Ourense: Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia, con Antonio García Teijeiro

Abannerciclolix AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Todas as sesións comezan ás 17:00 horas na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense). A inscrición é gratuíta. Para obter diploma de asistencia pódese contactar neste correo: imocino@uvigo.es

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño e Susa Herrera (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), continúa co seguinte relatorio, que desenvolverá a temática que se detalla a continuación:

11 outubro | Antonio García Teijeiro | A poesía e a música nas aulas: unha necesidade e un reto
Creación poética de autor: a importancia da poesía nas aulas.

Obxectivos:
– Continuar co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil iniciado en outubro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Ourense), que tivo unha media de asistencia a cada sesión de 100 persoas.
– Dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música á infancia e adolescencia.
– Divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras (autoras, ilustradoras), aspecto fundamental entre futuro profesorado da Educación Infantil e Primaria.
– Reforzar as carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa poesía e a música na etapa da Educación Infantil e Primaria.
– Desenvolver coloquios/conversas coas creadoras participantes (autoras textuais, da ilustración, da música que acompaña os libros infantís…) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes coa percepción que se ten da súa producción.
– Tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos/as, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a educación estética e musical.
– Visibilizar a poesía e a música para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.
– Valorar o papel do profesorado e a escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

Ciclo de música e poesía foto

A Coruña: Escola de Escritoræs: Obradoiro de iniciación á videopoesía, con Celia Parra. Lapis, cámaras… acción!

Obannerlapiscamaraaccionceliaparraacorunha Obradoiro de iniciación á videopoesía Lapis, cámaras… acción!, dirixido por Celia Parra, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG co patrocinio e colaboración do Concello da Coruña.

Inscríbete, gratuitamente, desde o 26 de setembro ás 09:00 ao 10 de outubro, ás 23:59, aquí. As doce prazas asignaranse por orde de solicitude.

O obradoiro, para persoas maiores de 16 anos, desenvolverase os xoves desde o 13 de outubro de 2016 ata o 24 de novembro de 2016, en horario de 19:00 a 20:30 horas, no Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña.

Información:
Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Tel: 981 184 294
cmix@coruna.es

Impartido por Celia Parra, escritora socia da AELG, licenciada en Comunicación Audiovisual e especialmente interesada na fusión da poesía con outros formatos e linguaxes.

Proponnos un obradoiro de iniciación para achegarse á videopoesía. Traballaremos con textos, pensaremos en imaxe, escoitaremos a música das palabras e levaremos versos á pantalla para crearmos o noso propio videopoema.

Compostela: recital (inglés-galego) da poeta irlandesa Annemarie Ní Churreáin

Aannemarie-ni-churreain segunda feira 10 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, terá lugar un recital (inglés-galego) da poeta irlandesa Annemarie Ní Churreáin, presentado por Keith Payne.

Allariz: III Poemagosto. Festival da poesía

14479668_893141170788281_2484684991059979014_n

Xornadas As Irmandades da Fala en Compostela, 2016

xornadas-as-irmandades-da-fala-compostela-1xornadas-as-irmandades-da-fala-compostela-2