Entrevista
a Elena Gallego en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FdV): Dragal se basa en la mitología y leyendas gallegas. ¿Ha tenido que documentarte mucho?, ¿Cómo ha sido ese proceso?
– Elena Gallego (EG): Cuando empecé a escribir esta historia, empiezo a encontrarme con que en Galicia hay dragones, hay tradiciones, hay cosas que incluso yo misma desconocía. Esto me obligó a documentarme sobre temas de magia, alquimia, tradiciones gallegas… En la propia historia de Galicia hay momentos importantes vinculados al dragón, como el traslado del apóstol Santiago a Compostela, esa leyenda que viene en el Códice Calixtino, recoge que la reina Lupa les cedió un terreno, donde vio un dragón, para enterrar al apóstol donde está hoy.
– FdV: ¿Qué hay de usted en sus libros?
– EG: En todos los libros hay algo de los autores. En Dragal hay muchas cosas de mí. Lo que intenté proyectar es lo que quería que mi hijo aprendiese, que en Galicia hay algo más y que nuestra cultura vale tanto o más que las otras, que no desmerece de las otras, que nuestros dragones no desmerecen de cualquier dragón del mundo. Tenemos la mejor tradición del mundo pero, a veces, la desconocemos porque le damos la espalda.
– FdV: Como mujer, ¿considera que la literatura sigue siendo un mundo de hombres a pesar de que las mujeres somos las que más leemos?
– EG: Intento compaginar una vida laboral, una vida como escritora, y una vida familiar. En el mundo de la literatura echo de menos que escriban más mujeres porque escribiríamos las historias de otra manera.”
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Vigo: actividades destacadas do venres 6 de xullo na Feira do Libro
Prosegue
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do venres 6 de xullo son:
– 20:00 h.: presentación de O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, publicado en Galaxia. Participa, xunto aos autores, Víctor F. Freixanes.
Vigo: actividades destacadas do mércores 4 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do mércores 4 de xullo son:
– Desde as 11:00 horas, durante todo o día, Antonio Piñeiro asinará exemplares da súa novela As fiandeiras, publicada en Galaxia.
– 19:30 h.: Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.
– 20:00 h.: presentación de Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego, publicado en Xerais. Intervirán, xunto á autora, Marcos Calveiro e Manuel Bragado.
– 21:00 h.: presentación de Atl , de Manuel Lourenzo González, publicado en Xerais, coa intervención de Manuel Bragado e o autor.
Elena Gallego completa a triloxía Dragal
Entrevista
a Elena Gallego Abad en Radiofusión:
“Os seguidores da triloxía Dragal xa poden saber que acontece con Hadrián, ese rapaz aparentemente normal que está destinado a converterse no último dragón galego. Chega ás librarías A fraternidade do dragón, a terceira e última das entregas da saga ideada por Elena Gallego Abad. “Ao principio preocupábame que a historia se desfixese como un castelo de naipes”, confesa a escritora, quen coida que conseguiu superar o reto. “O terceiro libro é o que máis me gusta”, asegura.”
A entrevista completa pode escoitarse e descargarse aquí.
Entrevista a Elena Gallego en Galicia por diante, na Radio Galega
“O
programa Galicia por Diante, da Radio Galega, conducido por Kiko Novoa, emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre o seu libro Dragal III. A fraternidade do dragón. Elena Gallego asegura que non lle molesta que comparen os seus libros ca serie de Harry Potter, de J. K. Rowling e comenta que a súa intención inicial non era escribir unha triloxía. Logo, cando a historia da triloxía cobrou forza a autora asegura que «eu soñei a historia dun dragón de pedra que nos abre as portas a un mundo fantástico e ao ser un dragón galego ábrenos as portas á propia historia de Galicia». A entrevista pode escoitarse aquí en audio.” Vía Xerais.
Vigo: actividades destacadas do sábado 30 e domingo 1 na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo son:
* Sábado 30 de xuño:
– 19:00 h.: presentación de Dun tempo e dunha terra. Antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro, de Gonzalo Navaza, publicado en Tambre. No acto participa, xunto ao autor e o ilustrador David Pintor, Luís Ferreiro e Ignacio Chao.
– 20:00 h.: presentación de Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado por Tambre. Xunto á autora participan Daniel Puente Bello e as Poetas da Hostia.
– 21:00 h.: presentación de Infancia de vacas mortas, de Xosé Daniel Costa Currás, publicado en Barbantesa. No acto, xunto ao autor, participa Ledicia Costas.
* Domingo 1 de xullo:
– 19:30 h.: sinatura de exemplares de Artur, de Xosé Manuel González, “Oli”, publicado en Kalandraka.
– 21:00 h.: Enogastrofonías ferreirianas, percorrido por Celso Emilio Ferreiro a través da poesía, a música e o viño. Preséntase o monográfico da revista Arraianos Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Participan: Aser Álvarez, Alexandre Meire e Mario Poti.
Booktrailer de Un niño no xardín, de Xoán Neira
Lugo: presentación de Un niño no xardín, de Xoán Neira
O
venres 29 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o libro Un niño no xardín, de Xoán Neira, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado e Xosé Miranda.
A Coruña: presentación de Non hai escapatoria, de Tim Bowley
Elena Gallego Abad: “Convivir tres anos cun dragón non resulta doado”
Entrevista
a Elena Gallego en Diario de Pontevedra, desde Xerais:
“- Diario de Pontevedra (DdP): Vén de publicar con Xerais Dragal III. Canto madurou a triloxía?
– Elena Gallego (EG): Agardo que o suficiente para sorprender e conquistar aos lectores que xa se atreveron a mergullarse nas páxinas de Dragal I e baixar ás catacumbas de Dragal II. Coido que a Fraternidade do Dragón é un libro máis trepidante, máis completo. Dará resposta a moitas das cuestións que os seus personaxes deixaron pendentes de resolver… Pero tamén haberá sorpresas!
– DdP: A disciplina de libro por ano non parece fácil.
– EG: Convivir tres anos cun dragón non resulta nada doado, aínda que se trate dun ser fantástico como Dragal. Crear o seu universo levoume un traballo de documentación ao que dediquei máis horas que ao propio proceso de escribir. O maior reto partiu da miña premisa de situar a historia na Galicia actual e conectala coa nosa historia esquecida e as nosas tradicións. Se o mesmo Códice Calixtino recolle a existencia dun dragón no noso país, por que non imos aproveitalo para facer a nosa propia ficción?
– DdP: Verémola no futuro por un camiño parecido?
– EG: A tradición galega podería encher novelas aínda por escribir e coido que a ficción pode axudarnos a recuperar elementos da nosa identidade, pero non pretendo continuar por esa senda.”
