Desde
Cultura Galega:
“A Salasón de Cangas acolleu na noite deste martes a celebración do I Torneo de Dramaturxia de Galicia, unha iniciativa que se integra na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas en colaboración con DramaturGA, Asociación Galega de Dramaturxia. A iniciativa reuniu textos de seis autores teatrais que foron lidos de xeito dramatizado por actores e actrices. O público foi o responsable de seleccionar o preferido. Con Esther F. Carrodeguas como mestra de cerimonias, competiron no evento creacións de Noelia Toledano, AveLina Pérez, Afonso Becerra de Becerreá, Roi Vidal Ponte, Carlos Labraña e Julio Fernández. Finalmente foi AveLina Pérez a que se impuxo co texto Os arroaces son animais sucios e desesperados. A obra é un diálogo entre unha muller soa e un robot de compañía con quen se dispón a compartir unha velada romántica.”
A Coruña: presentación de Ser Modou Modou, de Cheikh Fayé
Faleceu Carlos Mosteiro
A
AELG lamenta fondamente a perda de Carlos Mosteiro, que faleceu o pasado 3 de xullo, despois dunha fructífera vida dedicada ao ensino e á literatura.
Máis información aquí.
Día das diversidades sexuais 2017. Construíndo diversidade
A
secretaria xeral da AELG foi convidada a participar dos actos organizados pola Deputación Provincial da Coruña con motivo da conmemoración do “Día das diversidades sexuais” o 28 de xuño de 2017. Desde a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña organizouse unha campaña de sensibilización provincial baixo o lema “Construíndo diversidade”, co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como normalizar a comunidade LGTBQI. Participaron nesta campaña 31 concellos da provincia da Coruña.
Estas foron as palabras da Secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas Zas, dentro do programa de actos:
Carballo: actividades do sábado 8 e domingo 9 na Praza dos Libros
Finaliza
esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 6 ao 9 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para os días 8 e 9, destacamos os seguintes:
Sábado 8
– 11:00 h. Ruta urbana polos murais dos proxectos de arte urbana carballeses, coa participación de escritores e escritoras autores/as do libro Derrubando muros con pintura (Engaiolarte), que falarán dos seus relatos nos distintos murais sobre os que escribiron.
– 11:30 h. Brinca vai, concerto infantil de Paco Nogueiras (sobre o libro-CD homónimo publicado por Kalandraka).
– 13:00 h. Fernando Cabeza Quiles presenta Galicia, o galego e os galegos, publicado por Toxosoutos.
– 19:30 h. Rosalía Fernández Rial e Diana Varela Puñal asinarán exemplares das súas últimas obras.
Domingo 9
– 11:30 h. Presentación do proxecto Phottic e das súas publicacións Mar de invernía, de Héctor Pose e De Arsenio a Arsenio, de Xan Fraga. Con Manuel Pan.
– 18:30 h. O contador de contos: Alba Bermúdez representa unha peza infantil baseada en relatos do escritor Carlos Casares.
– 20:00 h. Presentación de Devalar sen pel, de Modesto Fraga, publicado por Espiral Maior, que acadou o 19° Premio de Poesía Concello de Carral. Acompañarao o tamén poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 21:00 h. Atesourando a palabra. Homenaxe poética e musical ao benquerido Paco Souto, poeta, axitador cultural, político e percebeiro, recentemente falecido.
Bases do XXII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
Alba de Gloria no Pico Sacro 2017, o sábado 22 de xullo
A
Federación Galiza Cultura comezou a realizar este acto no 2011 no que se conmemorou o 125 aniversario de Castelao coa total ausencia e mesmo hostilidade das institucións políticas e culturais da Galiza e no marco dunha ofensiva contra a nosa lingua e cultura como non se sofrera desde había décadas.
Castelao tamén acudiu ao Pico Sacro no 1924 logo do golpe militar de Primo de Rivera no que quedaban proscritas a nosa lingua e cultura e paralizado o rexurdimento iniciado polas Irmandades da Fala. Naquela viaxe Castelao reafirmou a súa identificación cun espazo físico que foi soporte do espírito do noso pobo, un lugar sobre o que se ergueu unha identidade perseguida e negada. Por iso no exilio volveu a a este sitio cando escribiu o Alba de Gloria. E por iso nós volvemos sobre os seus pasos lendo o este discurso para conmemorar o día da Patria Galega, o Alba de Gloria, que leremos máis un ano, o sábado antes do 25 de xullo, no cumio do Pico Sacro.
Programa
12:00 h. Chegada ao Pico e concentración na fonte roubada do Pico Sacro.
12:30 h. Benvida na chaira da capela do Pico Sagro a cargo da escritora Marica Campo e a continuación subida do último treito deste monte.
12:45 h. Izado da bandeira. Lectura de Alba de Groria de Castelao por representantes das A. C. O Galo de Santiago, Papaventos de Vedra, O Castro de Vigo e Vagalumes da Estrada. Canto do himno galego e baixada con paradas nas dúas covas e explicacións a cargo de Iolanda Aldrei.
14:00 h. No adro da capela do Pico Sacro actuará o grupo de pandeiretas Raiola da A. C. Manuel Gacio de Lestedo, que este ano obtiveron o Premio Xacarandaina.
15:15 h. Xantar en “Casa Mosqueiro”, San Mamede de Rivadulla.
Escoller menú e anotarse aquí antes do 20 de xullo.
Roteiro
17:30 h. Saída de “Casa Mosqueiro”
Couto de Pesca de Ximonde.
Área de Agro Novo.
Casa-Museo da Pesca no río Ulla.
Dous edificios construidos a comezos do s. XX grazas á financiación das sociedades dos emigrantes en Arxentina.
Fervenza do rio Pereiro.
Ordes: presentación de A relixión do mar, de Xosé Iglesias
O
sábado 8 de xullo, ás 20:00 horas, no Museo do Traxe de Ordes (A Feira, 5), preséntase A relixión do mar, de Xosé Iglesias, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos. No acto, xunto ao autor, participa José Jacobo Ríos.
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 8
O
sábado 8 de xullo finaliza a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. O mundo de Carliños, espectáculo musical de Luís Vallecillo baseado en Carlos Casares.
– 19:45 h. Salvador Rodríguez presenta Historias de galegos extraordinarios, publicado por Belagua.
Carballo: actividades do venres 7 na Praza dos Libros
Chega
unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 6 ao 9 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o venres 7, destacamos os seguintes:
– 12:00 h. Presentación do libro ilustrado Kosmocán, de Alberto Varela Ferreiro, coa participación de nenas e nenos que dramatizarán o conto.
– 18:30 h. Concerto infantil a partir dos libro-discos Teatro de Guiñol e Lucecús, de Pirilampo (Galaxia). Colabora: Ler Conta Moito – Xunta de Galicia.
– 20:00 h. Presentación de Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé María Lema, publicado por Xerais. O autor estará acompañado por Xosé Manuel Varela.
– 21:00 h. Presentación de Contos mariños de Carballo, de Xabier Maceiras, publicado polo Concello de Carballo. O autor estará acompañado por Fernando Patricio Cortizo e Xosé Regueira.



