Chus Pato leva coa súa voz poética o galego á Poetry Room de Harvard

DesdeChus Pato e Erín Moure a Real Academia Galega:
“A voz poética de Chus Pato soa xa xunto á de T. S. Eliot, Seamus Heaney, Borges, Elizabeth Bishop ou Kerouac. A da creadora ourensá vén de sumarse á listaxe de gravacións de grandes figuras das letras universais convidadas á Woodberry Poetry Room, o que a converte na primeira poeta da nosa terra que leva a lingua galega a este emblemático espazo. Pato recitou xunto a Erin Moure, con quen asina Secession-Insecession. Nesta obra, a tradutora canadense de orixe galega non se limita a verter ao inglés os poemas da primeira e engade versos de seu como eco e homenaxe aos de Pato.
O poemario Secesión saíu á luz en Galicia no ano 2009 con Galaxia, pero desde 2014 ten unha nova, ou dobre vida, Secession-Insecession, obra publicada pola editorial canadiana BookThug. “Ademais de traducir Secesión, Erin Moure escribiu por cada un dos meus poemas outro texto, o que ela chama ecolación. Isto interpretouse como unha proposta de tradución moi innovadora e o libro forma parte dos libros de lectura deste curso do Seminario de Tradución de Harvard”, explica Chus Pato. E esa foi a razón pola que as dúas foron convidadas a finais de setembro a recitaren xuntas Secession-Insecession na Woodberry Poetry Room, nun acto que se pode ver nesta ligazón.
O recital repetiuse no campus de Amherst, da Universidade de Massachusetts, onde acollida foi “inmellorable”, asegura. As dúas autoras foron tamén entrevistadas no blog da Poetry Room, onde Chus Pato salienta que para ela escribir en galego é “unha cuestión de xustiza e, xa que logo, de liberdade”.
Neste especial proceso de ecolación o texto que fala dos domingos de choiva nas Galerías Centrales do Ourense da infancia de Pato reflíctese desde a outra beira do Atlántico noutro no que Moure, da mesma xeración, recorda os grandes almacéns de Calgary aos que ía coa súa nai. E onde Secesión fala dos mártires de Carral, Insecession escribe sobre as revoltas indíxenas, conta como exemplo Pato, que confesa que recibiu con asombro a invitación de Harvard. “Pero unha vez alí vívelo con normalidade, porque chegas e es unha poeta máis que vai ler a súa obra”, engade a autora.
A lectura conxunta incluíu ademais algúns poemas tanto do último libro de Erin Moure como do de Pato, Carne de leviatán (Galaxia, 2013), que se publicará en inglés nos Estados Unidos a vindeira primavera. Será o seu quinto libro vertido ao inglés pola tradutora canadense, autora dun importante traballo a prol da visibilización da cultura galega no contorno anglófono.”

Yolanda Castaño, a un paso do Premio Nacional de Poesía, desde Canadá

“FinalistaYolanda Castaño Canadá do Premio Nacional de Poesía, A Segunda Lingua (Premio Fundación Novacaixagalicia, 2014), a última entrega poética da compostelano-coruñesa Yolanda Castaño, quedaba recentemente ás portas do máis alto galardón do Estado. Logo de pasar oito de nove roldas de votación, na última delas o xurado decantábase por Luis Alberto de Cuenca, deixando a Castaño sen acrecentar o único nome galego que conta a historia deste recoñecemento poetico: Manuel Álvarez Torneiro no ano 2013.
A escritora estivo estes días no Canadá, facendo parte do XXXI Festival Internacional de Poesía de Trois-Rivières. A pesar de ser o máis lonxevo de Norteamérica e terceiro do mundo, este encontro mundial de autores nunca contara cun/a poeta de Galicia nas súas trinta anteriores edicións. Entre outros e outras participantes dos catro continentes, Castaño ofreceu máis de vinte recitais en galego e en tradución ao francés neste festival francófono que se celebra durante dez días de outubro cada ano no Quebec.”

Allariz: II Festival de poesía Poemagosto

Poemagosto Allariz

Vigo: edición do Círculo Poético Aberto de outubro de 2015

O Círculo Poético Abertosábado 10 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo recital do Círculo Poético Aberto. Trátase dun espazo en galego e/ou portugués; aberto á poesía, música, performance… Organizado por Penúltimo Acto, con entrada libre.

Compostela: recital de A cabeleira, de Claudio Rodríguez Fer

OClaudio Rodríguez Fer, Eugenio Granell e Carmen Blanco martes 6 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural), en Santiago de Compostela, o recital da obra políglota A cabeleira (Poema en 35 idiomas), de Claudio Rodríguez Fer, ilustrada por Carmen Blanco e Sara Lamas. No acto estará presente, xunto ao autor, Natalia Fernández Segarra.