Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2024

O acto central do Día de Rosalía de Castro terá lugar o sábado 24 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela.

Este é o programa previsto:

Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias

Lectura do Manifesto da AELG, por Carlos Callón

Lectura de poemas rosalianos
– Francisco Tobar Cereijo (A. C. Solfa)
– Celsa Astray (Asociación do Traxe Galego)
Henrique Alvarellos (Asociación Galega de Editoras)
– Patricia Porto Paderne (Federación de Librarías de Galicia)
– Luís Pérez (Alcaldía de Ribeira)
– María Lago Lestón (Alcaldía de Muros)
Suso de Toro (escritor)
Paula Carballeira (escritora)
Beatriz Maceda Abeleira (AELG)

Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Ofrenda floral

Interpretación do himno

A Coruña: Día de Rosalía de Castro 2024


O 23 de febreiro, ás 17:00 horas, decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro na Coruña, coorganizado entre a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a A. C. Alexandre Bóveda, diante do Teatro Rosalía.
Terá lugar a lectura do Manifesto da AELG, elaborado por Carlos Callón, por Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía. A parte musical correrá a cargo de Xosé Manuel Sánchez Rei.

Andrea Barreira gaña o certame de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade Agustín Fernández Paz

Desde Nós Diario:
“O Xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba (comarca da Terra Chá) e Edicións Xerais, e formado por Don Manuel Bragado Rodríguez, Dona Beatriz Maceda Abeleira e Don Pablo Nogueira Campo. O Xurado acordou, por unanimidade, outorgar o premio á obra titulada Quen precisa unha avoa?, da autora Andrea Barreira Freije.
O dítame valorou na novela o novidoso enfoque sobre o idadismo (discriminación contra persoas ou colectivos por razóns de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores), a toma de consciencia sobre as necesidades das avoas por parte das crianzas, así como a importancia da observación e os coidados nas residencias de maiores.
A conciliación familiar, o tecido da rede de afectos e a sororidade entre todos os personaxes son outros temas desta novela na que a autora a través do humor transmite dun xeito maxistral a complicidade entre diferentes xeracións. (…)”

A Coruña: actividades do 7 de agosto na Feira do Libro 2023

Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2023, dedicada a Fina Casalderrey (III)

A Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIX edición, recaendo na figura de Fina Casalderrey, que foi homenaxeada en Pontevedra o 10 de xuño de 2023, nunha actividade que contou co apoio do Concello de Pontevedra, CEDRO e Xunta de Galicia
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida da homenaxeada ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica e a colocación dun monólito conmemorativo.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os vídeos referentes á primeira parte do acto no Teatro Principal de Pontevedra:

Intervención do Coro Luís García Limeses: Vou cambiar o mundo, texto de Fina Casalderrey:

Intervención do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no acto de entrega da Letra E:

Lectura da concesión por Beatriz Maceda Abeleira, vicepresidenta da AELG:

Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, no acto de entrega da Letra E: