O
xoves 2 de marzo, a partir das 12:00 horas, no salón de actos do IES Pazo da Mercé, nas Neves, terá lugar un acto de homenaxe a Evaristo de Sela por mor do centenario do seu nacemento. Vítima da represión franquista, Evaristo destaca por ser o tradutor ao noso idioma de obras moi importantes da literatura grega antiga, como a Ilíada e a Odisea, ou a primeira Filípica de Demóstenes, así como tamén de poetas modernos como Kavafis ou os Premios Nobel Elytis ou Seferis, entre outros. Tamén ten obra poética propia, en bo grao recollida nas publicacións Amar, 1945, e Versos de preso e outras rimas, 2007.
En dito acto de celebración do centenario van participar distintas persoas vencelladas dalgún xeito coa vida e obra de Evaristo de Sela, como a súa filla e tamén poeta Stella Maris González, o presidente da Asociación Cultural de Sela Agapito Valado, o helenista José Francisco González… Tamén haberá lectura dalgúns textos e estrearase ad hoc unha composición musical a partir dun poema de Evaristo. Tamén se inaugurará unha pequena exposición de láminas cunha escolma da obra do autor, elaboradas polo alumnado do centro.
Recentemente, Manuel Cabada Castro publicou en Atlántico Diario este artigo sobre o autor.
Arquivo da categoría: Homenaxes
“Concha Murguía e Oiartzun: a irmandade en estado puro”, por Xosé Estévez
Artigo
de Xosé Estévez en Sermos Galiza:
“(…) O 11 de novembro do 2000, día de San Martiño, a Irmandade de Centros Galegos de Euskadi e as Asociacións Culturais “Daniel Castelao”, de Pasaia, e a “Rosalía de Castro”, de Baracaldo, solicitamos da Deputación Foral de Guipúzcoa e do Concello de Oiartzun a celebración dunha homenaxe a Concha Murguía. Ambas Institucións responderon afirmativa e xenerosamente da man de Luis María Bandrés, deputado de Cultura, e Xabier Iragorri, alcalde de Oiartzun. Colocouse na Casa de Cultura unha fermosa placa, conforme ca monumentalidade do lugar, en galego e éuscaro, cas seguintes verbas:”Nesta casa naceu Concha Murguía Egaña (1806-1854), nai de Manuel M. Murguía, berce do nazonalismo galego”. As dúas institucións sufragaron tódolos actos e a edición dun libro da miña autoría sobre a estirpe vasca de Manuel Murguía.
Dende aquela efeméride celebramos tódolos anos por estas datas unha homenaxe a Concha Murguía. Este ano, os días 2, 3 e 4 de febreiro, interviñemos na celebración: a concelleira de cultura de Oiartzun, Iosune Cousillas, filla de Pedro Cousillas, natural de Corme, o poeta oiartzuarra Antton Kazabon, as excelentes músicas Edurne Saizar, Oaihane Mitxelena e Haizea Lekuona, o documentalista Davide Cabaleiro, a bertsolari Ainhoa Aranburu e quen isto escribe. Participaron o grupo “Lartaun”de txistularis do pobo oiartzuarra e os gaiteiros do grupo ”Trisquele” da Casa de Galicia de Donostia. Recitáronse sete poemas de Rosalía de Castro e de dous de Antton Kazabon, en galego e éuscaro. Finalmente agasallamos a Concha Murguía cuha ofrenda floral e gozamos dun excelente refrixerio, chamado “lunch” segundo os posmodernos, doado polo Concello, pois considera que aínda segue vixente o vello refrán latino: ”Primum vivere, deinde philosophare”. (…)”
Rianxo: Homenaxe a Rosalía e presentación da revista Follas Novas
A Coruña: Homenaxe literaria e musical a Rosalía de Castro na Real Academia Galega
Entrevista a Manuel Lourenzo no Diario Cultural
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
““Foron moitos esforzos para conseguir unha institución así, era unha maneira de instalar o teatro na sociedade e que as institucións non tivesen máis remedio que contar con el”. O dramaturgo e director Manuel Lourenzo Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia. Pode accederse á entrevista aquí.”
Ferrol: Gala homenaxe a Agustín Fernández Paz. Ferrolterra, Eume e Ortegal
Compostela: Somos ferministas. Homenaxe Nacional a Fermín Bouza Álvarez
Ferrol: Gala homenaxe a Agustín Fernández Paz. Ferrolterra, Eume e Ortegal, o venres 17 de febreiro
Compostela: acto de entrega de Homenaxe a Manuel María, de Nolo Suárez, á Fundación Manuel María
O
venres 10 de febreiro, ás 20:15 horas, no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa Fonte de Santo Antonio, 5), en Santiago de Compostela, a Agrupación Cultural O Galo organiza o acto de entrega dunha carpeta de pinturas de Nolo Suárez á Fundación Manuel María. Homenaxe a Manuel María é un recoñecemento que lle realiza dita asociación ao poeta da Terra Cha. No acto, onde estará presente Saleta Goi, presidenta da Fundación, falará Alberte Ansede sobre o legado do escritor e Nolo Suárez sobre as pinturas que realizou para a carpeta, proxectándose, por último, un audiovisual sobre o poeta.
Oiartzun: Homenaxe a Concha Murguía 2017
O
Excmo. Concello de Oiartzun e o Fato Cultural Galego Daniel Castelao, de Pasaia, organizan a Homenaxe a Concha Murguía 2017, co seguinte programa:
Xoves 2 de febreiro, ás 19:00 horas, na Sala de plenos do Concello:
– Recital poético musicado, vasco-galego, de poemas de Rosalía de Castro e de Antton Kazabon:
· Recitadores: Antton Kazabon e Xosé Estévez.
· Músicos: Edurne Saizar, piano; Haizea Lekuona, frauta; e Oihane Mitxelena, acordeón.
Venres 3 de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala de plenos do Concello:
– Presentación do trailer do documental Euskal Herria: sitio distinto, a cargo do seu autor, Davide Cabaleiro, e de Ainhoa Aranburu, ilusionista.
Sábado 4 de febreiro, ás 12:00 horas, na Praza de Santo Estevo e na Sala Manuel Lekuona da Casa de Cultura:
– Ofrenda floral e homenaxe a Concha Murguía Egaña, coas intervencións da Concelleira de Cultura, Dona Iosune Cousillas, e de D. Xosé Estévez, historiador. Actuarán os txistularis Lartaun Txistulari Taldea, de Oiartzun, e o grupo de gaiteiros Trisquele da Casa de Galicia de Donostia. Ao remate do acto os asistentes serán agasallados co galano dun refrixerio.



