Malpica: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

A cuarta feira 26 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Cívico de Malpica, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Asociación Cultural Caldeirón e A Mesa pola Normalización Lingüística.

Rianxo: presentación de Do estigma á estima, de Valentina Formoso

O sábado 22 de xuño, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, preséntase o libro Do estigma á estima, de Valentina Formoso, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Adolfo Muíños e Manuel Bragado.

Sinatura de convenio de colaboración entre Galiza co Galego e a Mesa pola Normalización Lingüística

O luns 17 de xuño, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, a Mesa pola Normalización Lingüística e a asociación Galiza co Galego asinaron un convenio de colaboración, co obxectivo de contribuíren á divulgación das actividades das dúas entidades e dos seus obxectivos comúns, nomeadamente a promoción do ensino en galego. Pola Mesa pola Normalización Lingüística interveu Susana Méndez, vicepresidenta da entidade, e por Galiza co Galego Francisco López, da súa Comisión Reitora.
Susana Méndez, vicepresidenta da Mesa, indicou durante o acto da sinatura que para a entidade que representa é moi positivo abrir novas vías de colaboración con entidades de obxectivos coincidentes e aposta por que o acordo sexa frutífero para as dúas asociacións. Pola súa banda, Francisco López, coordinador de Galiza co Galego, afirmou que para esta entidade é un novo paso que agarda contribúa a aumentar a súa rede de apoios e, en consecuencia, contribúa a afortalar o seu proxecto de Rede de Escolas. Os dous representantes coincidiron en que o ensino é fundamental para a pervivencia e futuro do noso idioma, polo que calquera iniciativa que se poña en marcha neste sentido debe contar con todo o apoio posíbel por parte das entidades que xa traballan neste ámbito.

Allariz: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

A sexta feira 14 de xuño, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3) de Allariz, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Libraría Aira das Letras.

Betanzos: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

A quinta feira 13 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola A. C. Eira Vella, en colaboración coa Libraría Carricanta.

Pola creatividade galega e a calidade lingüística

“Comunicado da CTNL para que as administracións públicas desenvolvan as súas accións comunicativas desde o galego e con calidade lingüística, e para que a Xunta paralice as diferentes campañas nas que descoida a lingua e as reinicie desde o galego.

A creatividade publicitaria e comunicativa galega é moita e moi boa, e así se demostra día a día en múltiples accións e campañas ideadas e planificadas por diversas empresas, publicistas ou creativas/os do país. E nesa creatividade, a lingua xoga un papel fundamental, pois con ela transmítese, comunícase, xógase, chégase, identifícase, reflexiónase e emociónase.
Por isto, para unha boa e efectiva creatividade galega, é fundamental coñecer ben o idioma galego e manexalo axeitadamente –como fan decotío moitas empresas e publicistas–, e tamén asesorarse lingüisticamente.
Non obstante, tamén abundan exemplos en que non se ten o coidado necesario na calidade da lingua, nin oral nin escrita, en anuncios, lemas, mensaxes, etc., e nótase que estes non foron revisados lingüisticamente por profesionais e, mesmo en moitas ocasións, que foron pensados noutra lingua e forzosamente, e mal, adaptados ao galego. E isto, que sempre é malo, se se fai en accións e campañas promovidas ou nas que colaboran administracións públicas, convértese en máis grave aínda.
A calidade lingüística de todos os textos e mensaxes públicas das administracións é fundamental, pois transmiten a imaxe das propias entidades, o que elas son, como traballan, o coidado que poñen no que fan, o respecto, a seriedade, o rigor…
Ademais, é habitual e lóxico que os textos emitidos desde as entidades públicas sexan interpretados pola cidadanía como modelos de lingua, o que lles confire unha importancia e responsabilidade aínda maior, que a Xunta, os concellos, as entidades de todo tipo e as empresas de publicidade non deben obviar.
Nos últimos tempos percibimos un especial e grave desleixo lingüístico en diversas accións comunicativas ou publicitarias da Xunta ou nas que esta ten unha participación ou colaboración relevante. Algúns exemplos disto son as marcas “Pesca-de-rías” ou “Leite galega 100%” e as campañas “As mulleres, pilares de Galicia” e a máis recente que se presentou estes días “Cómete o mar”, todas elas xa con erros lingüísticos nos propios nomes e lemas e tamén nos diversos soportes publicitarios, con distorsións nas mensaxes, e non pensadas nin ideadas desde o galego, con creatividade galega.
Por todas estas razóns, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), pedímoslles a todas as entidades públicas un maior compromiso co uso e prestixio da lingua galega e coa calidade lingüística en todas as súas accións comunicativas. E, en concreto, solicitámoslle á Xunta de Galicia que paralice esas campañas, que mude os seus nomes e lemas por outros pensados en galego e desde o galego, que corrixa os diversos textos e soportes utilizados e que coide a calidade lingüística en todas as accións comunicativas e publicitarias futuras antes de seren difundidas, contando para iso con profesionais creativos/as que ideen as accións desde o galego e con profesionais que asesoren sobre o uso da lingua.

