O
martes 28 de xuño, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos ((Rúa Oliva, 24) de Pontevedra, preséntase o libro de poemas A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, publicado en Espiral Maior, recente gañador do Premio da Crítica de Poesía en lingua galega.
Paco Martín: “As autoridades culturais teñen que cumprir coas súas obrigas co pobo”
Entrevista
a Paco Martín en Xornal:
“- Xornal (X): Que significa recibir a homenaxe dos compañeiros de oficio? Estas cousas sentan ben ou dan vertixe?
– Paco Martín (PM): Realmente sentar, sentan ben. Está claro que estas cousas chegan a unha certa ideade: moitas destas homenaxes dánse máis por vello que por outros méritos. Pero eu recibina con moitísimo agrado e moi satisfeito.
– X: Falar de Paco Martín é falar de Ramón Lamote, unha mítica personaxe da literatura infantil e xuvenil. Se se publicase aquel libro hoxe, nestes tempos de audiovisual e de ordenadores, tería tanto éxito entre os rapaces?
– PM: Poñerse a argallar na máquina do tempo non é doado. A verdade é que non sei moi ben como sería hoxe, pero penso que unha cousa non significa a desaparición da outra. Pode ser que hoxe haxa elementos audiovisuais que substitúen a palabra impresa de sempre, pero a xente lle segue a gustar ler e tamén lle segue a gustar o participar na historia que se conta. Ti lembrarás que Tolkien nunca quería que ilustrasen os seus libros, el prefería que o lector fose parte do que sucede nun libro. Se un está lendo que unha personaxe pasa polas beiras dun río, ten que imaxinar ese río e tamén as árbores, as vacas que están por aló e todo o que hai ao seu redor. Así un está a ser parte activa do que está lendo, mentres que nunha película na que se ve a alguén camiñando por diante dun río, xa ten o río, a paisaxe, os prados e as vacas. Nunha película está todo dado e particípase menos, pero coido que o desexo de participar na historia é eterno, vai durar sempre. Xa sexa a través da letra impresa ou da tinta dixital, os libros seguirán vivindo. (…)
– X: Nos últimos meses falouse moito da renovación da RAG e sobre o número de mulleres, pero tamén houbo quen apuntou que a literatura infantoxuvenil non está representada. Cre que iso debería mudar pola importancia do xénero?
– PM: Non son ninguén para dicirlle á Academia que ten que facer ou que non ten que facer. Unha Academia que, por certo, non é só da lingua. Se me preguntas se hai poucas mulleres na Academia, dígoche que si. Debería haber máis e non porque teña que haber unha cota, que iso me parece unha estupidez. Hai moitas mulleres máis que poden estar na Academia. Se me preguntas se Agustín ou Xabier deben estar na Academia, digo que si. Pero deberían estar por escritores, non por escritores de literatura infantil e xuvenil.
– X: Hai un ano e medio asinou, xunto o resto de Premios Nacionais galegos, unha carta pedindo a dimisión do conselleiro Varela por aquilo de que a cultura galega estaba “ensimismada”. Volvería asinar hoxe esa mesma carta?
– PM: Volvería asinala sen dúbidas, pero penso que habería que escribila en termos máis virulentos. Non se mellorou nada, só imos empeorando en todo. Iso está á vista de todo. As autoridades que deben traballar pola cultura non teñen interese. Desempeñan este traballo como poderían facer calquera outro. A nosa obriga, de todos os galegos, non só dos escritores, é esixir como se esixiu nesa carta que as autoridades culturais e educativas se comporten e cumpran coa súa responsabilidade co pobo. Penso que hai desinterese. Unha proba diso é que a maioría dos políticos falan ou escriben un galego espantoso. Son xente moi pouco interesada precisamente no que lles dá de comer. Penso que hai que loitar e desenmascarar todas as falacias que hai coa lingua.”
A Coruña: Cita a dous, encontro de música e poesía con Manu Clavijo e Estíbaliz Espinosa
O
mércores 29 de xuño, ás 20:00 h., en Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña, terá lugar unha nova edición de Cita a dous, encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas que pretende buscar un verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal. Para iso, a parella convidada (en que unha das partes pertencerá sempre ao mundo da literatura) contará cun tempo previo á data sinalada para se mergullar na obra do outro, para entrar nela e facela súa… permitindo que, unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, a retroalimentación e a experiencia compartida. Nesta segunda cita a parella está formada por música e poesía: Manu Clavijo e Estíbaliz Espinosa porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca falar non só das obras finais que se mostran, senón tamén da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos. O acto está coordinado por Antía Otero.
