Arquivo da categoría: Exposicións
Compostela: recital poético e musical a propósito da exposición Imaxinar que soño, de Alfonso Costa
Vigo: Papeis mollados, recital poético de Manuel M. Romón
O venres 14 de novembro, ás 19:30 horas, no Museo do Mar de Galicia (Avenida Atlántida, 160) de Vigo, terá lugar o recital poético Papeis mollados, de Manuel M. Romón, que vai contar co colaboración do músico Suso Cortegoso, no espazo da exposición Océano, de Antón Patiño. Unha proposta que mantén a radicalidade vangardista da lendaria aportación do autor a Rompente, mais vinculada á experimentación das novas linguaxes poéticas.
A Coruña: inauguración da mostra Ducia de Cans
A inauguración da mostra Ducia de Cans terá lugar o martes 4 novembro, ás 20:00 horas, cunha sesión de Chimpidisco a cargo de Isabel Risco. Até o fin da mesma, o 30 de xaneiro de 2015, terá lugar unha grande variedade de actividades.
Noia: inauguración da exposición Randeeira, de Delio Sánchez, coa participación de François Davo
O venres 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, inaugúrase a exposición multidisciplinar Randeeira, de Delio Sánchez, con pintura, escultura, fotografía, audiovisual (coa proxección da curtametraxe feita polo autor), e a colaboración especial de François Davo na escrita.
Lugo: proxección do documental Morreu o demo, acabouse a peseta
O martes, 30 de setembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), proxectarase o documental Morreu o demo, acabouse a peseta, no que se amosa o proceso de recuperación da barraca de Barriga Verde por parte dos membros da compañía Viravolta.
Este documental forma parte do proxecto da investigación para a recuperación da memoria de Barriga Verde e a súa proxección forma parte da exposición Barriga Verde, de feira en feira que se pode visitar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) desde o pasado 12 de setembro ata o vindeiro 15 de outubro. A entrada é de balde.
Ademais das conversas con descendentes da familia Silvent, creadores do personaxe de títeres de luva, e con outros marionetistas europeos, realízase un achegamento ao títere de luva galego e á tradición europea da que fai parte.
A seguir, membros do equipo do documental conversarán cos asistentes sobre a película e a situación dos títeres e doutros elementos da sociedade tradicional na actualidade.
Este documental, de 78 minutos de duración, foi dirixido por Pedro Solla e producido por Tintimán Audiovisual.
A Coruña: inauguración da exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López
O martes 16 de setembro, ás 13:00 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), Xesús Alonso Montero inaugura unha exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López, que estará aberta desde este día até o 7 de outubro. Durante o acto presentará as publicacións Manuel Rodríguez López, que recolle os contidos dos dezaseis paneis da exposición e Antoloxía poética, editada por Santiago Rodríguez e Xesús Alonso Montero, con comentario deste último. Participarán tamén no acto Antonio Giz, Irene López (viúva do escritor), José Manuel Mato e Anxo Lorenzo.
O Parlamento europeo acolle unha mostra sobre autores galegos
Desde Cultura Galega:
“O corredor do piso 5 do Comité das Rexións, no Parlamento Europeo en Bruxelas, acollerá desde o día 15 ata o 2 de outubro unha exposición de baixorrelevos caricaturizados de autores galegos aos que lle dedicaron o Día das Letras Galegas. Son 51 deseños realizados por Siro López e elaborados en baixorrelevo polo escultor Ferreiro Badía. A colección pertence ao Parlamento galego.”