A Coruña: recital de Dores Tembrás e Antonio Gamoneda no Ciclo Poetas Di(n)versos

A segunda feira 19 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Dores Tembrás e Antonio Gamoneda. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos febreiro 2018.

A Coruña: Encontro c@s amig@s arredor de Luísa Villalta, en novembro de 2017

“Como peche do ciclo de actividades As chaves do tempo, arredor de Luísa Villalta, que organizaron a agrupación cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, entre o 19 e o 27 de novembro, celebrouse este encontro presentado por Xurxo Souto e Teruca Queiro. Interviron Pilar García Negro, Pancho Pillado, Ánxeles Penas, Blanca Silva, Ana Pillado, Maribel Longueira e Cesáreo Sánchez, ademais da familia de Luísa Villalta.”

A Coruña: recital poético arredor de Luísa Villalta, en novembro de 2017

“Recital poético e de textos arredor de Luísa Villalta, dentro do ciclo de actividades As Chaves do Tempo. Interveñen Nacho Pena Maceda, Cesáreo Sánchez, María Xosé Bravo, Beatriz Maceda, Chisco Fernández Naval, Dores Tembrás, Eli Ríos, Lino Braxe, Marica Campo, Olga Patiño, Xavier Seoane, Xulio Valcárcel. Inclúese unha montaxe sonora con texto de Xavier Campos, poesía de Luísa Villalta, locución de Eva Vieites e idea de Clara Soler. Foi celebrado no Monty da Coruña, o 25 de novembro de 2017.”

A Coruña: recital de María Xosé Queizán e Fatena Al Ghorra no Ciclo Poetas Di(n)versos

A segunda feira 22 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de María Xosé Queizán e a poeta palestina Fatena Al Ghorra. Máis información aquí: Folleto Poetas Dinversos xaneiro 2018.