Desde
Nós Diario:
“O Eusebio Lorenzo Baleirón é un dos premios de poesía máis prestixioso da Galiza. Convócase desde 1988, organizado polo Concello de Dodro, e ademais de promover e incentivar a poesía en galego ten como finalidade lembrar e homenaxear o poeta de Laíño Eusebio Lorenzo Baleirón, morto prematuramente en 1986. (…)
O Concello de Dodro vén de anunciar que a Xunta deixa de colaborar con este premio argumentando desde a Dirección Xeral de Políticas Culturais que na publicación do libro premiado en 2019 (Voz do Arqueiro, de Antón Blanco) non figuraba o logo da Administración galega.
Un argumento que sorprende no Concello de Dodro, que a través dunha carta remitida á Xunta por rexistro xeral e correo electrónico lémbralle que o logo da Administración galega non figuraba en ningunha obra premiada en anteriores edicións. “Se hai que facelo a partir deste ano, estamos dispostos”, acrecentan.
Porén, indican desde o Goberno local, non obtiveron resposta malia que xa pasaron dous meses. Subliñan, ademais, que a Concellería de Cultura e Patrimonio está “firmemente disposta” a continuar con este premio de poesía “aínda que a Xunta non colabore”.”
Rocío Leira le un fragmento de Trescatorcedezaseis
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de Trescatorcedezaseis pola súa autora, Rocío Leira, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Ames: recital de poesía virtual, o 1 de maio
Andrea Maceiras le un fragmento de Conta nove estrelas
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de Conta nove estrelas por parte da súa autora, Andrea Maceiras, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Chus Pato, Manuel Rivas, Luz Pozo: poetas galegas no portal internacional ‘Asymptote’
Desde
Nós Diario:
“Escritoras recoñecidas como Chus Pato, Luz Pozo ou Manuel Rivas conforman unha selección de autoras e autores galegos entre os que tamén figuran algunhas voces máis novas da literatura galega. É o caso de Ismael Ramos, Alba Cid ou Lara Dopazo.
As súas obras, traducidas ao inglés, pódense consultar no portal internacional de poesía Asymptote, coa colaboración do Consello da Cultura Galega.
Baixo a etiqueta Galician Poetry Feature e a coordinación do tradutor Jacob Rogers, a entidade cultural destaca que coa achega destas escritoras o sitio web “ofrece una mostra ampla de temas, contidos e estilos que amosan a riqueza” da poesía galega.
O Consello da Cultura salienta, ademais, que Asymptote é un dos espazos en liña “de referencia mundial” da literatura de tradución, nun momento de incremento da lectura en soportes dixitais. Trátase dun escaparate mundial de novas traducións que conta con cinco millóns de seguidores. Desde su creación, en 2011, a web recompila obras de 121 países en 103 idiomas diferentes.
Na mesma plataforma, á escolma das escritoras galegas súmase tamén a tradución ao inglés dos poemas de autores como Kathleen March, Erin Moure, Jonathan Dunne ou o propio Jacob Rogers.”
María Solar le un fragmento de As horas roubadas
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de As horas roubadas por parte da súa autora, María Solar, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Pere Tobaruela le un fragmento de En branco e negro
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de En branco e negro polo seu autor, Pere Tobaruela, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Polafías Polavida, Homenaxe a Isidro Novo (III)
Desde
a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
Isidro Novo (1951-2018) foi compañeiro das Polafías da AELG desde a de Vilamartín de Valdeorras (15 de novembro de 2008), ata a celebrada nas Pontes (26 de novembro de 2017).
Hoxe Isidro Novo recita “Moraima” (de Celso Emilio Ferreiro), lido na polafía de Ferreiravella (Riotorto) o 6 de decembro de 2008.
Esta é a ligazón ao vídeo.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.
En 2020 non se convoca o Premio de poesía Victoriano Taibo
“O
Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, entidades que anualmente convocan o Premio de Poesía Victoriano Taibo, ante a situación que estamos pasando polo confinamento e a imposibilidade de celebrar actos públicos, decidiron suspender a convocatoria do premio de poesía deste ano.
Lamentando moito as circunstancias que obrigan a tomar esta decisión, consideran que sería moi difícil poder facer a convocatoria sen ter a seguridade de que se poidan levar a cabo tódalas súas fases, que sempre culminan co acto público de entrega do premio e a presentación pública da obra premiada e a homenaxe a Victoriano Taibo, coa presenza dos seus familiares.
O IEM ante estes feitos está preparando outro tipo de acto que lembre o homenaxeado e manteña viva a súa memoria, agardando que chegado o día a situación social sexa mellor e se poida facer vía dixital unha lembranza cos autores premiados nas XII edicións anteriores.
Os desexos do IEM son de que a nosa veciñanza se recupere deste andazo, que poida gozar da poesía nas súas vidas e recordar as nosas xentes que xa sufriron no pasado etapas dolorosas e souberon saír adiante, como Victoriano Taibo e os seus veciños de Morgadáns.
O IEM seguirá a pedir un día das Letras Galegas para Victoriano Taibo, e organizando, no ano que vén, o premio de poesía que leva o seu nome.
Gondomar, a 27 días do confinado mes de abril de 2020.”
Henrique Dacosta le un fragmento de Illas a sotavento
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de Illas a sotavento polo seu autor, Henrique Dacosta, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
