Betanzos: presentación de De rosa antiga e inauguración de exposición de Helena Villar Janeiro
Insua, Vilalba: XIV Tasca do Liño
Baio, Zas: Xornada “As múltiples pegadas de Enrique Labarta Pose”
O Courel: Eidos de Outono 2022
Ferrol: acto reivindicativo pola rehabilitación da casa de Carvalho Calero
Allariz: XII Xornadas Romasanta 2022
A Coruña: V Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Prohibido calar! Bibliotecas escolares, espazo de diálogo, o 27 de outubro
A AELG colabora coas V Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura: Prohibido calar! Bibliotecas escolares, espazo de diálogo, actividade da Universidade da Coruña, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A actividade terá lugar o 27 de outubro, ás 16:30 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire e Patricia Carballal Miñán, da Facultade.
O obradoiro-coloquio conta coa presenza de:
– Diego López, da Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán.
– Iván Pena, da Biblioteca do CRA de Culleredo.
– Patricia Prado, da Biblioteca do CEIP San Pedro de Visma.