Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do venres 9

O venres 9 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 23:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:

18:00 h. Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf. Celia Recarey Rendo e Antía Veres.
18:30 h. Recital de poesía: Charo Lopes, Lupe Gómez, Rosalía Fernández, Marga Tojo e Antía Otero.
19:00 h. Marilar Aleixandre presenta Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, publicado en Galaxia. Intervirán, xunto á autora, Ismael Ramos e Malores Villanueva.
19:00 h. Presentación cruzada das novas publicacións de Isidro Novo: David Cortizo, editor de Urco, quen presentará CO2, poemario publicado por Edicións Positivas, e Francisco Macías, editor de Positivas, presentará O tabú na traslenda, publicado no selo Alcaián de Urco.
20:00 h. Ariel Ninas e a sanfona: recital Entre baleas, poemas de Estevo Creus: Balea2, e Eduardo Estévez: Baleas.
20:00 h. Inma López Silva firmará exemplares de Aqueles días en que fomos malas, publicado por Galaxia.

Compostela: Xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente

dramaturxente-2016-1dramaturxente-2016-2

Marga Tojo: “É imprescindible reverter o camiño cara a un sistema sen lugar para a vida”

Entrevista marga-tojo-foto-gonzalo-cortizode Montse Dopico a Marga Tojo en Praza (foto de Gonzalo Cortizo):
“Nun futuro distópico, non fica lugar para os afectos nun sistema dominado pola tecnocracia Goldman Sachs. 5.000 cidadáns son forzados ao suicidio, 60.000 son deportados e milleiros de mulleres son violadas como arma de guerra. Ou é o presente? Un sistema deshumanizador que aniquila a vida para substituíla polo consumo e o dominio? Esta, xunto a outras, é a pregunta que formula o primeiro poemario publicado da xornalista Marga Tojo, Últimos bruídos (Positivas). Un derradeiro berro, di ela, para abrazar a vida, a empatía, os coidados, a comunicación. Desde a consciencia da nosa vulnerabilidade. Do que é realmente importante. A autora presentará en Santiago Últimos bruídos, -que está a piques de chegar ás librarías-, o vindeiro 15 de decembro no bar El Muelle.
– Praza: É o teu primeiro libro publicado. Hai moito que escribes?
– Marga Tojo: Levo escribindo historias e versos desde a infancia, desde que aprendín a escribir. Creo que non houbo un só día da miña vida que non escribise. Para min é unha constante. Son moi crítica co que escribo e ademais tiven a sorte de atoparme co xornalismo, un oficio fascinante, que permite, como a poesía, destapar realidades invisibles, agochadas, das políticas sociais, que son as que determinan as vidas das persoas. Son unha persoa fascinada desde nena polo poder das palabras.
Xa escribira antes outros libros de poesía, pero acabaron perdidos: por autocensura, por un traslado, por unha ruptura amorosa que se produciu cando aínda non tiñamos ordenador de uso propio… Con Últimos bruídos fun afortunada ao dar con Paco Macías, o editor de Positivas, que foi moi receptivo. É unha das poucas persoas que saben que eu escribía porque hai uns 13 ou 14 anos enviáralle uns poemas como adianto dun deses libros que despois se perderon…
É unha persoa cun ollo literario excelente, culto, aberto e sensible. Evidentemente, non o digo por min. Editou a Lois Pereiro. Non podo sentirme máis privilexiada de poder compartir colección con ese poeta. Tamén con Carlos Santiago, co colectivo Ronseltz, con Lupe Gómez, con Estevo Creus, Eduardo Estévez, María Reimóndez… (…)”

Miriam Ferradáns gaña o XX Certame Francisco Añón de poesía

Francisco Añón 2016 1Francisco Añón 2016 2Francisco Añón 2016 3-0-0

Vigo: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

OX. H. Rivadulla Corcón AELG xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías. As persoas que así o desexen poderán ler contos do libro.

A Coruña: presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón

OX. H. Rivadulla Corcón AELG venres 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías.

Santiago de Compostela: Simposio Crítica e medios de comunicación, 27 e 28 de novembro

Simposio AGC 2015Por razóns técnicas, a aula onde se celebrará o simposio será a AULA 0 (planta baixa).