Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Pontevedra: presentación conxunta de Nena e o mar, de Érica Esmorís; Europa Express, de Andrea Maceiras e De remate, de Héctor Cajaraville
O
venres 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais organizan a presentación conxunta de Nena e o mar, de Érica Esmorís, Europa Express, de Andrea Maceiras e De remate, de Héctor Cajaraville. No acto, xunto ás autoras e ao autor, participan Anxo González Guerra, Daniel Landesa, Anxos Rial e Manuel Bragado.
Ourense: contacontos Na tarde un conto, con Miguel Ángel Alonso Diz
A Coruña: Na mañá un conto, con Miguel Ángel Alonso Diz
A Coruña: presentación de Europa Express, de Andrea Maceiras, e Nena e o mar, de Érica Esmorís
Pontevedra: presentación de O poeta do Miño, de Enrique Mauricio e Carlos Taboada
Preséntase Lendo lendas, digo versos
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“As lendas en verso e en imaxes. Un libro, Lendo lendas, digo versos, de Antonio Reigosa, Antonio García Teijeiro e Xosé Cobas. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Antonio Reigosa: “Fixemos o libro porque non había poesía de mouras ou encantos”
Lalín: contacontos Na mañá un conto, por Miguel Ángel Alonso Diz
Gondomar: 450 nenos e nenas participan nun contacontos e nun concerto de Mamá Cabra
Este
xoves 12 de novembro 450 nenos e nenas de nove colexios do Val Miñor vanse achegar a Gondomar para asistir a dúas actividades organizadas por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar: un contacontos a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás na biblioteca municipal e un concerto do grupo Mamá Cabra no auditorio Lois Tobío. Estas dúas actividades enmárcanse nunha xornada de achegamento á biblioteca municipal e de fomento da lectura que Espazo Lectura organiza desde hai varios anos coa colaboración do Concello de Gondomar.
A biblioteca municipal acollerá ao longo da mañá do xoves 12 tres pases do espectáculo de contos “A maleta da avoa”, a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás. Ademais, no auditorio municipal haberá dous pases dun concerto do grupo de música infantil Mamá Cabra, que este ano celebra o seu 15º aniversario. Os 450 nenos e nenas aistirán ás dúas actividades, organizados en quendas que lles permitirán tamén gozar dunha mañá de lecer e convivencia no espazo do Parque da Coelleira.





