O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras galegas, ás 19:00 h., na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, realizarase un acto de homenaxe e recoñecemento á autora homenaxeada neste 2024 Luísa Villalta na lembranza. Serán tres amigas as que repasarán a vida e a obra de Luísa: Ana Pillado, Marga do Val e Pilar García Negro.
Tres compañeiras de vida de distintas xeracións: a alumna, Ana Pillado, na casa de seus pais Pancho Pillado e Noli, Luísa recitou, tocou o violino e recibiu o empuxe para comezar a publicar; Marga do Val, a compañeira de xeración, amigas, xuntas nas páxinas de A Nosa Terra e na defensa do país, e a amiga Pilar García Negro, a primeira lectora de moitas obras de Luísa.
Este encontro terá unha duración de 1 hora. E as persoas que nos acompañedes levaredes de agasallo unha copia do poema manuscrito que Luísa escribiu en homenaxe a Alexandre Bóveda.
As persoas interesadas en asistir pode anotarse aquí.
Arquivos da etiqueta: Luísa Villalta
Vigo: coloquio “Luísa Villalta, o clamor da vontade”
O 15 de maio, ás 20:00 horas, no MARCO (Rúa do Príncipe, 54), en Vigo, terá lugar o coloquio “Luísa Villalta, o clamor da vontade”, coa presenza de Montse Dopico, Cesáreo Sánchez Iglesias e Marga do Val. O acto está organizado polo Club Faro.
A Pobra do Caramiñal: palestra sobre As escumas da letra. Biobliografía de Luísa Villalta, de Esperanza Mariño Davila
A Coruña: Concerto das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta
Perugia: actividades polo Día das Letras Galegas 2024
Ourense: Letras Galegas 2024, Luísa Villalta
Ferrol: Inaugurar o tempo da xustiza. Celebrando a Luísa Villalta
A Coruña: Homenaxe a Luísa Villalta no Teatro Colón
Ourense: palestra sobre Luísa Villalta, por Marta Dacosta
A Coruña de Luísa Villalta: os sotos baixo a pel de cemento, con Inma Otero Varela
O roteiro A Coruña de Luísa Villalta: os sotos baixo a pel de cemento, iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, será guiado por Inma Otero Varela.
A partir do poemario En concreto e da novela Teoría de xogos pódese trazar un mapa social e mítico da Coruña oculta, a que se sitúa do lado que perde, malia a ser a trabe da cidade. Luísa Villalta reivindica as marxes, tamén as urbanas, na encrucillada que abeira o novo milenio. Formigón, leiras, ríos soterrados e vento vixiado polo ollo do faro balizan todos os espazos.
Terá lugar o sábado 25 de maio, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña.
As persoas interesadas deben inscribirse previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome e apelidos, así como o nome do roteiro. A inscrición será realizada por orde cronolóxica de recepción das mensaxes. Na resposta enviarase a información sobre o punto de saída.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.







