Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria (III)

O 27 de maio tivo lugar en Lugo a Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, actividade que contou co apoio das Áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo. Estes Premios concédense a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Laudatio de Isidro Novo a Serafín Mourelle:

Entrega do Premio Mestre da Memoria a Serafín Mourelle Bugallo:

Agradecemento de Serafín Mourelle Bugallo:

Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do venres 9

O venres 9 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 23:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:

18:00 h. Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf. Celia Recarey Rendo e Antía Veres.
18:30 h. Recital de poesía: Charo Lopes, Lupe Gómez, Rosalía Fernández, Marga Tojo e Antía Otero.
19:00 h. Marilar Aleixandre presenta Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, publicado en Galaxia. Intervirán, xunto á autora, Ismael Ramos e Malores Villanueva.
19:00 h. Presentación cruzada das novas publicacións de Isidro Novo: David Cortizo, editor de Urco, quen presentará CO2, poemario publicado por Edicións Positivas, e Francisco Macías, editor de Positivas, presentará O tabú na traslenda, publicado no selo Alcaián de Urco.
20:00 h. Ariel Ninas e a sanfona: recital Entre baleas, poemas de Estevo Creus: Balea2, e Eduardo Estévez: Baleas.
20:00 h. Inma López Silva firmará exemplares de Aqueles días en que fomos malas, publicado por Galaxia.

Crónica da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2017

Sobre 130 persoas asistiron a un emotivo acto de entrega dos diplomas acreditativos de MESTRAS DA MEMORIA ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e do diploma de MESTRE DA MEMORIA a Serafín Mourelle Bugallo, da Coruña. Lamentabelmente non puidemos contar coa presenza das tres mullerres homenaxeadas: a idade, a distancia e algún problemas de saúde tiveron a culpa. Os seus respectivos recoñecementos foron recollidos por persoas das súas familias.

Ademais das persoas homenaxeados, interviron no acto:

A música correu a cargo de Branca Villares e Ricardo Marcos Casás Salgado, e o mantedor do acto foi Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición Oral da AELG.

Mestras da Memoria 2017: Pandereteiras Da Alén
Do lugar da Alén, Xirarga, Beariz, Ourense.
Orosia Gil Ramos (95 anos) Alsira Gil Ramos (90 anos) e Ólida Diz Ramos (96 anos).
“Presenza viva da poesía e música, tesouro en vida onde repousan xotas, muiñeiras, pasodobres, cantares de reis, aturuxos e a sabedoría e a sensibilidade popular feita poema musicado.” (Poldo Cañizo)

Alsira Gil Ramos Ólida Diz Ramos Orosia Gil Ramos

Mestre da Memoria 2017: Serafín Mourelle Bugallo
Mariñeiro e poeta. 84 anos. Nacido en Corme. Residente na cidade da Coruña.
“Aos catorce anos embarcou de axudante de cociña  e chegou a converterse nun famoso patrón do Gran Sol. Nos anos sesenta  foi un dos descubridores dos vizosos caladoiros de Porcupine, o volcán submarino situado ao oeste de Irlanda. Tamén é poeta ao xeito de Manuel Antonio; isto é, poesía do mar escrita pola propia xente do mar.“ (Xurxo Souto)

Serafín Mourelle


A AELG pretendeu facer máis visíbel ante a sociedade a Literatura de Tradición Oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que, co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral», tivo lugar o 27 de maio no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, co apoio das Áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo

O obxectivo principal da Gala foi a entrega dos V Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se conceden a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo.
O principal valor dunha sociedade constitúeno as persoas, os tesouros humanos vivos, homes e mulleres que estiveron atentos para recibir dos seus predecesores a herdanza cultural, que logo reciclan e recrean, e que adaptan e actualizan con xenerosidade para, por fin, transmitir todos eses saberes herdados aos que veñen detrás.
Nesta cadea de comunicación a cultura popular mantense viva porque se actualiza sen renunciar ás esencias que a distinguen, que a fan ao tempo singular e universal.
Desde a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) queremos contribuír a manter sempre aberta esa canle de comunicación entre os que por idade e, como consecuencia, por acumulación de experiencias e saberes, gardan a memoria deses esencias da nosa cultura e os que, pola contra, andan aínda descubrindo o mundo que os rodea.

Pódese consultar aquí a listaxe de persoas que xa foron nomeadas Mestras-es da Memoria pola Sección de Literatura de Tradición Oral, á que o 27 de maio de 2017 se sumaron as Pandeireteiras da Alén e Serafín Mourelle.

Isidro Novo: “Sobre o futuro do galego, ao mellor peco de cándido, pero son optimista”

Entrevista a Isidro Novo en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Como avalías o estado actual da lingua galega?
– Isidro Novo (IN): Eu considero que as constantes vitais do galego aínda son o bastante vigorosas para dicir que resistimos, malia que ese estado de resistencia se deba totalmente á iniciativa de sectores cidadáns e non á promoción e protección do idioma por parte dos organismos políticos, aínda que teoricamente sexa unha das catro linguas do Estado.
– SG: Que evolución agardas na situación do galego a a cinco anos vista?
– IN: Ao mellor peco de cándido, pero son optimista. Eu son dos que considero que a reivindicación do galego en Galiza como lingua de primeiro nivel vai vir a través d@s nos@s net@s por unha razón tan sinxela como é a desaparición dos prexuízos verbo dela. O galego pasou cinco séculos longos subsistindo grazas á clase baixa do rural e por iso a clase media, nada nas vilas e cidades coa industria e co comercio, para que non a “confundisen” con aquela, pobre en xeral economicamente, fixo todo o posíbel por distanciarse renunciando ao idioma propio e mesmo aos seus costumes. Ata as clases altas do país non foron nin son tan belixerantes co galego como esa clase intermedia acomplexada, e por outra banda tan maioritaria. Agora as novas xeracións, desa clase incluso, lidas e instruídas, empezan a vela como unha lingua de prestixio. Hai un ano, nun xornal deste país, un estudo feito entre galeg@s de 15 a 25 anos xa facía notar unha “deshostilización” con desexos de aproximación e quero pensar que iremos progresando. (…)”

Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2017

A AELG pretende facer máis visíbel ante a sociedade a Literatura de Tradición Oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que, co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral», terá lugar o 27 de maio no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, na Avenida Alcalde Anxo López Pérez, 34 (como chegar). Esta actividade conta co apoio das Áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo

O obxectivo principal da Gala é a entrega dos V Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se conceden a informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, coordinada por Antonio Reigosa, a asemblea xeral de Socios-as da AELG acordou outorgárllelos ás Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo.

Ademais das persoas homenaxeadas, intervirán:

A música corre a cargo de Branca Villares e Ricardo Marcos Casás Salgado.
Presentación: Antonio Reigosa.

Mestras da Memoria 2017: Pandereteiras Da Alén
Do lugar da Alén, Xirarga, Beariz, Ourense.
Orosia Gil Ramos (95 anos) Alsira Gil Ramos (90 anos) e Ólida Diz Ramos (96 anos).
“Presenza viva da poesía e música, tesouro en vida onde repousan xotas, muiñeiras, pasodobres, cantares de reis, aturuxos e a sabedoría e a sensibilidade popular feita poema musicado.” (Poldo Cañizo).

Mestre da Memoria 2017: Serafín Mourelle Bugallo
Mariñeiro e poeta. 84 anos. Nacido en Corme. Residente na cidade da Coruña.
“Aos catorce anos embarcou de axudante de cociña  e chegou a converterse nun famoso patrón do Gran Sol. Nos anos sesenta  foi un dos descubridores dos vizosos caladoiros de Porcupine, o volcán submarino situado ao oeste de Irlanda. Tamén é poeta ao xeito de Manuel Antonio; isto é, poesía do mar escrita pola propia xente do mar.“ (Xurxo Souto).

O principal valor dunha sociedade constitúeno as persoas, os tesouros humanos vivos, homes e mulleres que estiveron atentos para recibir dos seus predecesores a herdanza cultural, que logo reciclan e recrean, e que adaptan e actualizan con xenerosidade para, por fin, transmitir todos eses saberes herdados aos que veñen detrás.
Nesta cadea de comunicación a cultura popular mantense viva porque se actualiza sen renunciar ás esencias que a distinguen, que a fan ao tempo singular e universal.
Desde a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) queremos contribuír a manter sempre aberta esa canle de comunicación entre os que por idade e, como consecuencia, por acumulación de experiencias e saberes, gardan a memoria deses esencias da nosa cultura e os que, pola contra, andan aínda descubrindo o mundo que os rodea.

Pódese consultar aquí a listaxe de persoas que xa foron nomeadas Mestras-es da Memoria pola Sección de Literatura de Tradición Oral, á que o vindeiro sábado se engadiran as Pandeireteiras da Alén e Serafín Mourelle.

Crónica fotográfica do Día de Rosalía de Castro na Coruña e Friol

Estas son algunas das fotografías dos actos promovidos pola AELG polo Día de Rosalía de Castro na Coruña e en Friol, o venres 24 de febreiro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

A CORUÑA

FRIOL

Vilalba: recital poético solidario internacional Verso, ¿que traes? Esperanza

O vindeiro venres 16 de decembro ás 19:30 horas, no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, agardamos por vós na celebración do III Recital Poético Solidario Internacional, baixo o lema “Verso, ¿que traes? Esperanza”.
Todo o recadado no evento irá destinado á Campaña de Xoguetes da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Vilalba, cuxa iniciativa se chama “Os seus dereitos en xogo”. Con esta causa solidaria pretendemos levar xoguetes a máis dun cento de nenos e nenas da comarca da Terra Chá de entre 0 e 12 anos.
A venda de entradas realízase na Casa da Cultura de Vilalba e no Centro Cultural e Recreativo. Prezo: 3€.
Despois do recital farase un sorteo de libros cedidos e asinados polos autores que van recitar entre os asistentes ó acto.

Crónica videográfica da IX Xornada de Literatura de Tradición Oral: Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular tradicional (e IV)

Acartelixxornlittradoral2016 IX Xornada de Literatura de Tradición Oral: Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular tradicional, organizada pola AELG e a AS-PG, co apoio da Deputación de Lugo, tivo lugar o sábado 12 de novembro en Lugo.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

Presentación da conferencia de Ana Acuña, por Isidro Novo.

Conferencia: Curando coa palabra entre a literatura e a medicina popular, por Ana Acuña.

Mesa redonda: Médicos ou menciñeiros? Da psique á psiquiatría, con Ana Acuña, Pablo Vaamonde e Isidro Novo.

Aprender a ver e a sentir: Arredor de nós está a vida. Identificación e aplicación de remedios curativos con herbas da nosa contorna, con Carmen Prado Penas, María Moure Oteyza e Antonio Reigosa.

Crónica videográfica da IX Xornada de Literatura de Tradición Oral: Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular tradicional (III)

Acartelixxornlittradoral2016 IX Xornada de Literatura de Tradición Oral: Remedios, prácticas e ritos curativos da medicina popular tradicional, organizada pola AELG e a AS-PG, co apoio da Deputación de Lugo, tivo lugar o sábado 12 de novembro en Lugo.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

Presentación da conferencia de Pablo Vaamonde, por Isidro Novo.

Conferencia: A medicina popular en Galicia, por Pablo Vaamonde.