O luns 31 de outubro, ás 19:00 horas, María Reimóndez acudirá ao club de lectura feminista organizado pola CIGA na cidade de Vigo para conversar sobre a súa obra A música dos seres vivos, obra pertencente ao “Ciclo dos elementos” onde MK, a protagonista, deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida.
Arquivo da categoría: Narrativa
Manuel Esteban: “Eu non tiña a intención de escribir unha novela, e naceu da experiencia persoal co meu fillo”
Desde Xerais:
“Radio Marca Vigo emitiu unha entrevista con Manuel Esteban, autor de A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 92:10.”
Pontevedra: encontro con Ledicia Costas e Víctor Rivas
A Coruña: presentación de Bala Perdida, de Manuel Rivas
O sábado 29 de outubro, ás 19:00 horas, na FNAC (Praza de Lugo, s/n), na Coruña, Manuel Rivas, presenta Bala Perdida, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
Monforte: presentación de Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga
O venres 28 de outubro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa Comercio, 6), de Monforte de Lemos, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada, publicado por Xerais. No acto participan xunto ao autor César Lorenzo e Manuel Bragado.
Paco Martín: “Os paraugas din moito da xente, sobre todo se non chove”
Levada do vento, por Susana Sánchez Arins
Artigo de Susana Sánchez Arins na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“Scarlett abaixa-se na aurora de um novo dia, ou no entardecer do fim da guerra, não lembro, apanha uma magra e triste cenoura e jura que nem ela nem nenhum dos seus voltarão passar fome, assim tenha que mentir, roubar, esmolar ou matar.
Lembro a primeira emissão televisiva de Gone with de wind. Lembro-me sentada, lá em 1986 (comprovei o dado nas redes, para melhor parecer) a carão de mamá para vê-la e lembro ficar obnubilada com a ousada Scarlett. Lembro ter visionado o filme em cada reposição posterior.
Também lembro ler, anos após (em 1999 se as anotações do meu volume não mentem), os Vínculo de sangue de Elvira Souto, um livro bem sugestivo e diferente na altura (para mim) em que analisava só, e intertextualizando, personagens femininas e violentas de feminina autoria. De todos os capítulos, gravou-se em mim esse de Magnólia e luar, no qual me descobriu a heroína Melanie Hamilton que escondia Margaret Mitchell no romance original. Uma Melanie em absoluto inocente e dócil e lideresa/fundadora do Ku klux Klan. Já daquela fiquei com vontade de ler. Sim. De ler a monumental obra e original, a raiz.
E foi agora que lim. Visualizando a cena cinematográfica em cada cena narrativa. Escutando a Clark Gable e Vivian Leigh (bom, às atrizes de dobragem) em cada diálogo que lia. Tanta era a fidelidade da versão fílmica.
Até que comecei a duvidar. Mas isto saia no filme? E casou tantas vezes Scarlett? E estivo tanto tempo de luito? E decidim visionar o filme uma outra vez. (…)”
Entrevista a Isaac Xubín sobre Non hai outro camiño
Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega:
“Coñecemos a primeira novela de Isaac Xubín: Non hai outro camiño. Pode accederse á entrevista aquí.”
Vigo: presentación de Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga
O xoves 27 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), de Vigo, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada, publicado por Xerais. No acto participan xunto ao autor Antonio García Teijeiro e Manuel Bragado.