Presentación en liña de 17 segundos, de Kirmen Uribe, co seu tradutor, Isaac Xubín

O 22 de xuño, ás 20:00 horas, celebrarase, de maneira telemática, a presentación do poemario 17 segundos, de Kirmen Uribe, publicado por Galaxia. Acompañando o autor, estarán o tradutor da obra, Isaac Xubín, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
As persoas interesadas poden seguir a presentación a través de Google Meet, na seguinte ligazón: https://meet.google.com/jcc-juaz-gzj

Vilagarcía, Cidade do Libro 2021: actos destacados do 21 e 22 de xuño

O 21 de xuño comeza Vilagarcía, Cidade do Libro (na Praza da II República e no Parque de Miguel Hernández), organizada polo Concello de Vilagarcía, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Luns 21
12:00 h. Na Illa de Cortegada, presentación de Camiño de paixóns, de Carlos Meixide, publicado por Galaxia.
A partir das 19:30 h., na Praza da II República, o autor asinará exemplares da súa obra.

Martes 22
19:00 h. No Escenario de Autoras-es da Praza da II República, A ovella Engracia, contacontos a cargo de Lucía Aldao e María Lado.
21:00 h. No Escenario de Autoras-es da Praza da II República, Encontro literario moderado por Montse Fajardo, con introdución dunha lectura poética de Andrea Fernández Maneiro, coa participación de Marilar Aleixandre, Arantza Portabales e Nieves Abarca.
Previamente, ás 19:30 horas, as autoras asinarán exemplares das súas obras.

Yolanda Castaño e Kathleen March, tradutora de Residencia 1863: “A literatura galega está nun momento fantástico e temos que axudar á súa internacionalización”

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Kathleen March obtivo a I Bolsa en Residencia Xacobeo para tradutores en lingua galega na Residencia Literaria 1863 e leva traballando na Coruña todo o mes en obras de Marica Campo e Emma Pedreira. Yolanda Castaño, impulsora deste proxecto, dirixe tamén o ciclo Poetas Di(n)versos e acaba de publicar Xela quixo ser ela. A entrevista pode verse aquí.

Redondela: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 19 e 20 de xuño

O 20 de xuño finaliza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:00 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:

Sábado 19
12:00 h. Jamas asina Diario dun pirata confinado, publicado por Urutau.
18:00 h. Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras, publicado por Urutau.
19:00 h. Lorena Conde asina As mil vidas de Dorotea, publicado por Cuarto de inverno, e As puntas da louza, publicado por Aira.
20:00 h. Carlos Méixome asina Catas na memoria, publicado por Laiovento.

Domingo 20
12:00 h. Hortensia Bautista asina Bambán de vento, publicada pola Fundación EDMAIA.
13:00 h. Moncho Iglesias Míguez asina Cheira, publicado por Urutau.
18:00 h. María Reimóndez asina Cobiza e Bárbaras!, publicadas por Xerais.
19:00 h. Luz Darriba asina Abril, publicado por Belagua.

A Coruña: presentación de Nocturnia 46, de Pablo Mariño

O 18 de xuño, ás 19:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Pablo Mariño presenta Nocturnia 46. No acto, xunto ao autor, participan Henrique Rabuñal, Francisco Xosé Lafuente “Franki”, Xosé Taboada e Carmen Vázquez. As persoas interesadas deben anotarse previamente aquí.