Pontevedra: XXV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

PROGRAMA PREVISTO

Crónica videográfica da XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral 2023 (4)

A XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción, unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, tivo lugar o 28 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da sesión práctica Erre que Erre: da Regueifa ao Rap, con Alba María:

Compostela: Obradoiro Sen fronteiras. Creación literaria e diálogo entre xéneros, con Paula Carballeira

O Obradoiro Sen fronteiras. Creación literaria e diálogo entre xéneros, a cargo de Paula Carballeira e cunha sesión especial de Charo Pita, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

O teatro dialoga coa prosa e, por suposto, coa poesía, porque hai poesía na novela e narración, ás veces, no drama. Neste obradoiro achegarémonos aos diferentes xéneros, creando textos, xogando, e descubrindo as posibilidades da escrita. Probaremos a esvaecer as fronteiras entre eles, a propoñer diferentes formas para as ideas que queiramos transmitir, a recoñecer as nosas habilidades na artesanía da linguaxe. E, sobre todo, divertirémonos en serio.

– Terá 12 sesións de 2 horas cada unha.
– Hai un total de 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase, mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.
Actualmente están todas cubertas, polo que as solicitudes de inscrición que vaian chegando incorporaranse a unha listaxe de reserva.
– Desenvolverase no Espazo Apego (Rúa República do Salvador, 12, entresollado), en Santiago de Compostela.

Calendario
– Días: sábados 17 e 24 de febreiro; 9, 16 e 23 de marzo; 6, 13, 20 e 27 de abril; e 4, 11 e 25 de maio de 2024.
– Horarios: de 11:00 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

San Marcos (Pardesoa, Forcarei): obradoiro literario arredor de O crime de Pardesoa, de Calros Solla

O 16 de decembro, ás 17:00 horas, no lugar de San Marcos (Pardesoa), nun acto organizado pola Asociación Socio-Cultural Can de San Roque de Soutelo de Montes, Calros Solla participa nun obradoiro literario (indutivo-dedutivo) arredor do seu libro O crime de Pardesoa (Ed. Morgante, 2013).