Arquivo da categoría: Sociedade
Outeiro de Rei: XI Convivio da Cultura Galega, o 13 de xullo
A Coruña: presentación de Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla, de Antón Baamonde
Vigo: actividades do 3 de xullo da Feira do Libro 2024
Rexina Vega: “É curioso que un tema tan fundamental non sexa un dos grandes temas da literatura”
Entrevista a Rexina Vega na Radio Galega:
“Con forma de diario, é unha posta en cuestión dos modelos sociais e a construción da maternidade, unha reflexión sobre os arquetipos, a relación nai-filla, os coidados, e tamén unha interpelación sobre o tema no marco teórico dos feminismos “Hai moi pouca reflexión aínda no seo do feminismo sobre a implicación da maternidade”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
A Coruña: “O patronato franquista: un inferno para as mulleres aínda descoñecido”, palestra de Montse Fajardo
A Coruña: “Coser a ferida. Acción poético artística colectiva pro Palestina”
A Coruña: conversa “Galicia contra a peste”
A Coruña: recital/conferencia “Ti, nós, Palestina”, por Lois Diéguez
Santiago de Compostela: “Galego Vivo, Galiza Viva. Maniféstate pola Lingua!”, desde Queremos Galego, o 17 de maio
MANIFESTO
“En setembro de 2024 faranse 20 anos da aprobación por unanimidade parlamentar do Plan Xeral de Normalización da lingua galega. Elaborado coa participación de máis de 1000 persoas de todos os ámbitos, con 400 accións e medidas concretas en cada un deles, non só non se desenvolveu senón que se produciron importantes retrocesos.
Para unha Galiza viva, activa e consciente das súas capacidades, precisamos dun goberno realmente comprometido coa súa obriga de promover o uso, presenza e disposición do idioma, cun galego vivo.
Vivo nun ensino en galego, que garanta a competencia no noso idioma permitindo a incorporación de novos falantes e o coñecemento da nosa realidade fronte ao actual modelo desgaleguizador.
Vivo nun audiovisual que, como reclama a Iniciativa Xabarín, garanta a oferta en versión orixinal ou lexendada e cumprimento dos mínimos que estabelece a lei para menores de 12 anos.
Vivo na administración, nos servizos públicos, na sanidade, na xustiza, nas relacións e información comercial, onde a atención inicial en galego -oferta positiva- que indicaba o PXNLG debe ser garantida incluíndo a disposición da lingua nas xestións telefónicas, telemáticas ou presenciais.
Vivo na pegada da lingua sobre o territorio en todos os seus espazos e lugares, a que de novo pretenden borrar e perseguir coa permisividade dos gobernos central e autonómico.
É hora de os gobernos asumiren a súa responsabilidade legal e moral co idioma, a comezar pola Xunta de Galiza, e acompañar á sociedade que actúa e se mobiliza día a día para termos o galego vivo, Galiza viva.”
Máis información aquí.









