber como nace este libro e, ademais, como xorde este encontro entre os dous: un empresario do sector dos prefabricados do formigón e un ensaísta e licenciado en Filosofía?
– Antón Baamonde (AB): O libro foi unha iniciativa de Daniel que parte, en realidade, do meu anterior libro. Despois dunha presentación de Unha nova Olanda comezamos a falar e el comezou a debullar unha chea de empresas galegas punteiras das que en moitos casos eu non tiña idea. E sinalou que sería boa idea publicar un libro que espallase a idea de que Galicia é algo moi distinto do que moita xente pensa que é, algo que enlazaba perfectamente co que eu estaba contando en Unha nova Olanda.
Galicia non é o que moita xente ten na cabeza, o marco mental ten que ser transformado. Eses estereotipos non son en absoluto válidos co que Galicia é na actualidade, pero tampouco co que Galicia era hai unhas décadas e, de feito, hai moitas análises que xa veñen corrixindo aquelas visións erradas. A realidade é que Galicia leva moito tempo sendo un país moi semellante a calquera territorio da nosa contorna europea.
– P: Para ben e para mal…
– AB: Para ben e para mal, efectivamente, porque ás veces hai unha concepción excesivamente amable do que é Galicia e do que foi o pasado de Galicia. Ou se pensa Galicia como un territorio atrasado onde nada moderno pode desenvolverse, ou como todo o contrario. Este empirismo, este intento de ter unha visión máis real e máis próxima á realidade, supón a destrución de determinados mitos que están moi establecidos e que fan que mesmo a día de hoxe non sexamos capaces de recoñecer o país que temos diante.
Unha Nova Olanda buscaba constatar o que todos os datos afirman: que Galicia é unha sociedade urbana e que é urbana non só a sociedade da Coruña ou Vigo, senón a de calquera concello. Integrar iso no esquema mental parecíame importante. E tiña, ademais, un lado proactivo e propoñía tecer en Galicia unha rede urbana, semellante á existente nos Países Baixos, onde non hai unha gran cidade como Madrid senón unha rede de cidades que se complementan e compiten e multiplican os contactos e as posibilidades de todas elas. As cidades son laboratorios de creación de ideas, de xeración de valor, as cidades son o lugar, como dicía Jane Jacobs, o lugar no que pasan as cousas. (…)”