A
Fundación Manuel María vén de tirar un calendario dixital, con ilustracións de Leandro Lamas, para conmemorar os 50 anos da aparición do poemario Os soños na gaiola, obra emblemática de Manuel María que inaugurou a poesía en galego para a xente nova (a imaxe de abaixo correspóndese co mes de xaneiro e co poema O vento).
Para descargalo, e inclusive facer unha impresión del, pode accederse á seguinte ligazón e introducir o seguinte código 8yhqdz1esxcr.
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
A Coruña: Arturo Iglesias presenta Sabela. Almiranta dos mares do sur
A Coruña: presentación de Xandra, a landra que quería voar, de Mercedes Queixas Zas e Paula Pereira Carreiro
Vigo: presentación de Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo e Berta Cáccamo
O
sábado 13 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, preséntase Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo, con ilustracións de Berta Cáccamo, publicado por Chan da Pólvora.
A pel do mundo, poemario infantil de Berta Dávila
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Berta Dávila estrease na escrita de poesia infantil co seu novo libro, A pel do mundo. Nel, a escritora de Compostela, visita 29 lugares do globo cun grupo de historias que afondan no concreto de cada lugar. Acompáñana as ilustración da tamén poeta Alba Cid. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a Antía sobre O branco non pinta!
Desde
Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Entrevistamos a autora e editora Antía Otero polo seu debut na literatura infantil con O branco non pinta!, e á ilustradora do álbum María Brenn. Pode escoitarse aquí.”
Berta Dávila, autora de A pel do mundo
Desde
Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Escoitamos na voz de Pepe Carreira un cachiño do libro A pel do mundo, que edita Galaxia, e falamos coa súa autora Berta Dávila. Pode escoitarse aquí.”
O branco non pinta!, un conto de Antía Otero ilustrado por María Brenn
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Din os organizadores que nesta mostra está a obra máis comprometida de Quessada. Que mesmo para pintar a represión tivo que botar man, do branco. A cor branca, esa que todos, cando eramos nenos, empregamos con certa decepción, porque O branco non pinta!. Cousa que non é certa… O branco deulle a Antía Otero e María Brenn o motivo e luminosidade para publicar este álbum ilustrado. Pode verse aquí.”
Anxo Fariña: “Facer libros para os máis pequenos saeme fluído e apórtame moita luz”
Entrevista
a Anxo Fariña en Chamando á Terra:
“Entrevista de María Solar ao escritor e ilustrador Anxo Fariña, autor da colección Gliz, destinada aos pequenos e pequenas que inician o seu contacto cos libros: O pintor de flores e Onde está Nubebebé? A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.”


