Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2023, no Panteón de Galegos Ilustres

O acto central do Dí­a de Rosalía de Castro terá lugar o sábado 25 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela.

Este é o programa:

– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.

– Lectura do Manifesto da AELG, pola súa autora, Carme Adán.

– Lectura de poemas rosalianos:
Xosé Ramón Fernández Vázquez (A. C. Solfa)
Susana Peleteiro (Asociación do Traxe Galego)
Xosé Manuel Carril (Federación Galiza Cultura)
Pilar Lueiro García (A. C. O Galo)
Eli Ríos (Comadres das Letras)
María Álvarez Landesa (Comadres das Letras)
Eva Teixeiro (Comadres das Letras)
Carmen Villar (Comadres das Letras)
Susana Méndez Rodríguez (CIG)
Beatriz Maceda Abeleira (AELG)
Anxo Angueira (Fundación Rosalía)

– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

– Ofrenda floral.

– Interpretación do Himno Galego polas persoas asistentes.

Día de Rosalía de Castro 2023

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Para a edición de 2023 Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remite a concellos, asociacións e centros de ensino.

O lema escollido para este 2023 foi: #cumpriuseaxustiza

O cartel pode ser descargado en formato pdf aquí, e en png aquí.

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2023

CUMPRIUSE A XUSTIZA

Salvádeme, berrei. Axudáime, berrei, berrei, berrei…

Rosalía de Castro

As palabras outorgan existencia. Nomeamos as cousas, os sentimentos, os desexos, as accións pasadas e as futuras. Nomeamos para compartir, para saber ou para coñecer o mundo. Nomeamos para vivir.

Mais as palabras son esixentes: requiren da nosa lectura, da nosa escoita, da nosa mirada atenta. Necesitan do silencio para ser comprendidas. Tal é o ruído do mundo que transitamos que as palabras non chegan aos ouvidos, non pasan de ser grafías sen sentido. No noso cotián os berros das desigualdades, as violencias e as inxustizas baten contra muros de ruído e ignorancia. Non escoitamos. Estamos xordas. Xordos de tanta información sobre a información da información. Non escoitamos nada, nin a ninguén. Alguén berra. Está lonxe. Está noutra rúa, noutra clase, noutra cidade, noutro país, noutra lingua. Noutra pantalla.

Os ollos tamén outorgan existencia. Ou deberían. Se cadra fixérono noutro tempo e agora, cansos de tempestuosas imaxes, non son quen de mirar. Din aquelxs que aínda teiman en escribir Filosofía, que a dixitalización fai desaparecer o outro como mirada. Afirman que acentúa o noso egocentrismo nunha obsolescencia programada do mundo, da alteridade que nos configura en humanos. Malia ter sempre os ollos conectados, atentos a unha luz que se ilumina na pantalla, conectados a outro golpe de información, a outra mensaxe, ao próximo “gústame”; renunciamos a mirar.

Rosalía ensínanos a mirar e a escoitar. É unha guía, por momentos unha amiga ou unha camarada, que nos acompaña entre poemas, novelas e ensaios para superar a banalidade ética do noso tempo. As súas palabras dan existencia a un mundo de inxustizas e opresións contra as mulleres, os pobres, a lingua galega ou os migrantes. O seu narrar é a escoita do noso mundo. En cada verso xorde unha interpelación para nós: que ou quen permite e lexitima as desigualdades, as vulnerabilidades impostas, as guerras, as violencias, os corpos esquecidos e desposuídos de valor. Os que teñen fama de honrados seguen practicando a violencia? A mocidade que migra vai como rosas… e como volven? Ou volven? Poderá deterse o fascismo que vai percorrendo o mundo? Hai guerras que merecen a nosa atención e outras condenadas ao esquecemento? Só o consumo será o pracer do futuro? Merece a natureza ser oída? Que é unha vida vivíbel? Cada interrogante ábrenos unha nova cuestión ata que nos topamos de fociños contra o noso propio muro de ruído e ignorancia: Onde están as nosas palabras?

Hai un eco de vellas derrotas que nos paraliza.

Volvamos escoitar… Aí vén unha meniña gaiteira!

Moito máis forte é o eco das vitorias. Un eco indomábel que chega ata nós dándolle forma de dereitos a palabras como igualdade ou liberdade. Palabras activistas. Palabras que se resisten a ser esquecidas ou usurpadas. A xustiza é moito máis que unha palabra, si. Moito máis. Non obstante, necesita das palabras.

“Que a man tembrosa no papel só escriba

palabras, e palabras e palabras!”

Dos moitos legados de Rosalía de Castro, destacamos un, o da filósofa que sabe libre o seu pensar e non cede ante as cadeas impostas. Rosalía ensinounos da liberdade do pensamento que se afunde na realidade para interrogala por un futuro mellor. Se só cantamos as pombas e as flores, as luces de cores dos nosos autorretratos dixitais, de que teremos a alma?

Se desoímos os berros do noso tempo, de que teremos a alma?

                                                                                               Carme Adán

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

#rdc_2023 #cumpriuseaxustiza

O Manifesto pode descargarse en formato .pdf aquí.

Actos promovidos pola AELG

Acto central. Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), Santiago de Compostela

O acto central do Dí­a de Rosalía de Castro tivo lugar o sábado 25 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela.

Este foi o programa:

– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.

– Lectura do Manifesto da AELG, pola súa autora, Carme Adán.

– Lectura de poemas rosalianos:
Xosé Ramón Fernández Vázquez (A. C. Solfa)
Susana Peleteiro (Asociación do Traxe Galego)
Xosé Manuel Carril (Federación Galiza Cultura)
Pilar Lueiro García (A. C. O Galo)
Eli Ríos (Comadres das Letras)
María Álvarez Landesa (Comadres das Letras)
Eva Teixeiro (Comadres das Letras)
Carmen Villar (Comadres das Letras)
Susana Méndez Rodríguez (CIG)
Beatriz Maceda Abeleira (AELG)
Anxo Angueira (Fundación Rosalía)

– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.

– Ofrenda floral.

– Interpretación do Himno Galego polas persoas asistentes.

A Coruña

En colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda, o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, diante do Teatro Rosalía, tivo lugar a lectura do Manifesto da AELG, elaborado por Carme Adán, por Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía.

Lugo

Coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o 23 de febreiro ás 12:30 horas no Parque de Rosalía de Castro, diante do busto de Rosalía de Castro. O acto contou coa lectura do Manifesto da AELG escrito por Carme Adán e a lectura pública de poemas de Rosalía.

Vigo

En colaboración coa Asociación Cultural O Castro, o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, tivo lugar o Día de Rosalía de Castro en Vigo, na Imprenta de Juan Compañel (Rúa Real nº 12), onde se colocou a ofrenda floral. Posteriormente, no mesmo enderezo (Rúa Real, nº 12), no local do Centro Social A Revolta, leuse o manifesto da AELG escrito nesta edición por Carme Adán, e poemas de Rosalía de Castro.

Actos organizados por outras entidades

Actos da Fundación Rosalía (Padrón e Santiago)

Proposta da Mesa pola Normalización Lingüística

Parlamento Galego

O Parlamento de Galicia acolleu, o 22 de febreiro, un acto de homenaxe á escritora polo Día de Rosalía de Castro 2023, onde representantes dos tres grupos parlamentarios leron fragmentos da obra rosaliana.

Allariz

Bertamiráns (Ames)

Arteixo

Este ano celébrase a novena edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A infancia de entre 8 e 12 anos levará un agasallo pola súa partipación no concurso de recitados, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da AELG, redactado este ano por Carme Adán e unha sentida homenaxe ao ilustre Arteixán Manuel Murguía, no centenario do seu pasamento. Mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, terá lugar unha escolma do recital “Palabra de Muller”, onde unha muller presta a súa voz ás homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou e a continuación outra escolma do recital “A Memoria é unha dama” para render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Ámbolos dous recitais estarán representados pola actriz arteixá Ana Hermida. Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.

Barreiros

Desde o Concello de Barreiros organizáronse neste 2023 os seguintes actos:

– Lectura pública en dous puntos do Concello (nun dos centros educativos e diante dun mural de Rosalía) nos que se leu o manifesto de Carme Adán por parte da concelleira de Educación e Igualdade, Montserrat Porteiro, e onde o alumnado dos dous CEIPs leu poemas de Rosalía de Castro.

– Reparto de máscaras conmemorativas da autora, coas que se realizou unha gran foto grupal.

– No pleno municipal levouse a proposta da AELG para declarar no Concello de Barreiros o día 23 de febreiro como Día de Rosalía.

