Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Compostela: actividades destacadas do 3 de maio na Feira do Libro 2019
O
3 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 13:00 h. Lucía Aldao asina na caseta da Libraría Numax.
– 19:00 h. Anna R. Figueiredo estará asinando exemplares de Os bicos feridos (Premio Viadutos 2018) na caseta da Libraría Pedreira.
– 19:00 h. Presentación de Formig4s. Misión Camiño de Santiago, de Pere Tobaruela e Andrés Meixide, publicado por Xerais. Participan Fran Alonso e os autores. Ao remate sinatura de exemplares.
– 19:45 h. Luísa Martínez Lorenzo asina Puf! Vaia peido… na caseta de Galaxia.
– 19:45 h. Presentación de As nosas letras de Muller a Muller, de María Eiras. Coloquio sobre o proceso da ilustración.
Manuel Portas publica o libro Por puntos
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Manuel Portas publica Por puntos, un libro que narra a historia dun grupo de persoas que coinciden nun curso de recuperación de puntos do carné de conducir. Experiencias que a maioría das persoas manteñen en segredo pola vergoña de recoñecer que asisten a estes cursos.
“É como un iceberg, vemos moi pouco e debaixo do mar, agóchase un mundo”, asegura o escritor.
Es España, máis de 36.000 condutores pasaron polos cursos de recuperación por puntos en 2017. Unha realidade descoñecida da que moi poucos falan.
“Vivimos nun mundo que contén outros mundos”, di o escritor, quen destaca a importancia de descubrir as vidas dos que temos arredor.
A entrevista pode escoitarse aquí.”
Compostela: actividades destacadas do 1 de maio na Feira do Libro 2019
O
1 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 12:30 h. Marcos Viso asina na caseta da Libraría Aenea.
– 18:00 h. Concerto-presentación de Paio e o poder da música, con Oviravai, publicado por Galaxia.
– 18:30 h. Marcos Viso asina na caseta da Libraría Aenea.
– 19:00 h. Muller e fotografía en Compostela. Conferencia e proxección de imaxes por Carlos Castelao. Por Alvarellos Editora.
– 19:45 h. Presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Ana Cabaleiro asina na caseta da Libraría Cartabón.
– 20:30 h. Presentación de Hotel para coleccionistas discretos, de Diego Giráldez, publicado por Galaxia. Con Neves Rodríguez e Iria Sobrado.
Compostela: actividades destacadas do martes 30 na Feira do Libro 2019
O
30 de abril continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 18:00 h. Brinca vai! De aquí para acolá, con Paco Nogueiras.
– 19:00 h. Lito Vila Baleato estará asinando exemplares de Campus morte, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Pedreira.
– 19:45 h. Presentación de Extraordinario, de Antón Lopo, publicado por Galaxia. No acto, o autor estará acompañado por Mario Regueira e Carlos Lema.
Loureiro (Cerdedo-Cotobade): presentación de O cancioneiro de Cotobade, de Antonio Fraguas
Meiro (Bueu): presentación de A casa do paralelo 54, de Iria Collazo López
A Estrada: conversa con Ana Cabaleiro sobre As ramonas
Compostela: actividades destacadas do domingo 28 na Feira do Libro 2019
O
domingo 29 de abril comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 12:30 h. Pregón a cargo de Marilar Aleixandre.
– 13:00 h. Presentación de O cirrio e o dron, de José Julio Fernández, publicado por Hércules de Edicións.
– 13:30 h. Marilar Aleixandre asina exemplares da súa obra na caseta de Secretaría.
– 18:00 h. Presentación-concerto de Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 19:00 h. Presentación e obradoiro arredor do libro Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas, publicado por Xerais. Ao remate sinatura de exemplares.
– 19:45 h. Presentación de Novas masculinidades, de Jorge García Marín, publicado por Através Editora. Con Daniel Amarelo.
– 20:00 h. Charo Baleirón e Esther Balboa asinan Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros literarios, na caseta da Libraría Ler Librerías.




