Vilalba: actividades do 4 de xuño na Feira do Libro 2023

Os Premios Xerais, onde compiten 87 orixinais, coñeceranse o 16 de xuño

Fina Casalderrey: “Reconstruín un pasado literario para reivindicar a muller xabaril”

Entrevista a Fina Casalderrey no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“En Pontevedra, na aldea de Santa María de Xeve, vivía a Xabarina. Unha muller de principios de século, alta, culta que se botou ao monte, entolecida, durmindo ao raso, vítima das mofas e o escarnio de moitos. A Xabarina tiña unha triste historia detrás, a historia que novelou Fina Casalderrey na que é a súa primeira novela para adultos. A entrevista pode verse aquí.”

Xosé Monteagudo recupera as figuras silenciadas de Bibiano Osorio-Tafall e Josefina Arruti

Entrevista a Xosé Monteagudo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A última novela de Xosé Monteagudo Vémonos mañá narra, de xeito ficcionado, a vida de dúas figuras históricas silenciadas: o político, científico e diplomático Bibiano Osorio-Tafall e a súa muller Josefina Arruti. A través das súas páxinas coñeceremos detalles da Guerra Civil e da posguerra, pero tamén de como toda aquela axitación separou a Josefina e a Bibiano. A entrevista pode verse aquí.”