Boiro

O Carballiño

Sargadelos (Cervo)

Coirós

Gondomar

Lugo

Narón

Desde o Concello de Narón: A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participou o 25 de febreiro, xunto coa edil de Cultura, Olga Ameneiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, no acto de lectura pública organizado polo Concello para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebrou o pasado 23 de febreiro. O acto desenvolveuse nas instalacións da Biblioteca municipal, onde se achegaron tamén veciñas e veciños que quixeron formar parte desta homenaxe pública á poetisa galega Rosalía de Castro. Ferreiro explicou que “un ano máis sumámonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para programar este acto, que despois de dous anos podemos realizar de novo de xeito presencial”. Na planta baixa da Biblioteca, onde se levou a cabo a convocatoria, a mestra naronesa Julia Rodríguez, Muller do Ano de Narón no 2020, encargouse de ler o manifesto da citada asociación, escrito por Carme Adán. “Cumpriuse a xustiza” é o lema deste manifesto, no que se ensalza a figura de Rosalía de Castro, tanto a nivel persoal como profesional. Trala lectura a alcaldesa agradeceu a asistencia de todas as persoas que se sumaron ao acto e destacou tamén o legado da poetisa galega, sobre a que recordou a rúa e a praza co seu nome na cidade. Ferreiro leu o prólogo do libro “A filla do mar” e a continuación leron o resto de persoas que quixeron participar, entre elas os edís Olga Ameneiro e David Pita. O acto pechou o programa deseñado polo Concello con motivo do Día de Rosalía, que incluíu a entrega dun caravel vermello ás persoas que levaron nesa xornada un libro en calidade de préstamo dos dispositivos bibliotecarios municipais e tamén unha colaboración con oito librarías locais para realizar ese mesmo agasallo ás persoas que adquirisen ese día un libro en galego. Os establecementos Day, Nova, Contos, Nany, Merche, Albatros, Fina e Pasapáxina participaron nesta iniciativa o pasado 23 de febreiro.

Oleiros

O xoves 23 de febreiro tivo lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) unha sesión da Hora do conto especialmente adicada a Rosalía de Castro para nenas-os a partir de 6 anos que xuntou case 30 participantes: o espectáculo de Trémola Teatro titulado “Rosalía de Castro: a miña historia”, con pasaxes da súa biografía e algúns dos seus versos dramatizados que fixeron un retrato moi ameno e participativo da escritora galega por excelencia. A información transmitida foi suficiente e axustada á idade das-dos participantes que fixeron do aniversario de Rosalía unha festa.

O vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda acolleu unha escolma bibliográfica de obras de Rosalía de Castro así como o cartel da AELG e o Manifesto de Carme Adán para esta xornada, nun lugar destacado para as-os usuarias-os.

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) púidose gozar dunha mostra da obra rosaliana baixo o tema “Sempre temos as verbas de Rosalía a nosa poeta máis popular, querida e admirada para que se faga xustiza co pobo”.

Padrón

Pontevedra

Pontevedra e Vigo

Desde a Deputación de Pontevedra celebrarase a homenaxe a Rosalía de Castro nun dobre acto, os días 23 e 24 de febreiro en Pontevedra e Vigo.

Pontevedra. 23 de febreiro de 2023

  • 17:30 h Xardín do Pazo provincial: coa Fundación Rosalía de Castro
    Plantación dunha filla da figueira de Rosalía (doada pola Casa-Museo), árbore monumental e senlleira dos tempos da autora (século XIX), e un dos rexistros florísticos máis prezados de Galicia.
  • 18:00 h Salón de Plenos. Pazo provincial de Pontevedra
    • Condutora do acto: Mónica Camaño
    • Espectáculo multidisciplinar de ilustración, poesía e música (ao comezo e ao peche):
      • Marcos Escudero realizou ilustracións en directo sobre area
      • Alba Cid recitou poemas de Rosalía de Castro
      • Alba Barreiro tocou a arpa
    • Lectura do manifesto: por Carme Adán, autora do manifesto de 2023, designada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
    • Fallo do concurso escolar A Nosa Rosalía feminista: proxección das colaxes colectivas, lectura da acta do xurado con representantes dos centros escolares gañadores, entrega do recoñecemento e conexión en directo por videoconferencia coas nenas e nenos premiados

Vigo. 24 de febreiro de 2023

19: 00 h Sala Rosalía de Castro. Sede da Deputación en Vigo

  • Condutora do acto: Mónica Camaño
  • Espectáculo multidisciplinar de ilustración, poesía e música (ao comezo e ao peche):
    • Marcos Escudero realizou ilustracións en directo sobre area
    • María Lado recitou poemas de Rosalía de Castro
    • Margarida Mariño tocou o cello
  • Lectura do manifesto: por Xavier Queipo, designado pola AELG
  • Concurso escolar A Nosa Rosalía feminista: proxección dos colaxes colectivas, lectura da acta do xurado e conexión por videoconferencia coas nenas e nenos premiados

Santiago de Compostela

Celebrouse o Día de Rosalía cunha sentida homenaxe á escritora compostelá, símbolo do pobo galego. Repasouse a súa obra e biografía, houbo poesías, cancións e historias marabillosas. Xunto coa homenaxe a Rosalía de Castro, celebrouse tamén o Día da lingua materna e Cen anos sen Murguía.

Tomiño

<br />

Vilalba

Terán lugar as Xornadas Rosalianas 2023.

Vila de Cruces

A A. S. C. Garatuzas de Piloño (Vila de Cruces) uniuse ás actividades do Día de Rosalía. O 23 de febreiro tivo lugar unha fermosa xornada en familia e de traballo en equipo, na que se falou de Rosalía, léronse poemas de Cantares Gallegos e creouse unha colaxe na que expresamos e reflexionamos sobre as inxustizas que están a acontecer actualmente e a necesidade de denuncialas. Poden verse estas actividades no vídeo do Facebook da entidade.

La Habana

Actividades nos centros de ensino
  • CEIP (e IES) de Arzúa. Colocáronse algúns dos seus poemas, que ilustrou o alumnado do centro, nuns folletos, que, simulando a carta dun restaurante, prepararon xunto co IES de Arzúa. O alumnado do instituto preparou as portadas e contraportadas dos folletos e o do colexio fixo as dúas páxinas interiores. O 15 de febreiro foron a Radio Arzúa as coordinadoras dos EDLG do instituto e do CEIP de Arzúa, xunto cunha nena de cada centro e a Concelleira de Cultura da vila para explicar en que consistía a actividade. Durante o Entroido repartíronse os folletos (fixéronse sete modelos diferentes) entre os bares, restaurantes, centro da terceira idade, Biblioteca da vila… Poden verse as actividades na web do centro.
  • CEIP Plurilingüe Cespón (Boiro). Despois da lectura do manifesto, tivo lugar unha posterior lectura de poemas relacionados con distintos sentimentos dos que acostuma a falar nos seus versos: soidade, desamor, pobreza, morte…  Cada aula relacionou cada poema tamén cunha imaxe que o represente. Ditos poemas e fotografías quedaron recollidos nun mural na entrada do centro. Para rematar, cantaron xuntos a canción “Adiós ríos, adiós fontes”.

  • CEIP Plurilingüe Montemogos (Beluso, Bueu). Este foi o traballo no Día de Rosalía do alumnado de 6° de Educación Infantil.

  • CEIP Plurilingüe A Cristina (Carballo). Poden verse as actividades feitas no centro na súa páxina web.
  • CEIP Plurilingüe Os Casais (Maniños-Fene).

  • CEIP Fondo Nois (Foz).

  • CEIP Virxe do Mar (Narón).

  • CEIP Carlos Casares (Vilariño-Nigrán).

>

  • CEIP Plurilingüe Chancelas (Poio). Desde a clase de quinto fixeron esta pequena achega, facendo o seu pequeno cadáver exquisito coa poesía de Rosalía de Castro, unha actividade coa que gozaron moito e que rematou con este pequeno video:
  • CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela). A comunidade educativa do Lamas quixo celebrar o Día de Rosalía a través das fotos que as familias nos foron achegando “berrando” pola xustiza social. Fíxose un mural  onmemorativo cheo de “berros” máis unha montaxe de vídeo con esas mesmas fotos. Nesta ligazón pode accederse ao vídeo do traballo realizado no CEIP. Lamas de Abade

  • CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela).

  • CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira-Silleda). As actividades realizadas poden consultarse no blog do centro.
  • CEIP de Rebordáns (Tui).

  • CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo). Conmemorouse o Día de Rosalía realizando traballos de diversa índole, sempre tendo en conta as propostas da AELG.
    En Ed Infantil os alumnos e alumnas confeccionaron un chamativo mural co nome das plantas que máis se repiten na obra de Rosalía.
    En 1º ciclo de Ed Primaria realizáronse colaxes conmemorativas da autora.
    En 2º ciclo de Ed Primaria compuxeron sinxelos poemas con palabras extraidas dalgunha obra de Rosalía en galego.
    En 3º ciclo de Ed Primaria traballouse a cuestión “Que diría Rosalía?” sobre os migrantes, o feminismo, a lingua e o coidado do Planeta…
    En resposta,  xurdiron moitos e interesantes poemas. Algúns destes traballos decoraron as ventás e corredores do centro  para dar maior visibilidade a esta data. Ademais, o xoves 23,   as crianzas máis novas do centro fixeron un rego simbólico da roseira que se prantou no horto escolar hai tres cursos na honra da escritora; a continuación os alumnos e alumnas maiores recitaron poemas  en lembranza de Rosalía.
    Fíxose una recompilación de todos estes traballos nunha montaxe musicada.
    Poden verse as actividades no blog do centro.
  • CEIP de Celeiro (Viveiro). Poden verse as actividades feitas na web do centro.

  • CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Estes son os murais que se fixeron no centro seguindo a proposta, expostos na cristaleira da entrada do centro.

  • CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados). Fíxose na horta do colexio un pequeno recuncho, chamado “O xardín de Rosalía”, onde cada aula plantou unha herba aromática e un poema da escritora.
  • CEP Brea Segade (Taragoña, Rianxo). Poden verse as actividades no blog do centro.
    – Decoración da fachada do colexio con rosas e o nome de Rosalía.
    – Gravación en vídeo de poemas referidos á emigración e a xustiza.
    – Recitado de Miña casiña, meu lar e posterior Caldo de Gloria, feito no colexio e compartido no recreo.

  • CEP Carlos Casares (Alxén, Salvaterra do Miño). Aquí poden verse as actividades levadas a cabo, na web do centro.
  • Colexio FEC San José (Lugo).

  • Colexio A Merced de Sarria.
    Comezaron o día recibindo a todo o alumnado coa interpretación musical de “Adiós ríos, adiós fontes” a cargo dos profes de música, Iñaki e Jesica. E unha vez nas aulas, cada curso fixo diversas actividades para conmemorar este día.
    En Infantil, unha profe leulles aos máis pequeniños algúns poemas do libro Rosalía pequeniña de Uxía que, como tamén ten música, foi moito máis divertido. Ademais, os nenos e nenas fixeron uns preciosos marca-páxinas e colorearon “ao seu xeito” unhas siluetas de Rosalía.
    Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP festexaron o día de Rosalía cos xa tradicionais “Poemas con chocolate”. Nesta ocasión contaron cuns convidados moi especiais: os nenos e nenas de Infantil, cos que compartiron unha mesa moi doce…Apadriñaron aos máis pequenos lendo poemas e elaborando un fermoso mural dedicado á ilustre escritora.
    En 3º e 4º de EP celebraron este día elaborando unha imaxe de Rosalía nun mapa de Galicia. Por detrás puxeron datos importantes da súa vida e escribiron “Eu son libre de corazón e pensamento”, o que lle escribíu a Manuel Murguia antes de casar con el. Tamén escoitaron, a canción de Adeus ríos… En varias versións, gustoulles moito a de rock de Astarot.
    En 5º e 6º de EP e na ESO fixeron as actividades propostas pola AELG: un cartaz coa etiqueta #cumpriuseaxustiza e unha colaxe con imaxes de: conflitos bélicos de hoxe, da explotación infantil, da inmigración no mundo, da explotación no traballo, os prezos da vivenda… coa pregunta “Que diría Rosalía?”.
    Ademais, en 1º e 2º de ESO gravamos o poema “Adiós ríos, adiós fontes” lido por alumnos e alumnas nas catro linguas vehiculares do Colexio.
    E para rematar, cada un de nós degustou neste día un “Caldo de Gloria” (como nos conta Rosalía no seu poema) sobre o mantel individual co poema “Miña casiña, meu lar”.

  • Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda. Baixo o hashtag #cumpriuseaxustiza no Colexio María Inmaculada de Silleda fíxose un macromural na entrada ao centro coa imaxe de Rosalía e fotos das inxustizas do mundo que nos rodea (guerras, inmigración, soidade dos nosos maiores, acoso, abusos laborais, explotación infantil,..). Nas aulas os alumnos da ESO relacionaron poemas da autora con estas inxustizas actuais pensando no que diría Rosalía sobre elas.

  • EEI Monte do Alba (Valadares, Vigo). A actividade levada a cabo no centro pode consultarse na súa páxina web.
  • IES Lamas de Castelo (Carnota). Poden verse aquí as actividades programadas neste centro
  • IES Urbano Lugrís (A Coruña).

  • IES Fin do Camiño (Fisterra). Estas foron as actividades feitas no centro:
    – Creación do mural “Rosalía contra a inxustiza”. Cunha selección de recortes de prensa recollidos polo alumnado nas sesións de titoría, elaborouse un cartel-mural que quedou na entrada do centro.
    – Reprodución durante o recreo, mediante o sistema de megafonía do centro, dun audio-recital poético protagonizado polo alumnado do centro.
    – Reparto de poemas de Rosalía e chapas realizadas por alumnas do Equipo de Voluntarias da biblioteca coa colaboración do Departamento de EPVA.

  • IES Auga da Laxe (Gondomar). O alumnado participou no acto organizado polo Concello de Gondomar. Abriron a celebración coa lectura do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (“Cumpriuse a xustiza”, de Carme Adán), a cargo dun grupo de alumnos e alumnas de 2º Bach. A continuación fíxose unha lectura de poemas de Rosalía de Castro, por parte de varios rapaces e rapazas de 3ºESO, así como do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e do Concelleiro de Cultura, Juan Rodríguez Bas. Pechouse o acto coa interpretación do Pasodobre dos Albariños a cargo dos gaiteiros Pedro Alonso e Marcos Crusat, alumnos de 2º Bach.  Ademais, os alumnos e alumnas de 1º ESO repartiron entre as e os asistentes uns folletos que prepararon con poemas de Rosalía, nos que se se inclúe tamén unha ilustración realizada expresamente para a celebración polo noso alumno de 1º ESO Samu Piñeiro.

  • IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar). Desde Radio Turonio emitiuse un programa especial con motivo da celebración do día de Rosalía. O alumnado de 4º de ESO presentou nesta edición un programa elaborado seguindo a proposta recibida da AELG, que constou da lectura do manifesto e as creacións literarias inspiradas no poema “A xustiza pola man”. Pode escoitarse na seguinte ligazón da web do centro.

  • IES O Ribeiro (Ribadavia). Leuse o manifesto e poemas na biblioteca. O grupo de artes escénicas entrou nas aulas e fixo lectura dramatizada de Por que?. Pode verse aquí.
  • IES Xelmírez II (Santiago de Compostela).
  • IES Rosais 2 (Vigo). Poden verse as actividades realizadas no centro no seu perfil de Instagram.

Propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino

PROPOSTA PARA OS CENTROS DE ENSINO

O lema é: #cumpriuseaxustiza

Educación Infantil e Primeiro ciclo de Educación Primaria

Recortade dunha revista, xornal… debuxos e escribide nun papel unha palabra para cada debuxo. Podedes escoller imaxes que teñan relación cos sentimentos, as emocións, ou cousas que están a acontecer no mundo e son importantes para vós. Logo, nunha cartolina co rostro de Rosalía, pegade as imaxes con cadansúa palabra, creando unha colaxe.

Segundo ciclo de Educación Primaria

Despois de ler un poema de Rosalía na aula, escollede as catro palabras que máis vos gustaron e compoñede con elas un pequeno poema de catro versos. Así comprobaredes o gran poder que teñen as palabras, xa que dependendo das outras que as acompañan, ás veces mudan o seu significado.

Terceiro ciclo de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato

Escribide e describide as inxustizas do mundo que nos rodea. Dádelle forma de poema, de sentenza, de pensamento, de pequeno ensaio, de microrrelato, e pendurádeos das aulas, dos corredores, dos teitos, das paredes. Pendurade en palabras as miradas sobre o mundo.

Enviamos dous exemplos indicativos, entre os moitos que se vos ocorran nos centros:

Exemplo 1. Coller algunhas imaxes de conflitos bélicos de hoxe, da inmigración no mundo, da explotación no traballo, os prezos da vivenda… e facer unha colaxe coa pregunta “Que diría Rosalía?”

Exemplo 2. Recoller información sobre organismos e ONGs que actúan aquí para denunciar e combater as inxustizas ou asociacións que traballan con mulleres que sufriron violencia (a modo indicativo, Médicos do Mundo, Vagalume, Adega, Esculca, …).

A documentación gráfica xerada por estas actividades será compartida nas correspondentes redes ou medios de difusión do centro educativo, arredor do 23 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #cumpriuseaxustiza e #rdc_23. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org.

#_rdc_2023  #cumpriuseaxustiza. O Día de Rosalía de Castro nas redes sociais
Proposta da AELG para levar unha moción aos plenos dos Concellos para declararen o 23 de febreiro como Día de Rosalía de Castro

A AELG vén impulsando desde 2011 esta iniciativa. Xa aprobaron a moción os seguintes concellos:

A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Pobra do Brollón, A Rúa de Valdeorras, Allariz, Ames, Arteixo, Baiona, Bergondo, Betanzos, Bueu, Burela, Cambados, Cambre, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Chantada, Entrimo, Fisterra, Foz, Lalín, Lobeira, Melide, Miño, Muros, Narón, O Rosal, Ourense, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Tomiño, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade. Sumáronse tamén as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.

A AELG continuou a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.

ntidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Pobra do Brollón, A Rúa de Valdeorras, Allariz, Ames, Arteixo, Baiona, Barreiros, Bergondo, Betanzos, Bueu, Burela, Cambados, Cambre, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Chantada, Entrimo, Fisterra, Foz, Lalín, Lobeira, Melide, Miño, Muros, Narón, O Rosal, Ourense, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Tomiño, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade. Sumáronse tamén as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.

