Actividades destacadas nos centros de ensino no Día de Rosalía 2016 (III)

ChegandoMobiliza Rosalía ao final do curso, divulgamos parte das actividades que tiveron lugar en diversos centros de ensino galegos no Día de Rosalía 2016, unha acción promovida pola AELG que cada ano ten unha relevancia crecente na comunidade educativa galega:

 

 

 

Cambre: entrega de premios do Concurso Adopta un animal de conto

Nota_de_prensa_Entrega_de_Premios_D_a_Internacional

As editoras reunidas no Galeusca en Valencia demandan plans integrais de fomento da lectura

“As RepresentacionGalegaGaleusca_FotoAGEempresas editoras galegas, vascas e catalás, reunidas os días 16 e 17 de xuño no Galeusca de Valencia, demandan plans integrais de fomento da lectura nos que estean implicados todos os axentes sociais. Para os editores que formaron parte deste encontro, a escola, as familias, as bibliotecas e o sector do libro no seu conxunto deben participar de forma activa e responsable na implantación efectiva de hábitos de lectura.
De igual xeito, os representantes editoriais presentes na cita manifestaron a súa incerteza ante o novo modelo de negocio dixital malia que apostan por profundar en novas vías que garantan a sustentabilidade do mesmo.
Antes de rematar a xuntanza, os editores acordaron que sexa Galicia a sede do encontro Galeusca 2018 na que será a súa novena edición, unha cita que será organizada pola AGE coa colaboración da Associació d’Editors del Pais Valenciá, a Euskal Editoreen Elkartea e a Associació d’Editors en Llengua Catalana.
Coa redacción das conclusións pechouse un encontro que xa se consolida logo de 20 anos de reunións e debates conxuntos.

CONCLUSIÓNS GALEUSCA DE EDITORES 2016

Os editores en lingua catalá, galega e vasca, reuníronse no Centre do Carme de Valencia os días 16 e 17 de xuño no encontro GALEUSCA de editores, organizado pola Associació d ́Editors do País Valencià, en colaboración coa Asociación de Editores en Lingua Vasca, a Asociación de Editores en Lingua Catalá e a Asociación Galega de Editoras.
Ditas asociacións de editores agrupan a máis de 200 empresas editoras, cuxa produción anual supera os doce mil cincocentos títulos entre as tres linguas, valoran moi positivamente estes encontros e acordan as seguintes conclusións:

1. Posibilitar unha maior colaboración entre as empresas editoras, compartindo experiencias e estratexias, apostando pola calidade e a biodiversidade.
2. Manifestar a incerteza ante o actual modelo de negocio da edición dixital e profundar en novas vías que aposten pola sustentabilidade do mesmo, así como polos mecanismos que dean visibilidade á edición nas linguas cooficiais.
3. Manter a nosa responsabilidade como editores de achegar á sociedade contidos de máxima calidade, sexa cal for o seu soporte.
4. Instar novamente as administracións públicas á racionalización do IVE cultural e a adoptar medidas efectivas na loita pola defensa da propiedade intelectual e a erradicación da piratería.
5. Avaliación periódica dos modelos de préstamo dixital, solicitando ás administracións públicas que os recursos se destinen á compra de contidos.
6. Solicitase as administracións públicas que os programas de fomento do libro e a lectura conten coa corresponsabilidade e participación de todos os axentes sociais: familia, escola, sector do libro, bibliotecas, etc.
7. Establecer un maior diálogo e implicación de todos os sectores da cadea de valor do libro coas administracións públicas para implantar políticas culturais efectivas que poñan en valor o libro e a lectura como principais elementos dinamizadores dos procesos culturais. Ditas políticas deben materializarse na posta en marcha de plans estratéxicos dirixidos ao fomento ao lector e deben facer un especial fincapé na lectura en lingua propia, así como o desenvolvemento e aplicación da lexislación vixente as diferentes comunidades autónomas.”

Compostela: presentación do libro colectivo Atlas arqueolóxico da paisaxe galega

O Atlas arqueolóxicomartes 21 de xuño, ás 19:00 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, segundo andar), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, de Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas Domínguez (editores) e Anxo Rodríguez Paz (edición gráfica), publicado por Xerais. No acto participan Ramón Villares, Felipe Criado, César Parcero Oubiña e Manuel Bragado.

Xurxo Alonso gaña o Premio de Poesía Cidade de Ourense

Desde La Voz de Galicia:
Cartas da fronteira, do pintor e escritor Xurxo Alonso, foi elexida polo xurado entre os 57 orixinais presentados a concurso este ano
O escritor e pintor vilagarcián Xurxo Alonso converteuse no gañador do XXXII Premio de Poesía Cidade de Ourense 2016. O xurado reuniuse no Liceo para elexir a mellor das cincuenta e sete obras presentadas a concurso, nunha convocatoria que está aberta a todos os cidadáns da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (as obras poden estar escritas en galego ou en portugués). Isabel Alves, Fernando de Castro, Luciano Rodríguez, Amalia Mosquera e Luís González Tosar elexiron Cartas da fronteira, do consolidado escritor vilagarcián, como o orixinal que reunía as condicións para ser Premio de Poesía Cidade de Ourense 2016. A convocatoria está dotada con 6.000 euros e a publicación do libro. (…)”

Vídeo do discurso de Cesáreo Sánchez na I Gala do Libro Galego

Vídeo do discurso de Cesáreo Sánchez en representación das presidencias das entidades convocantes da I Gala do Libro Galego, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia.

Actividades destacadas nos centros de ensino no Día de Rosalía 2016 (II)

ChegandoMobiliza Rosalía ao final do curso, divulgamos parte das actividades que tiveron lugar en diversos centros de ensino galegos no Día de Rosalía 2016, unha acción promovida pola AELG que cada ano ten unha relevancia crecente na comunidade educativa galega: