Desde Editorial Galaxia:
“Reunido o xurado do XIV premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, integrado polas escritoras Marica Campo, Oriana Méndez e Arancha Nogueira, gañadora da edición anterior; así como polo escritor e editor Marcos Calveiro, en nome da Editorial Galaxia e tamén por Miguel Anxo Mouriño, en nome do IEM, resolve por maioría que o libro gañador desta XIV edición sexa o presentado co título Xeración (Breve tratado de males inespecíficos), que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Javier Rodríguez González.
O xurado valora que a obra constitúe a crónica dunha xeración que se trascende a si mesma, chegando a expresar un auténtico manifesto contra a cultura da cancelación na medida en que a memoria, tamén a recente, marca o momento actual e proxéctase nun diálogo cara ao futuro. O poemario contén un alto interese histórico-cultural, ao mesmo tempo que se expresa cun léxico depurado e un ritmo áxil, ofrecendo unha proposta poética do devalar da existencia.
Por outra banda, o xurado decide nomear finalistas os poemarios presentados baixo os lemas As palabras do sur, 831-urb, Para a misa do can esta torsión e Porque a noite é longa e é a noite.”
O Couto, Ponteceso: presentación de Con Pondal en Bergantiños, de Francisco Fernández del Riego
A festa dos Premios Xerais volveu ao Museo do Mar
Pontevedra: presentación de Visións de Darwin, de Daniel Soutullo
Lalín: presentación de No bico do vento, de Charo Golmar
Compostela: palestra de Miguel Vázquez Freire, “Diego Xelmírez: Pío Latrocinio”
Muxía: recital poético-musical, o 12 de novembro
Retransmisión do acto de entrega dos Premios Xerais 2022, o 12 de novembro
Rianxo: presentación de De rosa antiga, de Helena Villar Janeiro
Día das Librarías 2022, o 11 de novembro
Desde a Federación de Librarías de Galicia:
“O vindeiro venres 11 de novembro de 2022 será a duodécima edición do Día das Librarías e celebraremos que somos comercios de proximidade, de carácter cultural, punto de encontro e de fomento da lectura. Coa celebración deste día queremos destacar o noso esforzo por manternos vivas e activas, dinamizando as nosas contornas, xerando cultura e comunidade a través dos libros e a lectura, ademais de darvos as grazas por elixirnos e por defender o voso espazo e tempo individual de lectura.
Como en anos anteriores, nesta edición as protagonistas son as librarías, acentuando a proximidade das librarías de barrio, coa súa atención personalizada e as súas recomendacións.
As librarías de toda Galicia ofrecerán actividades extraordinarias nos seus establecementos coa vontade de que os lectores e lectoras se acheguen, para recargarse mutuamente de enerxía e contribuíren á sustentabilidade do comercio de proximidade. Longa vida ás librarías!”









