Arquivo da categoría: Música
Lupe Gómez gaña o Certame de poesía Xosé Manuel López Ardeiro de 2024
Desde o Concello de Negreira:
“O auditorio Afonso Eanes do Cotón acolleu este 11 de Nadal, o fallo do xurado e maila entrega do XIII Certame de Poesía Xosé M. López «Ardeiro», que recae una obra A pintora, cuxa autora é Lupe Gómez Arto, natural de Curtis, sendo un poemario homenaxe á pintora María Antonia Dans, porque dixo «síntome representada coas pinturas que ela facía de nenas e nais labradoras; eu véxome nas súas pinturas por iso quixen con este libro representar á pintora, a ela, coas miñas palabras».
Convocado polo Concello de Negreira, coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura, o premio está dotado cunha contía de 2.500 euros e a entrega de 300 exemplares da edición do poemario gañador.
A outra poeta finalista foi Silvia Tasende Cotelo, de Carballo. Obtén un premio en metálico de 500 euros pola obra Pel memoria. Silvia Tasende agradeceu ao Concello de Negreira polo seu decidido apoio á poesía e a cultura, e sinalou que «o mundo precisa máis metáforas e menos violencia», ademais de dar os parabéns a Lupe Gómez polo premio.
O acto contou coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, e mailo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, ademais dos membros do xurado formado por José Antonio Ponte Far, en calidade de presidente, xunto co poeta Xulio López Valcárcel; a escritora e académica da RAG, María López Sández, xunto con María López Rey e Diana Varela. O acto estivo presentado por Carme Pereiro e contou coa actuación musical do dúo Minguante.”
Compostela: presentación de A culpa foi de Zënzar, de Laura Romero
A Coruña: De amor e morte. Recital multidisciplinar do Grupo Ouriol
Vigo: “Canto primeiro cada un único fillo”, con Silvia Penas e Ivo
Vilagarcía: recital poético sobre o libro Voto de silencio, de Andrea Fernández Maneiro
Cerceda: presentación de A culpa foi de Zënzar, de Laura Romero
A Coruña: Roteiro “As Colunas de Luísa Villalta e a música ao fondo”, con César Morán e Cláudia Morán, o 22 de decembro
O Roteiro “As Colunas de Luísa Villalta e a música ao fondo”, guiado por César Morán e Cláudia Morán, iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, achegaranos ao pensamento de Luísa nos seus artigos xornalísticos e o valor musical da súa obra.
Terá lugar o domingo 22 de decembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída é a Praza de Pontevedra, diante do IES Eusebio da Guarda. Non é necesaria inscrición previa.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.