Desde
a Real Academia Galega (foto da RAG):
“Máis de vinte e cinco especialistas participaron ao longo de tres días no VI Coloquio Luso-Galaico sobre a Saudade, organizado polo Instituto de Filosofia Luso-Brasileira, o Instituto de Filosofia da Universidade do Porto, o Centro Português de Vigo, a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela a través do Departamento de Filosofía e Antropoloxía, a Universidade Católica Portuguesa, o Movimento Internacional Lusófono e mais a revista Nova Águia.
A edición deste ano serviu de homenaxe a Andrés Torres Queiruga, cuxos estudos teñen profundado en numerosas ocasións na filosofía da saúdade. Este mesmo tema centrou o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, pronunciado en 1980 e dispoñible nesta ligazón.
O Colexio Apóstolo Santiago de Vigo acolleu o sábado varias intervencións sobre o académico. Luís G. Soto e Marcelino Agís Villaverde abordaron distintos aspectos sobre a saudade e o filósofo, Renato Epifânio achegou o relatorio titulado “Repensando o ateísmo: entre Andrés Torres Queiruga e José Marinho” e Rocío Carolo Tosar, “O carácter ontolóxico da saudade: Ramón Piñeiro e Andrés Torres Queiruga”. A intervención do propio homenaxeado púxolle o ramo á xornada, na que tamén se presentou o número da revista Nova Águia dedicado á quinta edición do Coloquio Luso-Galaico sobre a Saudade.”
Arquivo da categoría: Filosofía
Vigo: Outra volta á historia. Bicentenario do nacemento de Marx e centenario de Althusser
Rianxo: convocatoria para residencia de pensadores e pensadoras (verán 2018)
Ordes: presentación de Caracteres, de Teofrasto
Compostela: presentación de Ayn. O ollo e a fonte, de Almudena Otero Villena
Tabela dos libros (outubro 2017)
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Vigo: presentación de Ayn. O ollo e a fonte, de Almudena Otero Villena
Compostela: presentación de Precariedade e performatividade, de Beatriz Hauser, e Acontecemento e desexo, de Sören Hauser
O
venres
30 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), Estaleiro Editora e Proxecto Derriba presentan as súas últimas monografías sobre filosofía contemporánea: Precariedade e performatividade, sobre Judith Butler, e Acontecemento e desexo, sobre Gilles Deleuze, coa presenza de Beatriz Hauser (Beatriz Blanco, autora do libro de Butler) e Sören Hauser (Abraham Rubín, autor do libro de Deleuze). Os libros sobre Butler e Deleuze son, ademais, o antepenúltimo e o penúltimo dos traballos que publicará Estaleiro Editora antes da súa disolución, programada para comezos de 2017 e que se selará cunha tradución do poeta catalán Pau Gener, de inminente publicación.
Compostela: Simposio Xaime Isla Couto: raíz e utopía de Galicia
A
Fundación Xaime Isla Couto organiza o Simposio Xaime Isla Couto: raíz e utopía de Galicia, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. A inscrición é gratuíta e pode facerse aquí.
O programa é o seguinte:
Xoves, 20 de outubro de 2016
Mañá
9:00. Entrega de documentación.
9:30. Inauguración. Juan Viaño, Anxo Lorenzo, Manuel Meixide e Marcelino Agís.
Sección I. O galeguismo político de Xaime Isla.
• 10:00. Carlos Baliñas Fernández (USC): “Un intento de Partido Galeguista: o Partido Popular Galego (1976-1979)”.
• 10:30. Uxío Breogán Diéguez Cequiel (UDC): “Xaime Illa: dos agrupamentos Ultreya á Federación de Mocedades Galeguistas (1932-1936)”.
• 11:00. Justo Beramendi (USC-Museo do Pobo Galego): “Os dilemas do galeguismo baixo a Ditadura”.
• 11:30. Rolda aberta.
• 12:15. Visita guiada á exposición “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia”
• 12:45. Miguel Barros (USC): “A Xeración Galaxia e a revisión do nacionalismo”.
• 13:15. Ramón Villares (USC-Consello da Cultura Galega): “A viraxe de 1950: da política á cultura”.
