Crónica da excursión inaugural da Ruta Costa do Solpor
Desde o blogue Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez:
“(…) Organizada polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) e coa colaboración da Asociación de Escritoræs en Lingua Galega (AELG) o pasado 17 de outubro tivo lugar a primeira excursión ou excursión inaugural da Ruta Costa do Solpor, ruta que combina o turismo coa literatura, pois pretende levar os viaxeiros no tempo polos principais escenarios nos que se desenvolveu, en agosto de 1761, a narración.
Lembremos que Costa do Solpor empeza onde remata A illa do tesouro, a famosísima obra do escritor escocés Robert Louis Stevenson, e esta é a sinopse da súa trama:
Un descoñecido escritor en lingua inglesa narra polo miúdo, a finais do séc. XIX, a viaxe de volta da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro conseguido tras múltiples penalidades nunha perdida illa do Atlántico. Tal viaxe de volta non fora o camiño de rosas da narración stevensoniana, pois o navío tivo serios contratempos na costa galega máis occidental, a chamada Costa do Solpor ou do Solposto, ó ser abordada fronte ó cabo Vilán por dous navíos corsarios con base no porto da Coruña. O destino da goleta era ser incendiada, despois de lle quitar o seu tesouro, con todos os seus tripulantes dentro en mar aberto; pero o grumete Jim Hawkins logra escapar e acadar a costa, onde coñece un mozo pegureiro chamado o Chavián e unha valente fidalga chamada dona Mariña de Lobeira que o van axudar a salvar os seus compañeiros dunha morte certa e recuperar o seu tesouro.
Éxito de convocatoria: todas as prazas cubertas (55)
O SEMESCOM anunciara a excursión no seu web con quince días de antelación, e no prazo dunha semana xa practicamente estaban cubertas todas as prazas, que nun principio eran 50, pero que houbo que ampliar a 55 atendendo algunhas peticións. Nin que dicir ten que houbo lista de espera, pero ninguén se deu de baixa a última hora. O éxito de convocatoria foi total; faltaba por ver se tamén sería exitoso o desenvolvemento do percorrido cos seus horarios tal como prepararan dous membros do Seminario. (…)”
Vigo: presentación de O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira
Compostela: lanzamento de seique, de Susana Sánchez Arins
Carballo: cuarta sesión da Escola do Espectador no FIOT, con Camilo Franco
Compostela: debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza
O mércores 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide-Vide (Rúa do Santo Antonio, 10, baixo), de Santiago de Compostela, terá lugar un debate-presentación de Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, libro publicado en Galaxia, nun acto organizado pola A. C. O Galo, onde intervirán Xusto Beramendi, Joám Evans Pim, José Antonio Portero Molina, Xavier Vence e Víctor F. Freixanes, quen presentará e actuará de moderador.
Bueu: presentación de Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo
Antón Fernández de Rota publica o ensaio Sexo e monstruosidade
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”O monstro é unha figura de resistencia, aquilo que non se amolda ao que está pautado”. Axóuxere edita esta xenealoxía da polícia sexual, Sexo e monstruosidade, de Antón Fernández de Rota. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral a actualidade, con Fina Casalderrey e Helena Villar Janeiro
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral a actualidade, que se desenvolve do 19 de outubro de 2015 ao 9 de novembro de 2015, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Terá lugar na Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades, Campus de Ourense (como chegar).
Todas as sesións serán ás 17:00 horas, e con entrada libre.
Información e coordinación: Isabel Mociño González, imocino@uvigo.es
26 de outubro
A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras.
– Fina Casalderrey (mestra e escritora).
– Helena Villar Janeiro (mestra e escritora).
3 de novembro
Oralidade e dramaturxia infantil. Das nais ás mestras.
– Paula Carballeira (contacontos, actriz e escritora).
9 de novembro
A poesía infantil. Música dende o colo materno.
– Antonio García Teijeiro (mestre e poeta).
Clausura.
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 17 de outubro, con Dores Tembrás
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria, da man de Dores Tembrás, que tivo lugar o pasado 17 de outubro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.