Ourense: Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia, con Montse Rivera

Abannerciclolix AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Todas as sesións comezan ás 17:00 horas na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense). A inscrición é gratuíta. Para obter diploma deasistencia pódese contactar neste correo: imocino@uvigo.es

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño e Susa Herrera (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), comeza co seguinte relatorio, que desenvolverá a temática que se detalla a continuación:

5 outubro | Montse Rivera | A tradición oral nas aulas
Recollida da transmisión oral e versión musical.

Nesta sesión inaugural contarase coa presenza de:

  • Sr. D. Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística.
  • Vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.
  • Decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar García Señorán.
  • Isabel Mociño e Susa Herrera, profesoras da Facultade de Ciencias da Educación e coordinadoras do ciclo.
  • Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.

Obxectivos:
– Continuar co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil iniciado en outubro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Ourense), que tivo unha media de asistencia a cada sesión de 100 persoas.
– Dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música á infancia e adolescencia.
– Divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras (autoras, ilustradoras), aspecto fundamental entre futuro profesorado da Educación Infantil e Primaria.
– Reforzar as carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa poesía e a música na etapa da Educación Infantil e Primaria.
– Desenvolver coloquios/conversas coas creadoras participantes (autoras textuais, da ilustración, da música que acompaña os libros infantís…) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes coa percepción que se ten da súa producción.
– Tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos/as, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a educación estética e musical.
– Visibilizar a poesía e a música para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.
– Valorar o papel do profesorado e a escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

Ciclo de música e poesía foto

Taboleiro do libro galego XLVI (agosto e setembro de 2016), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Neste primeiro día de outubro o Caderno da crítica incorpora a referencia das novidades editoriais publicadas en lingua galega máis demandadas nalgunhas librarías galegas ao longo dos meses de agosto e setembro deste ano que andamos. Nesta ocasión, a información subministrárona un total de once librarías, entre as que damos a benvida á compostelá Chan da Pólvora. Alén desta última, grazas a Andel e Cartabón de Vigo; Moito Conto da Coruña; Cronopios de Santiago de Compostela e Pontevedra; Lila de Lilith e Pedreira, de Santiago de Compostela; Paz de Pontevedra, Trama, de Lugo; Aira das Letras, de Allariz e Miranda, de Bueu. Retornamos en decembro.

NARRATIVA
1º-. Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, Galaxia; Miguel Anxo Fernández, Un dente sen cadáver, Galaxia; e Ramón Nicolás, O espello do mundo, Xerais.
2º-. Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, Galaxia.
3º-. Manuel Gago, O anxo negro, Xerais.
4º-. Luís Rei Núñez, O encargo do señor Castelao, Xerais.
5º-. Xabier Quiroga, Izan, o da saca, Xerais.
6º-. Miguel Anxo Murado, Libro de horas, Galaxia.
7º-. María Reimóndez, A dúbida, Xerais.
8º-. María Solar, As horas roubadas, Xerais.
9º-. Diego Giráldez, Galería de saldos, Xerais.
10º-. Susana Sánchez Arins, seique, Através.

POESÍA
1º-. Antón Blanco, A oseira, Chan da Pólvora.
2º-. María do Cebreiro, O Deserto, Apiario.
3º-. Gonzalo Hermo, Celebración, Apiario.
4º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
5º-. Marcos Abalde, Exhumación, Xerais.
6º-. Xohana Torres, Elexías a Lola, Engaiolarte.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Isidro Dubert (ed.), Historia das historias de Galicia, Xerais.
2º-. Suso de Toro, O país da brétema, Xerais.
3º-. Montse Fajardo, Un cesto de mazás, Autoedición.
4º-. Afonso Eiré, O Piloto, Hércules de Edicións.
5º-. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (coord.), As Irmandades da Fala (1916-1931), Laiovento.

XUVENIL
1º-. Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Xerais.
2º-. Fran Alonso (ilustrador Dani Padrón), Contos nerviosos, Embora.
3º-. Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais.
4º-. Antoine de Saint-Exupéry, O principiño, Urco (tradución de Rodrigo Vizcaíno).
5º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.

INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Justin Richardson e Peter Parnell, Con Tango son tres, Kalandraka.
4º-. Antonio Sandoval e Emilio Urberuaga, A árbore da escola, Kalandraka.
5º-. Fran Alonso, Poemas birollos para ler cos ollos, Xerais.

LIBROS CD-DVD
1º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
2º-. Paco Nogueiras e David Pintor, Brinca vai!, Kalandraka.
3º-. Sérgio Tannus e Luís Barbolla (ilustracións), Alegría!, Galaxia.
4º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Miguelanxo Prado, Presas fáciles, El Patito Editorial.
2º-. Luís Davila, O bichero VI, Edición do autor.
3º-. René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de  Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.

VARIOS
1º-. Benigno Campos, Peixes e mariscos, Galaxia.
2º-. VV.AA., Luzes de Galiza, nº 33-34.”

Polafía en Muíños: Historias de arraianos, o sábado 1 de outubro

Opolafiamuinhos_banner sábado 1 de outubro, ás 17:00 horas, na Sociedade Cultural, Deportiva e Xuvenil Fontefría, no Complexo Turístico O Corgo (como chegar), en Muíños (Ourense), a Sección de literatura de tradición oral da AELG organiza a realización dunha nova Polafía, baixo o título de Historias de arraianos.

Contará coas intervencións de:
– David Pérez.
– Celso Diz.
– Inés Rodríguez.
– Carlos Morais.
– Antonio González Baralló.
– Lino Perdiz.
Isidro Novo.

Música:
Xurxo Souto.
– Ordeikí.

Organizan:
Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG.
– Sociedade Cultural, Deportiva e Xuvenil Fontefría.

Colaboran:
– Asociación Os Arraianos.
– Libraría Aira das Letras (Allariz).
– Livraria Traga-Mundos (Vila Real).
– Núcleo de Estudos e Pesquisa dos Montes Laboreiro.

Patrocina:
Xunta de Galicia (Consellaría de Cultura)

polafiamuinhosAs polafías son un proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, e que conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio de institucións públicas.

A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,…) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.

O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores… etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG. As polafías teñen unha duración aproximada de 90 minutos.

Monforte: Homenaxe a Manuel María

2016_10_01_programa_homenaxe_a_manuel_maria_en_mon

Meira: IV Festa da Afirmación e Dignidade

imm_irimia-2016

Ourense: actividades destacadas do 82 Congreso PEN Erguendo pontes literarias da quinta feira 29

Dentrocongreso-pen-ourense-2016 do programa do 82 Congreso do PEN Clube, Erguendo pontes literarias, terá lugar en Ourense as seguintes actividades destacadas a quinta feira 29, dentro do seu programa: Programa-Congreso-PEN-2016.

18:00 h. Centro Cultural Marcos Valcárcel – Auditorio (Rúa do Progreso, 30). Escritores, editores e axentes literarios na periferia. (Fina Casalderrey, Mariasun Landa, Víctor F. Freixanes e Cristóbal Pera). Presenta: Manuel Guede.
19:00 h. Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5). Lusofonía no PEN (Dina Salústio, Mia Couto e João Paulo Borges Coelho). Presenta Teresa Cadete. Serán Caboverdiano, espectáculo, Batuko Tabanka.

Ourense: actividades destacadas do 82 Congreso PEN Erguendo pontes literarias do luns 26 e martes 27

Dentrocongreso-pen-ourense-2016 do programa do 82 Congreso do PEN Clube, Erguendo pontes literarias, terán lugar en Ourense as seguintes actividades destacadas o luns 26 e martes 27, dentro do seu programa: Programa-Congreso-PEN-2016.

Luns 26
20:00 h. Teatro Principal (Rúa da Paz, 9). Acto inaugural. Espectáculo “Ourense Literario”, a cargo da Compañia de Teatro A Panadaría. ­Con Bieito Iglesias, lembranza de: Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares, Antón Risco, Antón Tovar, Pura Vázquez, Marcos Valcárcel e Xosé Fernández Ferreiro.

Martes 27
20:00 h.. Praza de San Martiño. A (Poesía) Milagre do Mundo. Unha idea de Manuel Rivas. Música de Pulpiño Viascón. Olga Novo, Oriana Méndez, Estevo Creus, María do Cebreiro, Dores Tembrás, Xohana Torres, Iolanda Zúñiga, ­Lucía Aldao.