Noia: entrega do XV Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos

OAntón Avilés de Taramancos sábado 5 de novembro, ás 12:30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Noia terá lugar o acto de entrega do XV Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. O traballo premiado este ano foi Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro de Alex Bayorti.
Este premio está dotado con 3.000 €, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa e da publicación da obra gañadora. O Certame está organizado polo Concello de Noia en colaboración coa revista Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia.

Lalín: presentación de As horas roubadas, de María Solar

OMaría Solar venres 4 de novembro, ás 20:30 horas, no Museo Ramón María Aller Ulloa, en Lalín (Rúa Ramón Aller, 9), terá lugar a presentación da novela As horas roubadas, de María Solar, publicada por Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Lalín, participa, xunto á autora, Gracia Santorum.

Bases do X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

“Ateatroazul Radio Galega, a través do programa Diario Cultural e coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza a décima edición dun premio que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato do teatro radiofónico. Non se trata tanto de recuperar as fórmulas convencionais do radioteatro como de estimular a creación de pezas dramáticas contemporáneas e facilitar unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes artísticas na radio.
As obras seleccionadas polo xurado emitiranse na Radio Galega e editarase nun libro-CD. Outorgaranse os Premios do Xurado e da Audiencia, dotados cada un deles con 3.000 euros.

BASES

1. Poderán participar tódolos escritores e escritoras que o desexen, sempre e cando non manteñan unha relación laboral coa Corporación RTVG, S.A.
Os participantes deberán ser maiores de 18 anos.
2. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e non poderán ser adaptacións. Deberán estar libres de todo compromiso anterior con emisoras de radios, televisións, editoriais ou entidades semellantes.
3. Os traballos adoptarán o formato de guión radiofónico dramático. Estarán calculados para que a súa duración en antena sexa de dez minutos como máximo. As obras terán un elenco de cinco personaxes como máximo. Os autores/as poderán utilizar, coas indicacións pertinentes, cantos recursos radiofónicos consideren necesarios para que o texto sexa realizado de maneira axeitada: música, planos sonoros, efectos etc. O director ou directora das dramatizacións radiofónicas poderá facer as adaptacións necesarias para a súa realización e emisión. Cómpre ter en conta que as obras serán emitidas nas distintas faixas horarias, tamén en horario infantil.
4. Non se admitirán máis de dous guións por autor/a e de cada obra presentaranse o orixinal e cinco fotocopias. Os/as autores/as concursarán polo sistema de plica. En sobre pechado deberán facer constar o seu nome, apelidos, DNI, enderezo postal e número de teléfono. Os traballos faranse chegar por correo ó seguinte enderezo
Radio Galega, Diario Cultural
X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
San Marcos 15820. Santiago de Compostela
Conservaranse durante un mes a partir da data na que se faga pública a resolución do xurado e logo destruiranse.
O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 18 de decembro de 2016.
5. Os argumentos das obras serán de temática libre.
6. O xurado estará integrado por profesionais de recoñecido prestixio do ámbito da escena galega e da radio.
O xurado valorará especialmente a calidade literaria e dramática das obras e a súa adaptación ó medio radiofónico.
7. Os/as autores/as comprométense a autorizar a dramatización e emisión pola Radio Galega das obras presentadas, de seren estas seleccionadas, así como a súa edición en libro-CD e a súa publicación na web da CRTVG. A tal fin os/as autores/as premiados e finalistas ceden á Televisión de Galicia, S.A. os dereitos de comunicación pública, reprodución e distribución precisos para a posta en antena da obra e a súa primeira edición en libro e disco compacto.
Os/as autores/as que o desexen poderán enviar co texto as gravacións das dramatizacións en soporte de CD. As gravacións non serán tidas en conta na valoración dos textos teatrais polo xurado, pero, de seren finalistas os textos, si serán emitidas pola Radio Galega para a votación da audiencia en lugar da dramatización realizada polo equipo artístico.
8. O xurado escollerá entre as obras presentadas catro finalistas como máximo. Unha vez escollidas, procederá á apertura das plicas e fará pública a autoría das obras finalistas. A partir dese momento, a dirección das adaptacións poderá consultar cos/coas autores/as para a produción da obra. A audiencia e o xurado valorarán cada unha das pezas radiofónicas resultantes. As obras seleccionadas serán emitidas pola Radio Galega.
9. Das obras emitidas o xurado outorgará un premio único dotado con 3.000 euros e a audiencia escollerá por votación a obra que obterá o Premio do Público, dotado con 3.000 euros. O xurado reserva para si a facultade de declarar deserto o premio convocado.
Os premios están suxeitos ás retencións legalmente establecidas.
10. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.
11. O feito de concursar supón a aceptación destas bases, que poden ser consultadas na web da crtvg.es.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os datos de carácter persoal recollidos ó abeiro deste certame serán incorporados a un ficheiro do que é responsable TVG, S.A., con sede en Bando – San Marcos s/nº, 15820 Santiago de Compostela, co fin de resolver a xestión e difusión do concurso. Os interesados poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo unha solicitude asinada por escrito ó Servizo de Informática da CRTVG no enderezo sinalado, xunto cunha copia do seu DNI.
Os/as autores/as premiados autorizan a comunicación dos seus datos persoais a través dos medios de comunicación e da páxina web da Radio Galega co fin de anunciar os gañadores.”

Compostela: “Panorama das iniciativas culturais galegas na rede”, o 8 de novembro, no Consello da Cultura Galega

Desdepanorama-das-iniciativas-culturais-galegas-en-rede o Consello da Cultura Galega:
“A cultura e os contidos culturais son un eixe central do consumo e do uso de Internet na actualidade, tanto en Galicia como noutras partes do mundo. O abaratamento de custos e as facilidades de acceso posibilitan que, nos últimos anos, observemos en Internet un importante incremento de cibermedios e servizos culturais iniciados con accións de emprendemento por individuos ou pequenos equipos que exploran un espazo non só de lectores, senón de sustentabilidade económica e social.
Esta xornada quere ofrecer unha visión actual das iniciativas culturais na rede en Galicia, coñecer os mecanismos que empregan para o seu funcionamento e contextualizala no ámbito internacional.
Para isto contaremos coa presenza dos investigadores João Canavilhas, da Universidade da Beira Interior, Håkan Casares (Consello da Cultura Galega), Alberto Marinelli (Università da Sapienza, Roma) e Andreu Casero Ripollés (Universitat Jaume I, Castellón), de representantes de experiencias galegas sostibles (Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Campo Galego, Teo Vivo, Que pasa na costa) e unha panorámica de revistas culturais dixitais da man de Alfredo Ferreiro (Palavra Comum), Lara Rozados (A Sega) e Daniel Lavesedo (GZ Música).”
O programa completo pode descargarse aquí. Máis información e inscrición, nesta ligazón.

Ribeira: presentación de Elas, de Aurora Marco

cartaz_elas

Ferrol: presentación de Curso de Linguística Geral, de Ígor Lugris

AIgor Lugris sexta feira 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travesa dos Batallóns, 7 – Esteiro), en Ferrol, terá lugar a presentación do libro de poema de Ígor Lugris Curso de Linguística Geral, publicado por Através. No acto, o autor estará acompañado por Susana Sánchez Arins.

Compostela: presentación de As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX

Airmandades-da-fala-laiovento sexta feira 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, preséntase o libro As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX, publicado en Laiovento, con Justo Beramendi, coautor do libro, e Uxío-Breogán Diéguez, coordinador e tamén coautor do libro.