O xoves 17 de febreiro, ás 20:00 h., no Auditorio da Fundación Caixa Galicia de Pontevedra, nun acto organizado polo Ateneo desta cidade, preséntase o libro-obxecto Cántico dos topónimos esdrúxulos, de Xosé María Álvarez Cáccamo. Acompañarán ao poeta o editor, Miguel Anxo Fernán-Vello, o arqueólogo Xosé Lois Vilar e o grupo musical Xardín desordenado, composto por Santiago Ferragud (voz, guitarra), Marlene Rodrigues (voz) e Isaac Garabatos (guitarra). Máis información en Galicia Hoxe.
Arquivo da categoría: Música
A Coruña: presentación do libro A frecha azul do teixo, de Eva Veiga
O venres
11 de febreiro, a partir das 20:00 h., na sede de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o libro de poemas A frecha azul do teixo, de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Teresa Seara, Francisco X. Fernández Naval, Miguel Anxo Fernán-Vello, e finalizará cunha actuación do Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez).
A Coruña: Moita poesía, pouca diversión, con Lucía Aldao e María Lado
O martes
8 de febreiro, a partir das 19:30 h., na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, ofrécese o espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado Moita poesía, pouca diversión. Reportaxe posterior en Galicia Confidencial.
Foz: homenaxe literario-musical a Xavier Rodríguez Baixeras
O
venres 4 de febreiro, a partir das 20:30 h., na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz, a Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza unha homenaxe literario-musical ao escritor mariñao Xavier Rodríguez Baixeras no que participarán, a máis da Banda Municipal de Foz, Juan Soto, xornalista e Cronista Oficial da Provincia, Suso Fernández, Cronista Oficial de Foz, Xosé María Alvárez Caccamo, escritor, e o propio homenaxeado, Xavier Rodríguez Baixeras. O acto será introducido polo presidente da entidade organizadora, o historiador Xoán Ramón Fernández Pacios.
A Coruña: V Encontros Milpedras: recital conxunto de poesía, música e fotografía
O venres
4 de febreiro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, desenvólvese a quinta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e fotografía. Actuarán recitando poemas Berta Dávila, Emma Couceiro, Emma Pedreira e Yolanda Castaño en paralelo á música de Álvaro Muras e a intervención fotográfica de Begoña Pastoriza.
Pontevedra: nova edición de A hostia en verso
O
venres 4 de febreiro ás 20:00 h., no Café Moderno (Praza de San Xosé, 3) de Pontevedra, terá lugar unha nova edición de A hostia en verso. Este combate lírico enfrentará os poetas do proletariado contra os poetas pequeno burgueses. Actuarán Ledicia Costas, Daniel Landesa, Xavier Xardón, David Rodríguez, Lara do Ar e Eduardo Estévez. O acto é unha divertida velada na que ambos equipos se enfrontarán para gañar o favor do público, e estará presentado polas poetas Lucía Aldao e María Lado, que xa sacaron da súa mente enferma un número sorpresa. Contará tamén coa intervención musical da banda Mr. Carácter. Como noutras edicións, o público asistente é máis ca un espectador silencioso e verase reconfortado coa posibilidade de votar el mesmo o equipo gañador ao longo dos tres asaltos que compoñen este singular combate!!!
Ourense: recital poético-musical con Xosé Carlos Caneiro e Xosé Manuel Salgado
O
xoves 3 de febreiro, a partir das 20:15 h., na Aula de Cultura do Liceo de Ourense, dentro dos XXI Encontros Literarios desta entidade, haberá un recital poético de Xosé Carlos Caneiro, baixo o título Poemas de Amor para Tempos Difíciles, no que estará acompañado á guitarra por Xosé Manuel Salgado.
A Coruña: presentación-happening da Fotobiografía sonora de Lois Pereiro, con música e poesía
Santiago: actividades de xaneiro de Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, na Cidade da Cultura
Os
sábados 15 e 29 de xaneiro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terán lugar estas actividades:
– 15 de xaneiro. Rosalía, a voz dun pobo:
12:00 | Relatorio: María do Cebreiro Rábade Villar. Poeta, profesora e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desenvolve un estudio no que aborda diferentes aspectos da obra de Rosalía de Castro.
13:00 | Ao raso coas lebres (60’), da compañía CasaHamlet. Textos de Rosalía de Castro dramatizados e musicados a cargo desta compañía dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.
Presenta: Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía de Castro.
– 29 de xaneiro. Manuel Antonio: “venador” de horizontes:
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.
A Coruña: estrea do proxecto de fusión artística Fuso Negro
O venres
28 de xaneiro, a partir das 20:30 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e con entrada libre, bota a andar o proxecto de fusión artística Fuso Negro, -nome quitado dunha personaxe de Ramón del Valle-Inclán-, que tenta ser un proxecto cultural, tipo spoken word, no que o poeta Xoán Abeleira, o baixista Álvaro Muras, o guitarrista Julio Cuns, o percusionista Karlos Barral e o batería Bruno Couceiro fusionan, basicamente, a música, o teatro e a poesía de vangarda. Recollemos esta entrevista publicada en Galicia Hoxe.
