Desde Positivas:
“O xurado vén de informar que a obra gañadora da VII edición do premio Narrativas Quentes é a titulada Corazón e demais tripas, da que é autora Emma Pedreira, autora de longa traxectoria.
Esta experiencia da autora, principalmente como poeta, nótase na excelente escrita, na fermosura das súas descricións e na precisión da linguaxe. Os rexistros son múltiples, desde os próximos ao realismo máis brutal ate a prosa poética. Sempre hai unha contención para deixar abertas outras posibilidades. Contención rodeada sempre de certo misterio. (…)”
A Coruña: presentación-coloquio sobre Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María, con Mercedes Queixas
O mércores 20 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca do Ágora, na Coruña, terá lugar a presentación-coloquio sobre Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas, publicado en Galaxia. No acto, con entrada libre, haberá un encontro da escritora cos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña.
A Coruña: A acción cultural de base, no ciclo Políticas culturais na Galiza
O xoves 21 de abril, ás 12:30 horas, no Salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, terá lugar, dentro do ciclo Políticas culturais na Galiza, organizado pola área de Filoloxías Galega e Portuguesa co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, o coloquio A acción cultural de base, coa participación de Pilar García Negro (presidenta de Galiza Cultura) e un representante do Centro Social Gomes Gaioso da Coruña.
Sarria: presentación de A peito descuberto. Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño, de Yago Rodríguez Yáñez
Vigo: presentación de Os Borbóns: unha monarquía escandalosa, de Manuel Monge
O xoves 21 de abril, ás 19:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Edicións Laiovento e a propia libraría presentan Os Borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo, de Manuel Monge. No acto, xunto ao autor, participa Telmo Comesaña.
Cangas: presentación de Historia do nobre Ponto, traducida por Henrique Harguindey
Compostela: presentación de Onde os alacráns, con Marilar Aleixandre
Ferrol: presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
Betanzos: homenaxe a Manuel María e presentación de 6 poemas 6
Ledicia Costas viaxará a Nova York en maio para falar dos seus libros
Desde Xerais:
“A escritora Ledicia Costas viaxará a Nova York o vindeiro mes de maio, convidada polo Instituto Cervantes, par desenvolver, durante os días 20 e 21, un amplo programa de actividades con diversas conferencias e encontros, dentro do marco do XXV Simposio de Literatura Infantil e Xuvenil. Logo de Escarlatina. A cociñeira defunta, co que a autora obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, acaba de publicar Esmeraldina, a pequena defunta. Ambos os dous libros están ilustrados por Víctor Rivas.
Nesta ligazón en pdf pode verse o programa completo da estadía de Ledicia Costas en Nova York.”