Entrevista a Rosalía Fernández Rial en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): É filóloga, doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática pola USC, performer, escritora, profesora de lingua e literatura… Cal das súas múltiples facetas lle ocupa agora máis tempo?
– Rosalía Fernández Rial (RFR): Todas me ocupan tempo por igual. Sobre todo na actualidade, xa que a educación está nunha conxuntura moi complexa. E a arte e o pensamento veñen de demostrar que son o único que nos pode salvar. Intento abranguelas todas desde un punto de vista poético. O poético entendido nun sentido amplo, non só como poesía escrita, tamén como poesía levada á escena, á existencia, á musica e á educación. A educación literaria debe ter un compoñente poético, utópico e artístico.
– ND: No seu último libro, Árbores no deserto, as súas creacións poéticas parten das reflexións de varias pensadoras feministas. A que se debe a escolla destas autoras?
– RFR: Algunhas foron inevitábeis, como Rosalía de Castro, polo feito de ser muller, galega e poeta. É a identificación e o símbolo máximo do noso país e da nosa literatura. Con outras pensadoras deixeime levar pola pulsión artística máis que por unha clasificación racional. Escollín aquelas coas que atopei unha conexión, un substrato poético. Tamén me deixei guiar pola intuición e por certas curiosidades como que Flora Tristán (unha das 11 mulleres que aparecen) é avoa dun famoso pintor. Todas elas me espertaron unha inspiración e un impulso creativo.
– ND: Como foi o proceso? Quen está máis presente nos poemas, vostede ou as diferentes autoras?
– RFR: Un dos meus principios compositivos é que a miña voz quedase, moitas veces, nun segundo plano. Non a perdo de todo, pero deixo que se transforme por completo. Era necesario facer unha polifonía na que miña voz nunca tapara as das outras mulleres. Quixen cuestionar o eu lírico tan intrínseco á poesía e transformalo nun nós lírico. (…)”
Arquivo da categoría: Poesía
Compostela: III Festival de Poesía Alguén que respira!
A Coruña: Tiago Alves Costa participa no Ciclo de vermús literarios Voces Outras
O sábado 19 de setembro, ás 13:00 horas, no Café Universal da Coruña (Rúa San Andrés, 1), Tiago Alves Costa participa na actividade VocesOutras #1, ciclo de vermús literarios, onde falará sobre a súa traxectoria.
San Sadurniño: IV Recital Poesía en feminino Mulleres do rural, o 19 de setembro
Celanova: presentación de Porque te quero, de Baldo Ramos
Vigo: presentación de Zizek vai ao ginásio, de Tiago Alves Costa
Tabela dos libros. Setembro de 2020
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Inasequible a calquera coronavirus, o equipo crítico da Tabela dos Libros. (Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu) comeza o curso escolmando os títulos máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. E velaí.”
Carral: entrega do Premio de poesía Concello de Carral 2019 e entrega do Premio de 2020, o 12 de setembro
“A Casa da Cultura de Carral acollerá o vindeiro sábado 12 de setembro, ás 19:00 h, o acto central do Premio de Poesía Concello de Carral. Como é habitual, o evento servirá para conceder o premio da presente edición e para a presentación da publicación do libro gañador na anterior. Así, Manuel López Rodríguez recibirá o galardón polo seu poemario Nas pulsacións e Xurxo Alonso presentará En luz escrita co que obtivo o premio o pasado ano e que formará parte da colección de Poesía de Espiral Maior. Como en anos anteriores, contamos coa colaboración económica da Xunta de Galicia para a edición da obra gañadora do noso certame.
No acto contarase coa presenza do alcalde Javier Gestal Pose, do director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, de Miriam Ferradáns, como representante do xurado da vixente edición, e de Miguel Anxo Fernán Vello como responsable de Edicións Espiral Maior.
Debido ás actuais circunstancias, o aforo será moi limitado e será preciso para asistir inscribirse previamente chamando antes das 14:00 h. do venres ao 981 672 580.
Ao público asistente agasallarase o libro En luz escrita, tendo ocasión de que llo asine o seu autor, Xurxo Alonso.
Nesta edición e dadas as precaucións polo Covid19, o acto non contará con ningún tipo de intervención artística nin existirá o habitual convite para o público participante.”










