Cuntis: presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago
Santa Comba: presentación de As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes
O
venres 22 de xuño, ás 21:00 horas, na Libraría Ler (Rúa Rosalía de Castro, 32) de Santa Comba, preséntase o libro As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Pablo Vaamonde García, Isabel Ares, José Manuel López Tuñas e Che Turnes.
Ferrol: presentación de Café só, de Anabel Alonso
O
venres 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32) de Ferrol, preséntase a primeira obra de Anabel Alonso, Café só, libro de relatos publicado en Morgante Edicións. No acto, xunto á autora, participa Eduardo Estévez.
Lugo: presentación da Escola de Narración Oral da AELG
O
luns 25 de xuño, ás 20:00 horas, na Praza de Ánxel Fernández López (detrás da Casa do Concello de Lugo), preséntase a Escola de Narración Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que botará a andar coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da lingua do Concello de Lugo. Contará coa presenza de Antón Bao, concelleiro, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Antonio Reigosa, vogal e coordinador da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG. Ao remate do acto, o Grupo Palimoco Teatro representará un fragmento de Queres que cho conte?, proxecto de dramatización do conto popular tradicional.
O primeiro dos obradoiros de narración oral terá lugar na cidade de Lugo, no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, entre setembro e decembro deste ano, impartido por Antonio Reigosa e Isidro Novo. O prazo de inscrición ábrese o mércores 27 de xuño e a solicitude realizarase no Edificio Administrativo do Concello de Lugo (Ronda da Muralla, s/n). Pode descargar aquí o modelo de solicitude. O obradoiro, gratuíto, está dirixido a persoas de máis de 15 anos.
Deixamos aquí este vídeo co acto da presentación:
Entrevista a Xabier P. Docampo nos Premios Xerais 2012
Entrevista a Xurxo Souto, nos Premios Xerais 2012
Xosé Ramón Barreiro: “Hai lendas falsas sobre Murguía, como que maltrataba a Rosalía ou que tiña priapismo”
Entrevista
de Santiago Jaureguízar a Xosé Ramón Barreiro en El Progreso:
“(…) – El Progreso (EP): Son consciente de que vostede non usa Twitter, pero hai uns días lía a varios usuarios recoñecendo que descubriran a importancia de Murguía grazas ao seu estudo.
– Xosé Ramón Barreiro (XRB): Murguía foi unha figura excelsa, non o digo porque o estudase, que o achegamento sempre aumenta o entusiasmo. Antes de comezar a facelo xa o tiña como o intelectual máis grande do século XIX. Era un escritor e un periodista extraordinario, e un gran traballador, que dignificou todo o que se refire a Galicia.
– EP: Por que unha biografía tan voluminosa?
– XRB: El quedara escurecido pola inxente figura da súa muller. Precisamente, a ausencia dunha biografía provocou que fosen aparecendo biografías coa intención de perseguir ao personaxe.
– EP: A que atribúe esa persecución?
– XRB: Uns, de Madrid, porque non participan do seu galeguismo. Outros, aquí, porque teñen unha concepción tan pechada do nacionalismo que non o valoran polo feito de que as súas obras están escritas en castelán ou por esa lenda de que as relacións con Rosalía non eran boas. Eu non intentei facer un panexírico. (…)”
A Coruña: presentación de Murguía, de Xosé Ramón Barreiro
O
xoves 21 de xuño, ás 19:30 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, preséntase Murguía, de Xosé Ramón Barreiro, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, interveñen Xosé Luís Méndez Ferrín, Víctor F. Freixanes e Alberto Núñez Feijoo.
Santiago: presentación de As meigas de Lupa, de María Solar
O
xoves 21 de xuño, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o libro As meigas de Lupa, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Xurxo Ayán, Manuel Bragado e Fran Pérez “Narf”.