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
31 de maio de 2013″

Pontevedra: actividades do sábado 25 e domingo 26 na Feira do Libro

O sábado 25 e domingo 26 de maio finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30 h.), cos seguintes actos literarios destacados:

Sábado 25
– 12:30 h. Pedro Feijoo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar.
– 18:30 h. María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción, publicada por Xerais, na caseta da Libraría Paz.
– 19:00 h. Elena Gallego Abad na Feira do Libro. Sinatura encontro cos lectores da triloxía Dragal, (a serie do dragón galego), publicada por Xerais.
– 19:00 h. Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez, publicado por Xerais. Participan no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial e a autora do libro.
– 20:00 h. A escritora Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Kiko da Silva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas.

Domingo 26
– 12:00 h. Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto, publicado por Círculo Rojo Editorial, na caseta da libraría D-Lectum.
– 13:00 h. Contos para quitar os medos. Contacontos a cargo de Paula Carballeira.
– 18:00 h. Actuación de Susa Herrera, coas cancións dos seus libros para nenos. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadores e Todos os animais ao caixón, na caseta de Libraría Seijas.
– 19:00 h. Tomás Gómez Ahola asinará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear, publoicado por Urco Editora, na caseta da Libraría Paz
– 19:00 h. Presentación do libro Nair, de José Estévez López, publicado pola editorial Redelibros. O autor falará deste libro e de Fugaz coincidencia, de mesma colección.
– 19:30 h. Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
– 20:00 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros
– A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.

Xosé Ramón Freixeiro Mato: “A via do galego tem de ser a reintegracionista”

Entrevista a Xosé Ramón Freixeiro Mato no Portal Galego da Língua:
“(…) – Portal Galego da Língua (PGL): Existem duas estratégias para o galego, a galego-castelhana ou a galego-portuguesa. Qual a mais eficaz?
– Xosé Ramón Freixeiro Mato (XRFM): A via do galego tem de ser a reintegracionista. Concordo com a tese de Carvalho Calero de o galego ser galego-português ou galego-castelám. Este último apenas conduz à paulatina absorviçom da nossa língua dentro do castelám. Umha via intermédia é impossível, um galego ilhado que pretenda a equidistância entre espanhol ou português. O galego é umha língua internacional que se espalhou polo mundo através de Portugal e seria suicida renunciar a essa vantagem, do mesmo jeito que nom seria acreditável que o inglês renunciasse à variante dos EUA. (…)
– PGL: Dentro das pessoas que estám por volta da normalizaçom do galego oficial, que tipo de atitudes existem?
– XRFM: Havia um grupo amplo de pessoas, maioritário, proclive ao reintegracionismo. Em finais de 80, houvo umha recolhida de assinaturas para propiciar um acordo normativo na linha reintegracionista de mínimos. O manifesto, que tinhas aspetos concretos que afectavam a forma de língua, foi assinado pola imensa maioria do professorado do ensino médio.
Havia outro posicionamento hostil a esta linha mas observo agora que esta linha isolacionista nom apresenta hoje posições anti-reintegracionistas como havia antes. Mesmo artigos de Henrique Monteagudo ou Xosé Luís Regueira ou publicações do CCG coordenadas por pessoas do ILG, já utilizam o argumento de que deve ser explorado o valor do português. Pola contra, posições recalcitrantes som hoje escassas. Há um ponto de inflexom que abre umha possibilidade de avançar. É fundamental que o discurso da utilidade do galego como língua universal chegue à sociedade. Há muitos argumentos para que o discurso chegue. (…)”.