Teo: presentación de Amiga lúa, amigo mar, de Claudia Castro
Ribadeo: presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón
A Coruña: 25 Memorial Ibán Toxeiro. Pedro Brandariz na lembranza
A Coruña: presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón, na EOI
Pontevedra: presentación de O tradutor de sombras, de Moncha Fuentes
Vigo: presentación de Stoner, de John Williams, traducido por Moisés Barcia
Roteiro literario por Rianxo, con Xosé Ricardo Losada, o sábado 12 de novembro
O Roteiro literario por Rianxo, con Xosé Ricardo Losada, que leva como título De catro a catro. Follas de culto dun diario de fracasos, guiado por Xosé Ricardo Losada, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo, que forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto deste roteiro será publicado para a súa descarga libre nesta mesma páxina web.
O roteiro terá lugar o sábado 12 de novembro, a partir das 11:30 horas, en Rianxo. O número máximo de participantes é de 35 persoas, que deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico co seu nome e apelidos a oficina@aelg.org antes do 11 de novembro.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Vigo: sinatura de libros con Ledicia Costas, en Librouro
Premio Xosé Neira Vilas de novela curta para o escritor Álvaro Domínguez
Desde El Correo Gallego:
“O xurado da sétima edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta decidiu, e por unanimidade, concederlle o galardón á obra Cristais rotos, de Álvaro Domínguez. A sesión celebrouse no compostelán Pazo de San Roque e o xurado estivo integrado por Juan Andrés Fernández e Rosalía Morlán, membros da Fundación Xosé Neira Vilas, así como polo investigador, crítico literario e profesor universitario Armando Requeixo.
O tribunal argumentou a súa decisión na forza narrativa dun relato que profunda nas luces e sombras dunhas vidas golpeadas polo destino. Así mesmo, salientou a habelencia na orquestración estrutural da obra, na que conflúen tramas alternas as e complementarias, escritas cunha prosa brillantemente perfilada de diálogos áxiles e cheos de verosimilitude. (…)
O galardón será entregado o vindeiro 3 de novembro nun acto público na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres, que comezará ás 18.30, e que coincide coa conmemoración do Día do Lector. O premio está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo seleccionado. O obxectivo deste certame, dirixido a público infantil e xuvenil, é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar obras de calidade ao público mozo que lle permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela. (…)”








