Arquivos da etiqueta: Eva Veiga
A Coruña: presentación de Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega
Bos Aires: Margarita Ledo presenta un adianto do seu filme A cicatriz branca
O
sábado 12 de maio, ás 17:00 horas, no Salón Valle Inclán do Centro Galicia (Rúa Bartolomé Mitre, 2552) de Bos Aires, Margarita Ledo presentará o sábado 12 en Bos Aires un adianto do seu filme A cicatriz branca, parcialmente rodado nesa cidade. Trátase dun documental baseado nalgunhas entrevistas que a autora fixo no inicio desta producción e co que a directora quere ofrecer unha homenaxe a aquelas mulleres emigrantes. Está protagonizado por Eva Veiga, Mónica Caamaño, Margarita Fernández, Xabier Deive, Lino Braxe e Tamar Novás, así como tamén novas caras do cinema (Renata Otero ou Xoana Pintos). Ademáis deles, súmase a presencia de Clotilde Iglesias, filla do mítico actor ourensán Fernando Iglesias, Tacholas.
Parlamento das Letras: Eva Veiga
Entrevista
de Armando Requeixo a Eva Veiga no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Eva Veiga (EV): Se cadra, sóbralle aínda, ao igual que ao País en xeral, un certo complexo de inferioridade e nalgún sentido unha mentalidade minifundista. Así mesmo, tamén é xeneralizada a nosa escasa profesionalidade en materias de mercadotecnia e distribución. Podes xerar produtos marabillosos que, se non se poñen en valor e se non se fan visibles e desexables, só algúns con sorte chegan lonxe. Apenas existen axentes literarios, quizais tamén porque falla a infraestrutura necesaria. (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– EV: O noso presente literario goza, ao meu entender, de boa saúde e dunha gran riqueza. Hai xente moi nova, que vén achegando perspectivas diferentes, moi interesantes e cunha escrita de gran calidade. Tamén hai moita obra menor, pero iso sempre é así, o tempo vai decantando. É por iso que semella máis urxente unha boa promoción das obras, de modo que os lectores se sintan atraídos e se habitúen así á súa propia literatura. Por certo, coido fundamental que as e os profesores coñezan e amen a literatura. Sen este labor pedagóxico o ermo irá cada vez a máis. (…)”
Noia: recital poético en homenaxe a Antón Avilés de Taramancos
O
venres 23 de marzo, a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar un recital poético en homenaxe a Antón Avilés de Taramancos, ao se cumprir 20 anos do seu pasamento, coa participación de Yolanda Castaño, Ana Romaní, María Xosé Canitrot e Eva Veiga.
A Coruña: espectáculo poético-musical O sexto sentido, do Grupo Ouriol
O
mércores 1 de febreiro, ás 21:30 e 22:30 horas, no Pub Jazz Filloa (Rúa Cega) da Coruña, terá lugar o espectáculo poético-musical O sexto sentido, a cargo do Grupo Ouriol (Bernardo Martínez, Fito Ares e Eva Veiga) con poemas de Juan Eduardo Cirlot, Lois Pereiro, Henri Michaux, Clarice Lispector, Amiri Baraka e Wislava Szymborska.
Santiago: VII edición do Festival Implícate!
A Coruña: presentación de Leopardo son, de Pilar Pallarés
A Coruña: recital poético en homenaxe a Alfonso Abelenda
O venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, no Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16) da Coruña, no marco da inauguración da IV Feira de Arte Galega, terá lugar unha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga.
Noia: festa anual da A. C. Barbantia, e entrega dos premios Sereos
O
sábado 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia, a Asociación Cultural Barbantia, en colaboración con La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Noia presenta un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia e o Anuario de estudos do Barbanza 2011. Ao remate do acto, no que participan Manuel Cartea, Xesús Laíño, Javier Rodríguez e Rafael García Guerrero, entregaranse os Sereos, Premios Barbantia da Cultura, que este ano recaeron na Casa da Gramática, Paola García Paz e Eva Veiga.




