Ourense: presentación de Tempo de xeada e orballo e Xonxa, Lupe e outras valentes, de Agustín Lorenzo Fidalgo

O 27 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Librería Eixo (Rúa Cardenal Quevedo, 36) de Ourense, terá lugar a presentación de Tempo de xeada e orballo e Xonxa, Lupe e outras valentes, de Agustín Lorenzo Fidalgo. No acto estará acompañado por Rochi Nóvoa Vázquez.

Gres, Vila de Cruces: Encontros literarios en Gres, con Antía Yáñez

A escritora Antía Yáñez protagonizará o domingo 26 de xaneiro a partir das 17:00 horas o terceiro dos Encontros Literarios organizados desde 2019 pola Fundación Xosé Neira Vilas na súa sede en Gres. O faladoiro vai estar conducido por Pilar Sampedro, membro do padroado da fundación e experta en literatura infantil e xuvenil Estas xornadas pretenden dar a coñecer as obras de autoras e autores da literatura galega e así mesmo explorar a influencia que tivo nelas a de Xosé Neira Vilas.