Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Ourense: presentación de O monstro de Ille, de Jorge Emilio Bóveda
Vigo: presentación de O príncipe carpinteiro, de Manuel Uhía
Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 19
O
venres 19 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación de Corredora, de María Reimóndez, publicado por Xerais, con Cristina López Villar e Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación de Once portas, de Héctor Cajaraville, publicado por Xerais, con Manuel Bragado.
Celas (Culleredo): coloquio Máis aló do azul e do rosa, de Ana Torres Jack
Boiro: Maio. O mes das nosas letras
Compostela: sinatura de libros por Héctor Cajaraville
O
martes 16 de maio, a partir das 19:30 horas, no Corte Inglés de Santiago de Compostela, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Héctor Cajaraville asinará exemplares dos seus libros máis recentes: Once portas, A caixiña dos rancores e Quen dá a quenda?, publicados por Xerais.
A Coruña: programa de Letras Galegas 2017 da Libraría Azeta
Boiro: presentación de A Cova da Moura, de Natalia Carou
O
martes 16, ás 20:30 horas, na Pousada das Ánimas (Rúa Pablo Iglesias, 14), en Boiro, preséntase a novela A Cova da Moura (editada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira e ilustrada por Jose Gimeno), de Natalia Carou Figueira. No acto, ademais da autora, intervirán Suso Santamaría, Xoán Pastor Rodríguez e Belén López Vázquez, e contará co acompañamento do grupo musical Barahunda, integrado por Helena Alfonso e José Lara Gruñeiro, que interpretarán algunhas das pezas medievais incluídas no seu último álbum, Múdanse os Ventos.






