Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Coruña: encontro con Xosé Estévez sobre “O Galeuzca e o recoñecemento de Galiza nación en 1933”
O 28 de setembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, organizado por Vía Galega, haberá un encontro co profesor Xosé Estévez, que desenvolverá a palestra co nome “O Galeuzca e o recoñecemento de Galiza nación en 1933”. As persoas asistentes levarán de agasallo a publicación de 20 páxinas da Fundación Galiza Sempre 100 anos da tripla alianza. Poden reservar praza aquí.
A Coruña: presentación de Faise o escuro, de Carme Varela, e Areanegra na Casa Encantada, de Puri Cabido
O 27 de setembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, acóllese a presentación dos Premios Selic 2022, unha presentación dobre: Faise o escuro, de Carme Varela, e Areanegra na Casa Encantada, de Puri Cabido. As persoas interesadas en asistiren estas presentacións poden anotarse aquí.
A Coruña: palestra sobre a revista Alfar, por Xosé Luís Axeitos
O 20 de setembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Xosé Luís Axeitos ofrecerá unha palestra sobre a revista Alfar. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com
A Coruña: presentación de La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións de Rosalía de Castro
O 18 de setembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Anxo Angueira presenta a súa edición de La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións, de Rosalía de Castro, acompañado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora da UDC. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com
A Coruña: presentación de Do ódio à paródia, de Alexandre Peres Vigo
A Coruña: club de lectura universal na A. C. Alexandre Bóveda, con Xoán Costa
A Coruña: Roteiro literario polo cemiterio de Santo Amaro, o 9 de setembro, con José-Maria Monterroso Devesa
O sábado 9 de setembro, ás 12:00 h, farase un roteiro literario polo cemiterio de Santo Amaro, guiado por José-Maria Monterroso Devesa, organizado pola A. C. Alexandre Bóveda.
Con el pasearemos este cemiterio de galegos/as ilustres parando en vinte tumbas que acollen a persoeiros aquí enterrados relacionados coa escrita e a literatura: Jenaro Marinhas del Valle, Irmáns Vilar Ponte, Luz Pozo Garza, Luísa Villalta, Eladio Rodríguez, Ánxel Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Pérez Lugín, Francisca Herrera, Eduardo Pondal, Martelo Paumán, Xohán Casal, Curros Enriquez, Os Carré, Luís Seoane, Lugrís Freire, Irmáns De la Iglesia, Pérez Ballesteros e Manuel Murguía.
Monterroso Devesa, é poeta, articulista e ensaísta, autor entre outros libros de O cemitério de Santo Amaro (1992) editado pola Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña.
As persoas interesadas poden anotarse aquí (xa están as prazas esgotadas).