A AELG continuou a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.

Día de Rosalía de Castro 2022

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemorou un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Para a edición de 2022 Beatriz Maceda Abeleira foi a escritora escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que foi lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto foi tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumaron ás propostas que a entidade remitiu a concellos, asociacións e centros de ensino.

O lema escollido para este 2022 foi: #SementadePensamentos

O cartel pode ser descargado en formato pdf aquí, e en jpg aquí. O formato para imprenta tamén se pode descargar nesta ligazón.

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2022

PENSAR [TE] LIBRE

Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.

Rosalía de Castro.

Alimentamos a realidade do noso País a través da nosa lingua e das palabras que envolven a nosa diversidade social e cultural. Pensármonos na lingua de nosoutras é manter, transmitir e dignificar quen somos. E esta é a forza que atopamos en Rosalía de Castro: recoñecérmonos como pobo forte, unido na nosa lingua.

Non hai nada máis poderoso que as voces legadas polas nosas devanceiras, para arrodear os sentires, as emocións, a rebeldía, a liberdade dese pensamento sobre o que ninguén pode mandar.

Velaquí o maior acto revolucionario que nos agasallou Rosalía de Castro! Os seus versos transfórmanse nunha historia que rebela, provoca, emociona e que nos acolle para “eu tamén navegar” (1), para facermos parte dunha nosa Historia propia e libre.

Así vou eu/formando parte/Non me abandono e formo parte (2), do pobo que describe Rosalía de Castro, da xente que defende a cultura sen cancelas e enche as rúas de voces violetas para combater da man das compañeiras os mouchos que nos asexan e a aqueles que ladran contra as que camiñan.

Abracemos, entón, a desorde das ideas (3) e a marcha dos pensamentos para seguir o navegar de Rosalía de Castro na voz das persoas humildes, para escoitar o silencio das oprimidas e censurar as inxustizas coa forza da nosa lingua. Non precisamos mans alleas que escriban a nosa historia así que, Dálle que dálle ó argadelo/noite e día/e pensa e pensa naquelo/porfía que te porfía, porque xa agroma forte a semente plantada. Vivamos a galope (4) nunha rede de afectos e celebremos que nin a lingua nin o pensamento se exilian. Tezamos xuntas, fortes e libres os puntos que calcetaron as mestras da República, as cigarreiras, as misteiras, as costureiras e todas as que, coma ti, loitaron contra as inxustizas e polos dereitos.

Cosamos cos fíos da lingua na que entendemos, debatemos, amamos e enliñemos as nosas ideas e os nosos pensamentos.

Tal com’as nubes

Qu’impele o vento

Y agora asombran, y agora alegran

Os espaços inmensos d’o ceo,

Así as ideas

Loucas qu’eu teño

As imaxes de multiples formas

D’estranas feituras, de cores incertos,

Agora asombran,

O fondo sin fondo d’o meu pensamento.

(1) Xohana Torres.

(2) Luísa Villalta.

(3) Xela Arias.

(4) María Xosé Queizán.

                                                                                             Beatriz Maceda Abeleira

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

#rdc_2022  #SementadePensamentos

O Manifesto pode descargarse en formato .pdf aquí.

Actos promovidos pola AELG

No desenvolvemento das actividades aplicáronse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

Acto central. Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), Santiago de Compostela

O acto central do Dí­a de Rosalía de Castro tivo lugar o sábado 19 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela.

Este foi o programa:

– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.

– Lectura do Manifesto da AELG, pola súa autora, Beatriz Maceda Abeleira.

– Lectura de poemas rosalianos:
Lucía Carreira (A. C. Solfa)
Pilar Astray (Asociación Traxe Galego)
Daniel Asorey
Jakson Renner Rodrigues Soares
Montse Vilar Figueirido
Sagrario Abelleira
Nuria Vil
Laura Veleiro
Nacho Pena Maceda
Nee Barros Fernández
Luz Fandiño

– Ofrenda floral.

– Interpretación do Himno Galego polas persoas asistentes.

A Coruña

En colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda e a Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, diante do Teatro Rosalía, tivo lugar a lectura do manifesto da AELG, pola súa autora, Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía, con actuación musical a cargo de Os Peregrinos e Lia Palmina.

Lugo

Coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o 23 de febreiro ás 12:00 horas no Parque de Rosalía de Castro. O acto contou cunha ofrenda floral, a lectura do Manifesto da AELG escrito por Beatriz Maceda e a lectura pública de poemas de Rosalía.

Vigo

En colaboración coa Asociación Cultural O Castro, o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, comezou o Día de Rosalía de Castro en Vigo, na Imprenta de Juan Compañel (Rúa Real nº 12), onde se colocou a ofrenda floral. Posteriormente, no mesmo enderezo (Rúa Real, nº 12), no local da Asociación Cultural A Revolta, leuse o manifesto da AELG escrito nesta edición por Beatriz Maceda Abeleira, e de poemas de Rosalía de Castro.

Actos organizados por outras entidades

Fundación Rosalía de Castro

Propúxose celebrar así o Día de Rosalía:

Le a súa obra
Fai un Caldo de Gloria na túa casa ou nun local. Explicámosche como.
Únete á Alborada para Rosalía e toca este tema en calquera lugar do mundo.

E estes son os actos nos que participaron o 23 de febreiro:

10.00. Alborada cos Carapaus diante da Estatua de Rosalía en Padrón
11.00. Acto, Alborada cos Carapaus e ofrenda na Praza de Vigo de Santiago, preto do lugar onde naceu a autora.
12.00. Acto institucional no Hostal dos Reis Católicos. Con lectura de poemas rosalianos e a actuación musical de Xisco Feijoo.
13.30. Plantación dunha filla da Figueira de Rosalía en Luou (Teo)
17.00. Plantación dunha filla da Figueira de Rosalía en Dodro (Concello)
19.00. Celebración do Día de Rosalía na Deputación de Pontevedra

Arteixo

Rosalía de Castro, na voz de Ana Hermida, estivo co alumnado do IES Manuel Murguía para facer un repaso pola súa biografía e pola súa obra, cunha representación teatral, dramatización da obra Rosaliana e participación do alumnado. Tamén se deu lectura ao Manifesto da AELG. A actividade está organizada pola Concellería de Cultura a través da Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo. Foron os días 24 e 25 de febreiro, cunha Rosalía loitadora, feminista, comprometida e dona dunha obra de inmensa valía, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” ás 11:30 h.

Despois dunha semana de actividades dirixidas ao público escolar, o Concello de Arteixo celebrou o Día de Rosalía cun acto central aberto á cidadanía, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Ana Hermida deu lectura ao Manifesto da AELG, que este ano foi redactado por Beatriz Maceda Abeleira. A continuación tivo lugar o concurso de poesía homenaxe a Rosalía de Castro, onde participou o alumnado dos centros de primaria do concello arteixán. Unha vez recitados os seus poemas e mentres deliberou o xurado, Ana Hermida fixo unha homenaxe a Filomena Dato con “Ningún lazo a suxeita, unha dramatización dos textos da autora ourensá, no seu 96 cabodano. Tivo lugar o sábado 26, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h.
Nese mesmo lugar e hora, celebrouse tamén a oitava edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Houbo doce nenas e nenos de entre 8 e 12 anos que recitaron a súa propia obra.

Boiro

O Carballiño

Carnota

Cerceda

O sábado 26, ás 18:00 horas, no Auditorio do Concello de Cerceda, Ana Hermida fixo unha dramatización da obra da Nai das nosas letras con “Tecín soia a miña tea”, poemas, teatro, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra no seu aniversario, unha muller interpretando a outra muller, a Rosalía feminista, divertida, defensora da súa terra.

Sargadelos (Cervo)

Foz

A Concellería de Patrimonio e Normalización Lingüística do Concello de Foz adheriu á proposta dunha lectura pública da obra de Rosalía.

Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promoveu as seguintes actividades polo Día de Rosalía:

O 23 de febreiro inaugurouse na Praza de San Marcos a exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía, mostra promovida pola Fundación Rosalía de Castro e comisariada por Pepe Barro, que recolle a historia dun logro colectivo como foi a musealización da Casa da Matanza, en Padrón, en pleno franquismo, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. Trátase dunha exposición exterior artellada arredor dunha estrutura de aluminio encrucillada, que suxire un espazo doméstico e que recolle, a través de imaxes de gran formato e breves textos, a historia da Casa de Rosalía en seis capítulos. A mostra permanece en San Marcos durante tres semanas e, a finais de marzo, inicia unha itinerancia que a levará a outras sete localidades.

Unha lámina e un caravel, agasallo dos museos da Rede polo Día de Rosalía
Ese mesmo día, os catro museos da Rede Museística Provincial –o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Pazo de Tor e o Fortaleza de San Paio de Narla- agasallaron as visitas cun caravel e unha reprodución dun gravado de Antonio Mourín, cun deseño inspirado no poema “Quixente tanto, neniña” de Cantares Galegos.

Dúas montaxes sobre Rosalía, en xira polas comarcas
A programación da área de Cultura arredor de Rosalía tamén incluíu representacións das obras teatrais Libre coma os paxaros, de Teatro do Atlántico, e A viaxe de Rosalía, de Larraitz Urruzola, que teñen como nexo estaren inspiradas na obra e na figura da autora.
A montaxe de Teatro do Atlántico, protagonizada pola actriz María Barcala, bota man de textos de Rosalía de Castro, proxeccións e música de Vadim Yukhnevich, para debullar o pensamento da autora que declara non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa e adopta unha posición de compromiso coa lingua do seu país e de denuncia da traxedia da emigración ou das condicións de vida das mulleres.
A viaxe de Rosalía é un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro, representado pola narradora e titiriteira Larraitz Urruzola que, con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, achega ao público á biografía da autora e a parte da súa obra.

Murais homenaxe a Rosalía de Castro
O muralismo tivo un ano máis o seu lugar nesta programación cultural. Rubén Paz, Ana Santiso e Pablo Lage, coñecido como Van Kraft, realizaron murais homenaxe á autora en distintos espazos públicos, atendendo ás peticións de concellos, asociacións e centros escolares. En total, realizáronse nove intervencións artísticas.

Actividades nos museos
Con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro, a Rede Museística Provincial de Lugo ofreceu unha programación de actividades didácticas que tiveron como eixo central os conceptos de “terra” e “migración”, fundamentais na obra da poetisa. Os catro museos da Rede acolleron obradoiros entre o 19 e o 26 de febreiro.
Ademais, o mércores 23 de febreiro as comunidades dos catro museos uníronse virtualmente nunha lectura conxunta da obra de Rosalía de Castro, a partir das 12.00 horas.
A Rede Museística tamén puxo a disposición de centros educativos e familias unha unidade didáctica sobre Rosalía de Castro, que pode descargarse na web comunidadermpl.es

Colaboración coa AELG
A Vicepresidencia da Deputación sumouse aos actos organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) o día 23 de febreiro no Parque de Rosalía de Lugo (12.00 horas): unha ofrenda floral, a lectura do manifesto “Semetando pensamentos” e unha lectura pública de poemas e textos de Rosalía de Castro.
Ourense

Outes

Poio

Pontevedra

A Deputación de Pontevedra sumouse a esta celebración cunha dobre xornada propia, os días 23 e 24 de febreiro, nas sedes da Deputación en Pontevedra e Vigo, e cunha nova edición do concurso creativo A Nosa Rosalía, coas seguintes instrucións:

“Este 2022 celebraremos de novo o Día de Rosalía, homenaxeando a Rosalía de Castro como a nosa autora galega do Rexurdimento literario, que seguimos a ter moi presente e tanto nos gusta lembrar e reinterpretar.

Co obxectivo de achegarlle a súa figura ao público máis novo, a Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do concurso A Nosa Rosalía, que este ano adopta o formato musical, no que cada aula ou grupo do colexio poderá presentar un vídeo breve coa súa proposta de poema de Rosalía musicado. Este poderá vir acompañado dunha coreografía, dun baile, dun movemento ou de calquera tipo de aderezo. As nosas cativas e cativos son ben creativos e de seguro que as mestras e mestres, imprescindibles nesta ocasión, os axudarán a sacar esa vea artística!
Esta convocatoria está dirixida a todo o alumnado dos centros de educación primaria da provincia de Pontevedra, que poderá participar de maneira colectiva (por aulas ou grupos e sen límite por centro educativo). Deberán elaborar un poema de Rosalía de Castro musicado, que terá que presentarse en formato de vídeo (pódese realizar co teléfono móbil en formato horizontal ou cunha videocámara) e ter unha duración aproximada de dous minutos. Para a parte musical non hai indicacións, pode empregarse unha base, acompañamento instrumental ou percusión co corpo.

O vídeo ou vídeos de cada centro educativo poderán enviarse ata o 17 de febreiro (este incluído) ao enderezo anosarosalia@depo.gal directamente ou a través de WeTransfer (se o peso do arquivo o require). Especificarase no título do vídeo a aula ou o grupo e no correo, a categoría correspondente, e indicaranse o nome e os datos da persoa de contacto do centro.

Categorías do concurso:

Campaniñas: 1.º, 2.º e 3.º de primaria (de 6 a 9 anos)
Airiños: 4.º, 5.º e 6.º de primaria (de 9 a 12 anos)

O centro e a artista establecerán a data da actuación, a cal deberá comunicárselle ao Servizo de Cultura da Deputación.

Os grupos premiados anunciaranse no transcurso dos actos que a Deputación de Pontevedra celebrará con motivo do Día de Rosalía o 23 no Pazo Provincial en Pontevedra e o 24 na Sede da Deputación en Vigo, e aos que se convidará a participar, de xeito presencial, a unha ou un representante de cada centro premiado e tamén, a través de streaming, aos propios grupos de nenas e nenos galardoados. Así mesmo, proxectaranse todos os vídeos gañadores e lerase o manifesto do Día de Rosalía.

Os actos poderanse seguir a través de streaming na páxina web da Deputación.

Os vídeos participantes poderán difundirse a través das canles da Deputación de Pontevedra.

Animámosvos a cantar e a bailar coa nosa Rosalía!”

Ribadeo

Sada

Santiago de Compostela

A Agrupación Cultural O Galo organizou o Roteiro Rosalía en Compostela, guiado por Francisco Rodríguez Sánchez, o sábado 19 de febreiro, ás 11:00 horas, desde a Estatua de Rosalía de Castro da Ferradura. O roteiro tivo lugar polas rúas de Santiago con paradas nos espazos e nas casas nas que Rosalia viviu, escribiu algunha das súas obras ou cita ou a inspiraron. Entrouse na igrexa de San Martiño Pinario (fechada desde moito antes do COVID19, e continuará) para ver a imaxe de Santa Escolástica, esculpida por Xosé Ferreiro, á que lle adicou un poema. E tamén no patio do C. M. San Agostiño, onde Rosalía representou pezas de teatro. Logo de ir ao Panteón de Galegos Ilustres, onde está enterrada, houbo, ás 13:30 h. aproximadamente, un concerto a cargo do trío Molime que interpretou pezas con letras de Rosalía de Castro e ritmos ledos.

23 de febreiro

Un libro e unha rosa

Praza do Toural. De 10.30 a 13.30 h.

Alborada e ofrenda floral a Rosalía de Castro

Praza de Vigo. 11:00 h.

Acto institucional do Día de Rosalía

Capela do Hostal dos Reis Católicos. 12.00 h.

Vilalba

Actividades nos centros de ensino

Estes son os centros que nos comunicaron a súa participación:

  • CEIP Belesar (A Estibada, Baiona). Plantáronse pensamentos no cole, nun recuncho adicado a Rosalía. Ao longo de todo o centro están “sementados” pensamentos realizados polo alumnado, tanto de Infantil como de Primaria con versos de poemas de Rosalía. Co alumnado de sexto de primaria gravouse un poema cantado de Rosalía de Castro.
  • CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira). Poden verse as actividades realizadas nesta ligazón do blog do centro, así como nestoutra.
  • CEIP Cespón (Boiro). Fíxose unha plantación de pensamentos no seu xardín e decoraron o rostro de Rosalía con pétalos de pensamentos cheos de versos. Do mesmo xeito, nos cursos altos de primaria elaborouse unha regueifa e un rap. Poden verse as actividades realizadas aquí e tamén nesta ligazón.
  • CEIP A Torre-Cela (Bueu). Esta é a ligazón ao blogue do centro cun resumo destas actividades que foron desde a plantación de pensamentos por parte de todo o cole, ata poemas creados a partir dun primeiro verso escollido do poemario de Rosalía. Ademais de aproveitar a semana do entroido cun mandado para este 23 de febreiro .”POLO DÍA DE ROSALÍA … PENSAMENTOS E OUTRAS FLORES TODO O DÍA”, sen esquecer as novas tecnoloxías, utilizando a radio e o chroma cos pequechos de 4 anos que sorprenderon co seu recitado e a súa interpretación.
  • CEIP Plurilingüe Montemogos (Bueu). Como todos os anos, as titorías ilustraron estrofas dun poema de Rosalía (este ano Adiós ríos, adiós fontes), que logo puxeron en diferentes ubicacións da localidade. Tamén iniciaron o horto escolar sementando pensamentos.
  • CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro (A Capela).
  • CEIP Plurilingüe A Cristina (Carballo). Ao longo destas semanas todo o alumnado do noso centro estivo traballando sobre a autora seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, as propostas consistiron en:
    – O alumnado de educación infantil, 1º e 2º ciclo de primaria pintaron e recortaron os pétalos dos pensamentos e pegáronnos ao redor do rostro de Rosalía de Castro. En cada pétalo escribiron unha palabra dalgún dos seus poemas ou algunha que lles gustase especialmente.
    – O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria tamén pintaron e recortaron os pétalos dos pensamentos e pegáronnos ao redor do rostro de Rosalía de Castro pero en cada pétalo escribiron un verso de Rosalía de Castro. Ademais o alumnado de 3º e 4º de educación primaria recitaron poemas da autora, o alumnado de 5º e 6ºA de educación primaria elaboraron uns HAIKUS e o alumnado de 6ºB escribiron e interpretaron un rap.
    Máis información na web do centro.
  • CEIP Veleiro Docampo (Castro Ribeiras de Lea). Poden verse os vídeos do Día de Rosalía neste centro na súa conta de Instagram.
  • CEIP Curros Enríquez (A Coruña).

  • CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña). As actividades poden verse nesta ligazón.
    • CEIP Sal Lence (A Coruña).

    • CEIP Víctor López Seoane (A Coruña).
  • CEIP Sofía Casanova (Culleredo). Poden verse as actividades feitas neste centro no seu blog.
  • CEIP do Foxo (A Estrada).
  • CEIP Manuel Masdías (Ferrol). Poden verse as actividades realizadas nesta ligazón.
  • CEIP de Teixeiro (Curtis) e CEIP Plurilingüe Lagostelle (Guitiriz).
  • CEIP Plurilingüe Os Casais (Maniños, Fene).
  • CPI Ponte Carreira (Frades). Poden consultarse as actividades realizadas neste centro no seu blog.
  • CEIP Plurilingüe Lagostelle (Guitiriz).
  • CEIP Rosalía de Castro (Lugo). Todo o alumnado de infantil e primaria participou nas actividades propostas. Igualmente, o alumnado de 6º de primaria participou tamén na lectura de poemas de Rosalía que se fixo o 23 de febreiro en Lugo.
  • CEIP Plurilingüe Manuel Mallo Mallo (Nadela, Lugo). Realizouse un mural no que participaron as 143 familias do centro. Tamén se recitou “Adios ríos, adiós fontes ” en todas as linguas  que se falan na escola, como preludio a unha lectura continuada por parte do alumnado e profesorado do centro.
  • Colexio La Inmaculada (Marín). O 23 de febreiro comeuse o Caldo de Gloria. As actividades foron un photocall de Rosalía para o que se decorou parte dun corredor do colexio como se fose Padrón. O alumnado preparou poemas, rap, haikus … cos versos de Rosalía.
  • CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos). As actividades levadas a cabo poden consultarse no blog do centro, aquí.
  • CEIP de San Ramón (Moeche).
  • CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (Narón).
  • CEIP da Cruz (Camos, Nigrán). Nos días previos ao Día de Rosalía elaborouse un mural na entrada do colexio coa imaxe de Rosalía de Castro e pétalos cos seus versos. O día 23, o alumnado plantou pensamentos no patio da escola para celebrar o seu nacemento.

  • CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Panxón, Nigrán). Fixéronse murais coa imaxe da escritora homenaxeada rodeada de cinco pétalos de pensamento escritos con versos dela, e rosas de papel con algúns dos seus versos. Todos os cursos plantaron dous pensamentos por aula no horto ecolóxico. Ademais recitáronse nas aulas algúns dos seus poemas.

  • Colexio Plurilingüe Jaime Balmes (Noia). Poden verse as actividades desenvoltas na web do centro.
  • CEIP A Ponte (Ourense). Unha Rosalía de Castro moi especial visitou o centro para achegar aos cativos/as a relevancia desta figura na nosa historia e a nosa cultura. Botoulles unha cantada, leu uns versos de Rosalía e tamén “sementou pensamentos”, regalando unha planta a cada aula. Con esta iniciativa, desde a ANPA complementaron as actividades do colexio para festexar este día tan especial para todos/as.

  • Colexio San Pío (Ourense). Previamente dedicáronse as sesións de lingua galega a traballar a figura da escritora mediante a visualización de vídeos, entre eles o que fixeran en 2021 en colaboración cos “youtubers” TikTak Draw e a Fundación Rosalía de Castro. En 3º e 4º de Primaria crearon un mural no corredor, onde os nenos e nenas fixeron pétalos de pensamentos nos que escribiron palabras para logo pegalas na parede dunha liña que uniu ambas aulas, estando no punto medio a ilustración de Rosalía feita por Mónica Jiménez. Esa mesma imaxe foi a empregada en 5º e 6º de Primaria, que participou do mesmo xeito pero pegando eses recortes sobre o póster que acompañou a plantación de pensamentos no patio. Estas plantas dispuxéronse de xeito que saisen dunha ola de barro que representa un pequeno percorrido. Para isto último, contaron coa participación do equipo de Voz Natura. Por último, tamén aproveitaron uns palets de madeira para escribir versos e fragmentos da obra de Rosalía nas sesións de educación plástica e ambientar os espazos exteriores do centro.
  • CEIP Vistahermosa (Ourense). Estas foron as actividades desenvoltas no centro, que poden consultarse na súa páxina web.
  • CPI Pontecesures. A proposta consistiu na actividade Fai viral a Rosalía, que pode ser vista no blog do centro, aquí.
  • CEIP Brea Segade (Taragoña, Rianxo). O centro participou nesta actividade con murais elaborados por todas as aulas coa imaxe de Rosalía, pensamentos e versos escollidos polo alumnado, partindo dunha escolma elaborada polo equipo de biblioteca, así como haikus elaborados polo alumnado de 5º de Primaria e recollidos nun podcast gravado na Radio BBS. O mércores 23 houbo un caldo de gloria preparado polo profesorado e repartido a todas as aulas ao remate do recreo, plantación de pensamentos na horta do colexio e emisión no patio do podcast cos haikus elaborados pola aula de 5º. Poden verse as actividades realizadas no blog do centro e no de Primaria.
  • CEIP Sada y sus contornos (Sada). Poden verse as actividades desenvoltas na web do centro.
  • CRA A Lagoa (Salvaterra de Miño). A actividade foi plantar pensamentos nun zapato de muller, pintado de cor morada, unindo o Día de RosalIa co Día da muller. A actividade lévase a cabo o 8 de marzo, aínda que comezaron a traballar a figura de Rosalía o 23 de febreiro, difundíndose no seu blogue e no Instagram.  Poden verse as actividades realizadas no blog do centro, aquí.
  • CEP Carlos Casares (Salvaterra de Miño). Entre todos os cursos decoraron un pensamento colocado no corredor. Cada curso decorou e escribiu versos no seu pétalo (5 pétalos e o talo que decorou primeiro). Ademais, durante a semana do 21-25 de febreiro cada curso plantou pensamentos na súa parcela do horto.

  • CEIP Arquitecto Casas Novoa (Santiago de Compostela). O alumnado realizou, en cada curso, unha flor (un pensamento), escribindo nos pétalos os versos dun poema da autora. Pode verse a actividade completa no blog do centro, aquí.

  • CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela). Por unha banda o alumnado de 4º de Primaria recitou en lingua de signos o poema que se cita no Manifesto Tal como as nubes. Por outra, elaborouse un mural cos pétalos aportados polo alumnado e cada aula plantou un pensamento nos maceteiros da entrada do colexio.

  • CEIP Monte dos Postes (Santiago de Compostela). Participou nas propostas da AELG, realizando, ademais, o 23 de febreiro un acto simbólico coa presenza dunha Rosalía, onde entre outras cousas se leron e cantaron algúns dos seus poemas. Durante ese día todos/as os nenos e nenas do colexio levaron unha macetiña con flores de pensamento para plantar no patio formando a palabra Rosalía.
  • Colexio La Merced (Sarria).
    • En Educación Infantil: 3 anos pintaron a cara de Rosalía e fixeron un precioso mural.En 4 anos tamén pintaron a cara de Rosalía, recortaron e pegaron o seu nome, recitaron poemas e tamén fixeron un bonito mural. Os nenos e nenas de 5 anos para conmemorar o Día de Rosalía traballaron co poema ” Adiós ríos, adiós fontes”, colorearon un retrato co que decoraron o seu mural e coñeceron algunhas cousa da súa vida.
      En 1º  e 2º de EP conmemoraron o Día de Rosalía cos xa tradicionais “Poemas con chocolate” incluíndo a búsqueda dos poemas agochados no xardín para posteriormente escribilos na pista. E como non, degustamos uns exquisitos chocolates personalizados na honra da escritora.
      En 3º e 4º de EP traballaron sobre poemas de Rosalía. Anotaron as palabras que máis lles chamaron a atención e puxéronas sobre os pétalos dun pensamento, a flor preferida de Rosalía. Ademais, en 4º, como xa vén sendo tradición, fixeron matemáticas con Rosalía.
      En 5º, 6º de EP e na ESO os alumnos fixeron cadanseu pensamento e en cada pétalo escribiron un verso de Rosalía. Con estes pensamentos decoraron os corredores do colexio. Tamén fixeron os seus Haikus  que, posteriormente, recitaron. O alumnado de 4º de ESO foi ademais o encargado de elaborar o cartaz anunciando o #rdc_2022 #SementadePensamentos.
      Todo o alumnado do Centro xantou o día 23 un “caldo de gloria” ou outro manxar sobre un mantel individual de Rosalía co poema “Miña casiña, meu lar” co que nos agasallou a Casa museo de Rosalía de Castro.
      Enlace do vídeo publicado no Facebook do colexio.