Agustín Fernández Paz: “A ollada da xeración estafada“
Entrevista
a Agustín Fernández Paz en Atlántico Diario, a través de Xerais:
“- Atlántico Diario (AD): Tras desta novela hai un traballo intenso de documentación.
– Agustín Fernández Paz (AFP): Partín de libros que están na rede, do Consello da Cultura, interesantísimos sobre a emigración galega en París, a emigración política e a
outra. Tamén documentais sobre o campo de eoncentración de Francia (Argelès-sur-Mer) onde foron parar os exiliados españois tras a Guerra Civil. Hai moita documentación, moitos testemuños de xentes que estiveron alí e que aínda que non saian na novela están aí.
– AD: Non hai noite tan longa é a historia dunha xeración, de galegos que marcharon fóra e dos que quedaron aquí.
– AFP: Marcharon moitísimos por diversos motivos. Consultei a un amigo que estivo en París e contoume onde se xuntaban alí os exiliados e os non exiliados, onde ligaban coas españolas, que estaban de criadas a
meirande parte delas. Lin El Ruedo Ibérico (cadernos da editora creada en París por un grupo de exiliados) que tamén aparece no libro. A propia novela, con documentación que tes, márcache o ritmo. Logo hai que facer coma os cineastas, que rodan horas de película e despois teñen que darlle forma no proceso de montaxe.
– AD: Aínda que a súa literatura se distingue por afastarse dos cánones considerados tradicionais na literatura infantil e xuvenil, formulouse esta novela de xeito distinto por ser para adultos?
– AFP: Fíxena igual cás outras, procurando facer a novela da miña vida, que é como o intento sempre. Cando
o borrador estivo lexible foi cando o editor planteou a posibilidade de sacala en edición de adultos. E desta vez díxenlle que si. Era unha experiencia nova e quería ver se cambiaba a recepción crítica.”
A Coruña: entrega do IX Premio de Poesía Novacaixagalicia a Emma Pedreira, e recital poético
O mércores 29 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro Social Novacaixagalicia (Avenida da Mariña, s/n.) da Coruña, terá lugar o acto de entrega do IX Premio de Poesía Novacaixagalicia a Emma Pedreira, tras o que a autora recitará poemas do libro premiado Antítese da ruína.
Xosé Luís Méndez Ferrín: “Me gustaría soñar que escribo alguno de los poemas de Antonio Gamoneda”
Entrevista
a Xosé Luís Méndez Ferrín en Faro de Vigo:
“- Faro de Vigo (FdV): Gamoneda rememora cómo lo conoció a usted a través del poema Roi Xordo cuando lo leyó en gallego, sintiendo un “impulso pasional”. ¿Cree que ese es un poder de todas las lenguas o en especial del gallego?
– Xosé Luís Méndez Ferrín (XLMF): No creo que nuestro idioma (la entrevista con Ferrín fue realizada en gallego y el autor exige que se aclare) tenga un algo especial. Gamoneda es un leonés; por lo tanto, siente al igual que José María Merino o la propia Eloísa Otero su proximidad más a Galicia que a Castilla. Es lo que Mateo Díaz llama cultura del noroeste, lo de poder escribir en castellano “tojo” es para ellos muy importante. Nadie en la Meseta sabe lo que es un tojo. Esa llamada a lo ancestral que tienen los leoneses hizo que Gamoneda se fijase en la poesía gallega del siglo XX.
– FdV: ¿Cómo empezaron a tener contacto con él? Usted incluso ha llegado a llamarlo “irmán”.
– XLMF: A mí, me gusta tanto lo que hace que, a veces, me daría gusto soñar que yo escribí algún poema de Gamoneda. Hay una cierta simpatía mutua. Nos conocemos desde la revista Claraboya de los años 60 en León.
– FdV: Se cumplen 35 años de Con pólvora e magnolias, poemario que abre el libro [X. L. Méndez Ferrín. Poesía fundamental. 1976-2005, edición bilingüe galego-castelán] de Calambur. ¿Puede echar la vista atrás?
– XLMF: Lo recuerdo perfectamente. Era el año 1976. No conseguí ningún editor; fue rechazado por todos. Tenía un diseño de Luís Mariño, lo edité y lo distribuí con él; era una edición de autor. No tuvo ninguna repercusión mediática; no hubo críticas; sin embargo, se agotaron rápidamente dos o tres ediciones. Ese fue el fenómeno. Tuvo más repercusión de la que yo podía pensar.”
A Coruña: presentación de Nas profundas augas do esquecemento, de Sergio Vences
O
mércores 29 de xuño, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, preséntase a novela Nas profundas augas do esquecemento, de Sergio Vences, publicada en Toxosoutos. No acto acompañará ao autor Xesús Alonso Montero.
