Premios do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo 2025

Iván Caloto gaña o VII Premio Vidal Bolaño

Desde Galaxia:
“Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, formado por Celia Díaz Núñez, escritora e dramaturga; Nadia Geijo Domenech, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do IES Ribeiro do Louro; e Raquel Castro, como secretaria do xurado, o mércores 21 de maio de 2025 ás 17:30 h. na biblioteca do IES Ribeira do Louro decide declarar gañadora desta VIII edición a obra Os rapaces só se tocan para darse de hostias, que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Iván Caloto.
O xurado destaca da peza a capacidade para afondar no miolo dos conflitos sociais e persoais; e na orixe dos prexuízos. Explora a necesidade de pertenza ao grupo que todos temos con personaxes verosímiles e recoñecibles. Obra coral que nos ofrece moitas voces, con diálogos áxiles, que axudan a configurar o drama presentado. (…)”

Xosé Antonio Neira Cruz, gañador do Premio Exeria de creación literaria 2025

Desde Nós Diario (foto do autor, desde Wikipedia):
“A proposta de creación literaria do escritor compostelán Xosé Antonio Neira Cruz resultou a gañadora da cuarta edición do Premio Exeria, co que o autor poderá desenvolver o seu proxecto de novela durante unha estadía dun mes na residencia La Baldi, situada na aldea de Montegiovi (A Toscana, Italia), e recibir unha axuda económica de 3.000 euros.
Convocado pola Concellaría de Capital Cultural de Santiago en colaboración coa Residencia Literaria 1863, xestionada pola escritora Yolanda Castaño, o Premio Exeria a proxectos de creación literaria escolleu a proposta do compostelán Xosé Antonio Neira Cruz como a gañadora da súa cuarta edición.
A decisión foi tomada por un xurado conformado por expertos da área compostelá no mundo do libro, como son Berta Dávila Fernández, Agustín Agra Barreiro e Gemma Sesar Ignacio, que estiveron asistidos polo técnico municipal de programación e xestión cultural.
O xurado valorou “a solvencia da proposta narrativa, o rigor e a coherencia do proxecto de traballo presentado e a relación da temática da obra coa contorna onde se desenvolverá a residencia”, tres cuestións que, indica a resolución, “sumadas á súa vinculación coa cidade de Santiago de Compostela, fan que a candidatura destaque pola súa adecuación aos criterios de valoración do premio”.
O escritor aloxarase na residencia Residencia La Baldi, situada na aldea de Montegiovi, no sur da Toscana, para concentrarse durante catro semanas no proxecto literario que presentou. (…)”

Pazo de Tor, Monforte: V Xornadas Pacegas, o 2 e 3 de xuño

Abril Camino, Érica Esmorís e Andrea Maceiras, Premios Xerais 2025

“Manuel Rivas: No confín, a boca da literatura”, por María López Sández

Na páxina web da AELG pode consultarse o traballo divulgativo Manuel Rivas: No confín, a boca da literatura, elaborado por María López Sández, con versións en galego e inglés, que contou coa colaboración de CEDRO. Pode descargarse e lerse libremente nesta ligazón.