  • CEIP Ramón de Valenzuela (Bandeira, Silleda).
  • Colexio Plurilingüe María Inmaculada (Silleda).

  • CEIP Plurilingüe Os Tilos (Teo). As actividades levadas a cabo poden consultarse na web do centro, aquí.
  • CEIP Saco e Arce (Toén). Coa colaboración do alumnado pintouse un mural nunha parede do patio. Fixeron os pensamentos e o día 23 o alumnado foi colocándoos ao redor do retrato de Rosalía. Na aula de 5EP escribiron haikus e na aula de 6EP escribiron un rap usando versos dos poemas da autora. No comedor preparouse o caldo de gloria e regalouse a cada un dos comensais un mantel individual co poema e unha explicación sobre o caldo.
  • CEIP Barrantes (Tomiño). O alumnado de Infantil escribiu unha palabra que asocien con Rosalía nun pétalo dun pensamento. En 1º e 2º Primaria, cada nena e neno realizou o seu pensamento escribindo unha palabra por pétalo que forme un verso.  De 3º a 6º de Primaria traballaron un poema de Rosalía, que despois adaptaron para crear unha estrofa, escribindo un verso en cada pétalo. Por último, pediuse a colaboración das familias. Completaron de xeito libre os dous versos centrais da estrofa de Cantares gallegosAdiós, ríos; adiós, fontes; / adiós, … / adiós, …/ non sei cando nos veremos. Coas achegas das familias e as flores dos pensamentos elaboradas polo alumnado compúxose un mural na entrada do centro. Así mesmo, elaborouse un vídeo con fotos das actividades realizadas polas nenas e nenos e audios nos que leron os seus versos.
  • CEIP de Rebordáns (Tui). Todo o alumnado coloreou pensamentos e escribiu palabras dos poemas de Rosalía neles para posteriormente pegalos sobre a figura de Rosalía. E tamén plantaron pensamentos usando material de reciclaxe. Dedicouse un espazo no programa da radio do centro o día 18 febreiro a falar sobre Rosalía de Castro.

  • Colexio Andersen (Vigo). Os cursos de 3º e 4º de ESO levaron adiante estas actividades: recortaron os pétalos do pensamento, escribiron neles algúns versos de Rosalía e colocáronse arredor da súa cara; elaboráronse haikus ou regueifas a partir dos versos propostos; realizouse unha exposición cos resultados; e leuse o manifesto e resaltáronse aquelas palabras ou frases que chamasen a atención ao alumnado.

  • Colexio Bouza Brey (Vigo). O día 23 de febreiro celebraron o día de Rosalía. Por iso, os alumnos/as de Educación Infantil e as súas profes fixeron diversas actividades para coñecer un pouco máis a súa vida. En primeiro lugar, comezaron facendo un retrato da ilustre Rosalía. As mestras achegáronlles unha silueta da súa cara, e partir de aí completaron o seu rostro. Para iso, empregaron diversos materiais como: pegamento, tesoiras, pinturas, papel de seda ou charol. De seguido, fixeron dous murais. Un deles co lema “Sementando pensamentos”, onde o alumnado tivo que colorear diversas flores de pensamentos, que posteriormente pegaron enmarcando o lema. No outro mural resaltaron a data desta conmemoración, acompañada de diversos títulos de poemas da nosa escritora. Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, fixeron 4 flores con 5 pétalos para colocar arredor do seu rostro: unha flor adicouse a súa biografía, outra resaltou os títulos dos poemas máis destacados, na seguinte atopáronse os versos dun poema, e, para rematar, unha flor reflectiu o poema que aprendeu o alumnado.

  • CEIP Eduardo Pondal (Vigo).
  • CEIP Fonte Escura (Vigo). Este é o mural colaborativo elaborado por toda a comunidade educativa do centro.

  • CEIP O Sello (Vigo). Poden verse as actividades feitas na web do centro.
  • CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo). Cos poemas de Rosalía elaboráronse representacións plásticas que se recompilaron para confeccionar un mural colaborativo que se atopa colocado á entrada do centro para darlle visibilidade a esta data. Ademais, un grupo de alumnos e alumnas de segundo e terceiro ciclo de Primaria entoaron a cantiga Alborada, que foi gravada e subida á rede para que podamos gozar dela. Pola súa banda, o alumnado de Infantil lembra e celebra o nacemento de Rosalía e de Laxeiro un 23 de febreiro, imaxinando un colorido xardín de poesía que plasmaron nun mural. O mércores 23 ás 12:00 h, todas e todos plantaron uns pensamentos no horto escolar en honor a Rosalía e leron o manifesto da AELG, escrito por Beatriz Maceda Abeleira. Pode verse máis información no seu blog.

  • IES do Milladoiro (Ames). Estas son as actividades desenvoltas neste centro polo Día de Rosalía, a través da súa páxina web.

  • IES Francisco Aguiar (Betanzos). Programouse un recital poético-musical a cargo do alumnado de 2º de ESO e a realización dun programa de radio dedicado á escritora desde Sonaguiar, titulado “Sementando pensamentos”. Así mesmo, a biblioteca do centro ambientouse para o evento e nela toda a comunidade escolar colaborou colocando pétalos e “pensamentos” arredor dunha imaxe da autora.
  • IES Lamas de Castelo (Carnota). Fíxose un recital poético o 23 de febreiro, despois do recreo. As actividades realizadas poden verse na súa web.
  • IES Elviña (A Coruña).

  • IES Monte das Moas (A Coruña). No centro tivo lugar polo Día de Rosalía un recital no salón de actos, un vídeo no que alumnado recita en francés poemas da autora e outro vídeo do alumnado de Oratoria para a campaña organizada pola AELG. Poden verse as actividades do centro no seu blog.
  • IES Terra de Turonio (Gondomar). O Departamento de Lingua galega e literatura sumouse ás propostas realizadas pola AELG e traballou coas propostas enviadas nos dous ciclos da ESO. No primeiro ciclo creáronse pétalos de pensamentos que logo se colocaron na aula e nos corredores do centro. No segundo creáronse pequenos poemas a partir dos versos de Rosalía para compartir nas redes sociais, por exemplo aquí.

  • IES Díaz Castro (Guitiriz). Pode verse a actividade deste centro no seu blogue.
  • IES Ánxel Fole (Lugo). Un grupo de alumnado de 4.º ESO confeccionou flores de papel onde escribiu versos de Rosalía. As flores estiveron expostas na biblioteca do instituto, canda unha selección de obras da autora homenaxeada, e despois, o propio Día de Rosalía, agasalláronse entre a poboación do barrio da Piringalla (pequeno comercio, transeúntes, etc.), onde se atopa o IES.

  • IES Plurilingüe Fontexería (Muros). O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sementou pensamentos (palabras, versos, desexos..) escritos en etiquetas de xardinería. Esta actividade fíxose na semana previa nas aulas, e a partir do luns 21, o alumnado, por grupos, “sementou” esas etiquetas no xardín do Centro, conformando as iniciais RdC  e mais o cancelo, que se “marcaron” no céspede. O mércores, xa coas iniciais colocadas, parte do alumnado leu o Manifesto da AELG e mais algún verso de Rosalía, mentras foron colocando tamén flores arredor. Aquí pode verse a galería de imaxes na web do centro, e nesta ligazón o vídeo da actividade, tamén na web do centro.

  • IES Val Miñor (Nigrán). O alumnado elaborou haikus a partir dos versos de Rosalía que engalanaron o IES. Ademais recitáronse nos recreos do día 23 na biblioteca. Elaborouse tamén un vídeo cun poema colectivo que parte do verso EU SON LIBRE CANDO…
  • IES Otero Pedrayo (Ourense).

  • IES de Ponte Caldelas.

  • IES de Soutomaior. Baixo a organización da Equipa de Normalización Lingüística e a colaboración de Departamentos Didácticos e empresas e entidades da contorna, o alumnado do centro participou no “Caldo de gloria” e na plantación do Souto de Rosalía no Monte de Ouro, de cuxos primeiros castiñeiros penduran os “pensamentos” elaborados polos rapaces e rapazas. Publicouse unha crónica da xornada na súa páxina web e no perfil do centro no FB.
  • CIFP (Santiago de Compostela). O día 23 ás 18:00 h. na Biblioteca do centro, tivo lugar un recital poético musical por parte do alumnado do Ciclo superior Modular de Educación Infantil. Ás 19:00 h., lectura do manifesto da AELG por profesorado e alumnado do Club de lectura. O día 24, alumnado dos ciclos de Dirección de cociña e Dirección de servizos elaboraron e serviron un caldo de gloria na entrada principal do centro. O alumnado participante (todos os ciclos) leu poemas de Rosalía, pola mañá a partir das 12:30 e pola tarde a partir das 18:30. Non faltaron os pensamentos que plantaron ao remate das actividades.

Propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino

PROPOSTA PARA OS CENTROS DE ENSINO

O lema é: #SementadePensamentos

Para todas as escolas:

Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, plantade esta fermosa flor nos patios das vosas escolas, ou no caso de ter horto, no horto.

Educación Infantil e o Primeiro ciclo de Educación Primaria

Os pensamentos teñen cinco pétalos, pintade e recortade pétalos para colocar arredor do rostro de Rosalía de Castro. En cada pétalo podedes escribir unha palabra dalgún dos seus poemas, ou algunha que vos guste especialmente.

Segundo, terceiro ciclo de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato

Os pensamentos teñen cinco pétalos, pintade e recortade pétalos para colocar arredor do rostro de Rosalía de Castro. En cada pétalo podedes escribir un verso de Rosalía de Castro.

–    Partindo destes versos de Rosalía de Castro, escribide un haiku, unha regueifa ou un rap. Despois gravádeos e colgádeos nas redes sociais e na páxina web do centro, co lema: #SementadePensamentos. É importante que o que compoñades teña relación co feito de pensar e reflexionar, xa que é preciso, neste momento que estamos a vivir, que dediquemos tempo a pensar, reflexionar, non só nós, tamén a provocar ese pensamento nas persoas que nos rodean.

1-  D’aqueles que cantan as pombas y as frores

Todos din que teñen alma de muller

2-  E ben, ¿para que escribo?

3-  O fondo sin fondo d’o meu pensamento

4-  ¿Que pasa ó redor de min?

5-  Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos

–    Como a flor favorita de Rosalía de Castro, os pensamentos que cada unha de nós temos, tamén están cheos de cores. Animámoste a que leas con atención o manifesto e asocies palabras con cores e as mudes a violeta, verde, azul… ou ben cambies a súa tipografía para resaltar aquelas ideas que sexan máis importantes para ti, ou penses que son as principais do texto.

A documentación gráfica xerada por estas actividades será compartida nas correspondentes redes ou medios de difusión do centro educativo, arredor do 23 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #SementadePensamentos e #rdc_22. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2022, para a irmos facendo constar na nosa web: https://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2022/2/19/dia-de-rosalia-de-castro-2022

Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

#_rdc_2022  #SementadePensamentos. O Día de Rosalía de Castro nas redes sociais
Proposta da AELG para levar unha moción aos plenos dos Concellos para declararen o 23 de febreiro como Día de Rosalía de Castro

A AELG vén impulsando desde 2011 esta iniciativa. Xa aprobaron a moción os seguintes concellos:

A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Pobra do Brollón, A Rúa de Valdeorras, Allariz, Ames, Arteixo, Baiona, Bergondo, Betanzos, Bueu, Burela, Cambados, Cambre, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Chantada, Entrimo, Fisterra, Foz, Lalín, Lobeira, Melide, Miño, Muros, Narón, O Rosal, Ourense, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Tomiño, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade. Sumáronse tamén as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.

A AELG continuou a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.

Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2022 en Vigo

Estas son algunhas das fotografías do acto en Vigo do Día de Rosalía de Castro 2022, que tivo lugar o 23 de febreiro, organizado pola AELG e a A. C. O Castro, co apoio de CEDRO. A crónica fotográfica completa pode verse aquí (estas fotos foron feitas por Alexandre Insua, da A. C. O Castro.

A AELG destaca o papel do profesorado na difusión da obra de Rosalía

Desde Nós Diario:
“Este sábado, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) rendeu homenaxe á figura de Rosalía de Castro coa lectura dun manifesto elaborado por Beatriz Maceda e cunha ofrenda floral ante a súa tumba no Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval, en Compostela.
No acto, ao que asistiron representantes da corporación municipal de Compostela, da Deputación da Coruña, da Xunta da Galiza, do Parlamento galego, da Fundacion Rosalía de Castro, do Consello da Cultura, da Real Academia Galega e da agrupación cultural o Galo, Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, destacou a figura da escritora de Padrón, unha muller “que alargou até o infinito o campo da literatura e da cultura galegas e, con el, as aspiracións a un outro papel histórico para a súa lingua e a súa patria, Galiza”.
Após 11 anos celebrando o nacemento de Rosalía, un 23 de febreiro de 1837, Sánchez puxo en valor o camiño percorrido pola sociedade galega e “o inxente e ilusionado traballo do profesorado no seu conxunto, na difusión do coñecemento da súa obra”.
Unha obra, destacou, “necesaria para as xeracións máis novas, pois eles e elas son a esperanza de que a obra de Rosalía siga a vivir, sendo a sementeira de pensamento liberador nas novas xeracións”. “Contribuímos así coa súa palabra o fomento neles e nelas ao amor á nosa lingua, a que nos explica e nos leva a comprender a nosa identidade cultural”, abundou.
Nesta mesma liña, o presidente da AELG indicou que a obra de Rosalía “é alicerce que alimenta o pensamento, a súa obra é fonte de coñecemento, axúdanos a saber ler na palma da man do noso tempo para que non asumamos, ás veces sen saber, discursos hexemónicos nos que subxace o racismo e o sexismo. Rosalía dános ferramentas para denunciar a homofobia, a transfobia. A súa é una obra clarificadora para que saibamos ver e nos alonxar das lóxicas de dominación do patriarcado, intanxíbeis e infinitamente crueis. Para que defendamos os dereitos de todas as desposuídas e silenciadas”.
O discurso de Cesáreo Sánchez tamén tivo varios puntos reivindicativos. O primeiro deles, para pedir aos grupos políticos que sexa feita unha declaración institucional no Parlamento galego do 23 de febreiro, como o Día de Rosalía de Castro.
O segundo, como empeza a ser xa tradición para exixir que o Panteón de Galegos Ilustres sexa un lugar “laico, de aceso público e de propiedade pública”. “Unha terra que quere ser dona do seu futuro debe ter o aceso aos lugares onde moran seus referentes, os seus símbolos nacionais”, asegurou o presidente da asociación.
“Non seríamos merecentes dela e da súa obra se permitísemos que Bonaval, deveña nun frío cárcere que é aberto de cando en vez, para ela ou para Castelao, que puxo no horizonte desta terra a estrela que Rosalía levaba na fronte”, concluíu.”

O Parlamento homenaxea Rosalía de Castro coa lectura da súa obra

Desde Nós Diario (foto do Parlamento):
“O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, encabezou a homenaxe da institución á Rosalía de Castro polo aniversario do seu nacemento, na que se levou a lectura dunha parte da obra da escritora, a cargo de alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Padrón.
Santalices afirmou que “Rosalía pode e debe estar sempre presente no Parlamento de Galiza”, e enmarcou a importancia da súa figura no contexto do corenta aniversario do Parlamento.
“A Galiza das últimas décadas é protagonista dun rexurdimento intenso que se manifesta en todos os ámbitos: no cultural, no lingüístico, no económico ou no político”, engadiu o presidente da cámara democrática galega.
Para Santalices, ese rexurdimento non tería sucedido “sen a sementeira principiada por Rosalía de Castro, e por tantas e tantos outros, pero singularmente por Rosalía, que coa súa obra, e mesmo co seu exemplo, activou os resortes que sustentan o noso amor propio; o orgullo de ser galegos, a conciencia de ser donos do noso futuro, saber que temos unha lingua propia, agarimosa e nobre”.
O presidente do Parlamento galego asegurou que “somos herdeiros de Rosalía e estamos en débeda con ela”.
Tamén chamou a asumir como propia unha reflexión de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas, dirixiu ás súas amizades en 1977. “A Galiza é o primeiro, debe estar por enriba de todo no noso corazón, no noso pensamento e nas nosas accións. Este sentimento, sempre vixente, cada vez máis vixente, non se opón, máis ben os reforza, aos vosos ideais sociais e políticos”.
No acto, ademais de Santalices, participaron o presidente da Fundación Rosalía de Castro, integrantes da Mesa da Cámara e dos grupos parlamentarios, o conselleiro de Cultura, a presidenta do Consello da Cultura Galega, a valedora do pobo e o presidente da Real Academia Galega, entre outros.”

A Coruña: Día de Rosalía de Castro 2022

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda e a Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, celebra o Día de Rosalía 2022 na Coruña, o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, diante do Teatro Rosalía, coa lectura do manifesto da AELG pola súa autora, Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía, con actuación musical a cargo de Os Peregrinos e Lia Palmina.

Lugo: Día de Rosalía de Castro 2022

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebra o Día de Rosalía 2022 na cidade de Lugo, o 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Parque de Rosalía de Castro, coa lectura do manifesto da AELG escrito por Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública de poemas de Rosalía.

Vigo: Día de Rosalía de Castro 2022

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa Asociación Cultural O Castro, celebra o Día de Rosalía 2022 en Vigo o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, na Imprenta de Juan Compañel (Rúa Real nº 12), onde se colocará unha ofrenda floral a Rosalía. Posteriormente, no mesmo enderezo (Rúa Real, nº 12), no local da Asociación Cultural A Revolta, lerase o manifesto da AELG escrito por Beatriz Maceda Abeleira e poemas de Rosalía de Castro.