Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Camiñando con Otero Pedraio pola Coruña, con Carme Fernández Pérez-Sanjulián, celebrado o pasado 24 de maio. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Arquivo da categoría: Roteiros
Roteiro Camiñando con Otero Pedraio pola Coruña, guiado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián
O Roteiro Camiñando con Otero Pedraio pola Coruña, guiado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
O presente roteiro xirará arredor da presenza de Ramón Otero Pedraio na Coruña.
Terá lugar o domingo 24 de maio, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será na Praza de María Pita, diante da porta do Concello. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.
Xesús Constela no Club de Lectura Ler (en) Pontevedra
O Club de Lectura Ler (en) Pontevedra organiza estas dúas actividades:
– O 27 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar un encontro con Xesús Constela a partir da obra: Doce Voz de Megafonía (Edicións Xerais de Galicia), na Libraría Metáfora.
– O 25 de xuño, ás 19:00 horas, terá lugar o Encontro con Manuel Lourenzo (camiñada pola cidade) a partir da obra: Cegoñas no fondo da ría (Urco Editora).
Toda a información sobre a actividade e as inscricións, aquí.