• 13:45. Rolda aberta.
Tarde
Sección II. O pensamento humanista de Xaime Isla.
• 16:00. Carlos Fernández (UVIGO): “O pensamento epocal da Xeración Galaxia”.
• 16:30. Alba Iglesias Varela (USC): “O rexionalismo xaponés de Kenichi Ohmae no pensamento de Xaime Isla”.
• 17:00. Xosé Luis Pastoriza Rozas (USC): “Xaime Isla e os homes da Populorum Progressio: J. Maritain, W. Röpke, E. Mounier e J-L. Lebret”.
• 17:30. Rolda aberta
• 18:15. Pepe Barro (Grupo Revisión Deseño): “Tres pés para un tríscele. Os irmáns Isla Couto e a identidade corporativa de Zeltia”.
• 19:15. Rolda aberta
• 19:30. Presentación da fotobiografía Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia (Vigo, Editorial Galaxia, 2015).
Venres, 21 de outubro de 2016
Mañá
Sección III. O pensamento económico de Xaime Isla.
• 10:00. Xoán Carmona (USC): “O emprendemento galeguista: os irmáns Fernández López e os Illa Couto”.
• 10:30. Mesa redonda: “O pensamento económico galego nos anos 50 e 60”.
o Miguel Anxo Bastos Boubeta (USC): “Liberalismo económico no galeguismo da posguerra”.
o Xavier Martínez Cobas (UVIGO): “Os berros galeguistas de Xaime Isla: a Revista de Economía de Galicia”.
o Modera: Xosé L. Pastoriza Rozas (USC)
• 11:30. Rolda aberta.
Sección IV. Xaime Isla e a galeguización da Igrexa.
• 12:15. Quico Dominguez (SEPT): “Xaime Isla e a inculturación da Igrexa Galega”.
• 12:45. Xosé Fernández Lago (ITC): “A tradución da Biblia ao galego desde as linguas orixinais. Atrancos e axudas no camiño da luz”.
• 13:15. Marcelino Agís Villaverde (USC): “A misa de Rosalía: os acontecementos de 1969”.
• 13:45. Rolda aberta.
Tarde
Sección V. O galeguismo cultural de Xaime Isla.
• 16:00. Víctor F. Freixanes (Editorial Galaxia): “A Editorial Galaxia: unha ollada estratéxica”.
• 16:30. Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega): “Xaime Isla nas orixes do europeísmo en Galicia”.
• 17:00. Mª Dolores Villanueva Gesteira (Fundación Penzol): “Xaime Isla, o proxectista da Editorial Galaxia (1950-1963)”.
• 17:30. Rolda aberta.
Sección VI. Xaime e os “Novos”: a transmisión xeracional do galeguismo.
• 18:15. Xosé Carlos Morell (Empresario): “O futuro da cultura galega e Xaime Isla: entre o pragmatismo e a revolución”.
• 18:45. Camilo Nogueira Román (Economista e ensaísta): “Xaime Isla e o galeguismo que herdamos”.
• 19:15. Rolda aberta.
• 19:30. Mesa de clausura: Xaime Isla nas institucións galegas.
Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do martes 2
O
martes 2 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Charo Pita presenta Oxalá estiveses aquí, publicado por Galaxia. Intervirán a autora e o editor Francisco Castro.
– 19:00 h. Ignacio Castro asina exemplares de Roxe de Sebes na caseta da Libraría Xiada.
– 19:30 h. El Hematocrítico e Alberto Vázquez asinarán exemplares de Feliz Feroz. O lobiño riquiño e Axente Riciños, publicados por Xerais, na Caseta de Berbiriana.
– 19:30 h. David Ortiz asinará exemplares do seu libro O libro dos cócteles, publicado por Xerais, na Caseta de Secretaría.
– 20:00 h. Suso Lista asina exemplares das súas obras. Na caseta de Edicións Embora.
– 20:00 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
– 20:30 h. Presentación d´A dúbida, de María Reimóndez, publicado por Xerais. No acto participan, xunto á autora, Eli Ríos e Manuel Bragado.
– 21:15 h. Presentación d´O Beato, de Alfredo Conde, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.








