Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Xavier Queipo fala da súa novela Os kowa, premio Blanco Amor. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivo da categoría: Narrativa
Xavier Queipo: “A exclusión social non causou a radicalización en Bruxelas”
Entrevista
a Xavier Queipo en Atlántico Diario:
“(…) Xavier Queipo, residente en Bélxica, pasa uns días de vacacións en Galicia, tempo no aproveita para promocionar a súa última novela Os kowa, distinguida co premio Blanco Amor. Dende a distancia analiza, aínda impactado o recén atentado de Bruxelas: “Foi tremendo; teño dúas compañeiras de traballo en coidados intensivos, xa que a estación de metro onde estouparon as bombas, está a carón da nosa oficina”, afirmou. Como escritor, participará ao seu retorno nun acto de protesta e indignación que están a organizar o colectivo de poetas da cidade: “Moitos deles son de orixe musulmá, e algúns practicantes; todos están abraiados cos feitos, consecuencia directa das predicacións salafistas que inculcan a morte dos infieis e que son unha minoría”. (…)
Xavier Queipo presentou onte na librería Andel o seu último libro Os kowa, premiado co Blanco Amor. “Tivo un comezo moi bo, porque é un dos tres premios máis importantes da narrativa galega co Xerais e co Ánxel Casal; agora xa teño a colección enteira”, apuntou orgulloso. Conta a historia dun investigador, acostumado ao laboratorio que ten que pasar unha tempada no Amazonas. “É unha novela de aventuras e psicolóxica”, asegura.”
Vídeo da presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro, na Coruña
Pontevedra: Vermú entre libros con Francisco Castro
Pontevedra: actos destacados do sábado 9 e domingo 10 na Feira do Libro
O
domingo 10 de abril finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para esa fin de semana:
Sábado 9
– 19:00 h. Jorge Rodrigues asinará exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
– 19:30 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
– 20:00 h. Buenaventura Aparicio Casado presenta o seu libro A pedra do cervo, publicado por Edicións do Cumio.
Álex Alonso: “Este libro é froito da indignación”
Pontevedra: actos destacados do venres 8 na Feira do Libro
O
venres 8 de abril continúa a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:
– 19:00 h. Xesús Constela asinará exemplares das súas obras na caseta da Libraría Paz.
– 20:00 h. Arantza Portabales presentará a súa novela Sobrevivindo, publicada en Galaxia. No acto estará acompañada por Xosé Monteagudo.
Vigo: presentación de Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas
O
venres 8 de abril, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas, publicado por Xerais. No acto, xunto á autora e ao ilustrador, participa Manuel Bragado.
Compostela: presentación de Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada, de Carlos Labraña
Ferrol: presentación de A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias
A
sexta feira 8 de abril, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travessa de Batalhons, 7), de Ferrol, preséntase A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Guímaro Editora. No acto, o autor estará acompañado por Maurício Castro.


